12/02/2007

Galiciae e a evoluciónn xeracional

Pois xa chegou Galiciae para ser lido en castelán como en galego (eu optaría por esta segunda opción, pero so é unha opinión). Á espera das primeiras opinións sobre temas de deseño e outras críticas constructivas, eu aínda lle ando botando un vistazo a este xornal de pasado coñecido (Xeración) e que agora tamén integra a El Progreso, ao Diario de Pontevedra, a De luns a venres e a Galicia Gastronómica. Andaremos e veremos. Eu deséxolles moita sorte ao grupo de persoas que están detrás traballando porque puxeron moito esforzo e loitaron contra ventos e mareas para que este proxecto fose adiante.

Do que quería falar é da violencia contra a muller. Hai pouco saltou á luz o caso de Svetlana, unha muller que foi asasinada catro días despois de acodir ao Programa de Patricia requerida pola súa ex-parella, da que se separara por sufrir malos tratos. Hai programas tóxicos na televisión pero tamén hai outros que, queirámolo admitir ou non, están facendo unha labor educativa no eido das relacións persoais: a Super Nanny, SOS Adolescentes, Terapia de parella etc. Ensinan valores e formas de comportarnos cos demais que xa deberiamos coñecer e que, nun principio, nos poden resultar carentes de sentido, por obvias, e mesmo podemos pensar que as persoas que acode a eles carecen de vergoña por ensinar así a súa intimidade.

Pois ben, eu prefiro que se necesitan axuda para relacionarse cos demais que a pidan (anque sexa deste xeito público) a que me ensinen máis mulleres mortas por culpa de homes que si precisan esa axuda e foron educados nuns valores que non sirven a día de hoxe.

Analfabetismo emocional




4 comentários:

Anónimo disse...

Eu nos disfruto dos tendais sentimentais que son os programas tipo o Diario de Patricia, pero a Super Nanny e todos eses que ti dis educativos non son mellores, axudan o mesmiño, ou sexa : nada. O psicólogo non marca a diferencia, seguirá habendo preñadas adolescentes por moitas Lorenas Berdún que poñan decindo "y usad siempre condón", porque a televisión, ruliña, é espéctaculo. A ver se imos abandonando esa idea de que a tele educa (e alimenta as almas).

Facer responsable á televisión si que é tóxico, e cínico, e superficial. Ocórreseme unha obviedade: nos países con menos televisións morren menos mullleres? Pero ei, que si, sigamos á Super Ministra, que un gran "la tele es mala" nos tape todos os poros. Nalgún sitio chamáronlle a esto política cosmética, canta razón ostia.

Zerovacas disse...

Eu tamén alégrome por Galiciae :D
En canto á outra parte do título, parece que ese cambio xeracional é imparable e vai ser positivo, pero pode que tarde máis do que pensamos

besbe disse...

Rake, estou de acordo contigo en que a televisión é espectáculo mais hai moitas maneiras de dalo e dentro do que poden chegar a aportar, prefiro mil veces a Super Nanny, por poñer un exemplo, a outros tipo El diario de Patricia.

Sobre se a TV educa ou non, vamos dicir que ensina (típicos documentais de animais, viaxes, programas sobre literatura, bos ciclos de cine e non telefilms, debates sobre política e mesmo este tipo de reality shows con psicólogo por medio). Segundo o que ensine así pode ser o que ti saques de proveito dos seus contidos, pero iso so depende dun mesmo.

Ao que me refería eu é que todo evoluciona: antes sacaban a calquera fumando na TV e agora non, chegábase a aceptar unha linguaxe machista e agora non... e penso que nesa evolución entran este tipo de programas (con psicólogo por medio) que, dentro do espectáculo que poidan dar, meten polo medio outros valores se supón que marcan, por ausencia ou presencia, a época na que vivimos.

Sobre a política cosmética, opino o mesmo ca ti.

Zerovacas, espero que non vaia tardando moito ese cambio e o día de mañá sexan casos illados os que teñamos que lamentar.

Anónimo disse...

Estreno contador, creo, e para iso unha noraboa polo artigo nese novo xornal. A seguir: cañaaaaaaaaaaa.