12/04/2007

Irracionalidades e supersticións


Dunha das viaxes a Madrid collín do Parque do Retiro unha castaña de Indias e dende entón lévoa sempre comigo (é a máis pequena da foto). Non sei por que, pero metina no bolso e alí se quedou.

Hai pouco, nunha comida familiar, saiu unha tía avoa falando das castañas da envexa, que ela sempre leva unha na carteira e que seica lle trae boa sorte. Quedou a cousa aí ata que, dalí a pouco, me trouxo miña nai dúas castañas da envexa, que resultaron ser castañas de Indias para a miña sorpresa. Parva de min, tamén as conservo comigo.

Debo dicir que o estiven pensando e non é por superstición, se non que me decatei de que teño tendencia a gardar cousiñas dese tipo: landras, flores murchas, pedras que atopo no campo, cunchas da praia etc Se fose superstición seguro que levaría unha ristra de allos coma o catamarán que nos levara ás Ons no verán.


Vale, admito que tamén teño unha pulseira co Nazar Boncuk, o ollo de Estambul, pero ata que mo dixo Zerovacas eu non sabía nada.

9 comentários:

Zerovacas disse...

Pois si. En Estambul véndenche esas pulseiras cada dous metros. Están moi ben. Non sei se dan sorte ou non, iso teralo que dicir ti

ictioscopio disse...

entrei para dicir que eu tamén teño algunha castaña desas, e descubro un redeseño do sitio! :O
pois iso, que non és a única que carga con iso (e tampouco é por especial superstición) miña nai tamén leva na carteira ;)

Nuca disse...

por favor, por favor, desterrade calquer chisco de superstición das vosas vidas!!! Besbe, leva a pulseira que che pete porque é bonita e gostas dela, pero non porque teña efecto algún sobre o teu destino!!!

Sinto a vehemencia, pero é que non o podo soportar...

Unknown disse...

Da que pensar, eu tamén gardo un montón de cousas, castaña incluida, pero non sei o motivo.
Será por algo.

Un bico

Veloso disse...

Ei, Besbe, aquí che presento un novo espazo de esbardallamento:
http://nalinguagalega.blogspot.com/
Quedas convidada a que entres, participes e traias moitos amigos.
Bicos.

cneirac disse...

Desque teño auto levo nel dúas "castañas da sorte" que me deu miña madriña. E non é que eu sexa supersticioso. É outra cousa...

Anónimo disse...

Supoño que moitos temos pequenos obxectos dos que nos costa prescindir ...eu recoñezo que tamén tiven desas castañas no bolso...

O Breogán de Gáidil disse...

Coidao con iso, que ser supersticioso trae mala sorte...

Anónimo disse...

Olá!! Vexo que tes un amor infinito por Ons... Eu tírome todo o verán a alí, jaja! Ghustounos tabto que nos fixemos un fotolog comunitario, juju. Xa pasara fai tempo por estes pequenos beliscos... Noraboa

Bikos onsinos