"2º. Cada orixinal presentarase nun blogue feito para a ocasión ou ben tagueado convenientemente antes do día 10 de abril de 2007 ao correo blogomorguenarrativa no gmail punto com."
O destacable foi que non tivo éxito ningún e as tentativas de facer de "20.000 razóns para esquecerme de todo" unha blogonovela integrada noutro blogue quedaron nun proxecto inacabado, anque ás 20.000 razóns ao heille dar fin no ano que ven.
Por estes feitos é polo que me aledo ao ver (e ler) "A doble morte de Carina Mourela" da man de arume dos piñeiros, os meus ánimos para que siga coa iniciativa e así teñamos a primeira blogonovela galega. Por outra banda, a ver se así se anima máis xente na próxima convocatoria do II Premio Blogomorgue de Novela.
5 comentários:
Moitísimas gracias e un felicísimo ano 2008. Superlativos a mazo para comezar o ano.
Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!
se cadra unha novela é moito escribir, se probaras con relatos ou conxunto deles... igual se animaba máis xente.
feliziano 2008!
Vexo a moita xente animada este ano. Creo que vai ir ben a convocatoria.
Non desistas, precursora! Xa sabes que no interior somos algo lentos en xunguirnos aos carros! Se xa estamos a falar de argallar un equipo de billarda, logo habemos atacar o tema das blogonovelas!
Enviar um comentário