Si existe un placer
es el de hacer el amor
el cuerpo rodeado de cuerdas
y los ojos cerrados por navajas de afeitar
Penso tamén en Saramago e no seu Ensaio sobre a Cegueira e en que toda a dor, todo o noxo, entra por vez primeira polos ollos e que alí seguirá anque non os teñamos. Entra a dor e entra a beleza. E horripílame a idea de algún día non ter a capacidade de ver, xa sexa literalmente ou non.
Levo dous días e medio así, con dor e sen case ver dun ollo. Autodiagnostícome e na Casa do Mar unha médica con tendencias homeopáticas, tras mirarme o iris, decide que a manzanilla é a mellor solución. Non funciona e semella que Rocky Balboa a tomou comigo. Se fose antroido poñería un parche nun ollo e agardaría a que un loro se me pousase no ombro e me berrase as coordenadas do cofre do tesouro. Como non é tempo de disfrazarse, surco de novo cara a Casa do Mar e saio cunha pomada antibiótica garabateada nunha receita médica.
Aínda teño un ollo de pálpebra exaxerada e, ao mesmo tempo, un ollo de case-peixe que vai ter que esquecerse do rímel por unha tempada, anque realmente o único que me preocupa é saber canto van tardar en medrar as pestanas que xa non están?
E aquí estou, soportando o absurdo que supón chiscarche o ollo e non verte.
3 comentários:
Paciencia, forza, saúde... ;-D
(¡Oh, perdón pola chiscadela, escapóuseme!)
Vai ver como pronto está ben. Eu recéitolle moita música.
se valem receitas de pediatria... a manzanilha totalmente proibida...rodelas de tomate congelado. as melhoras!
Pois aínda con pálpebra esaxerada e todo, eu véxoa moi favorecida. Os seus últimos artigos son estupendos.
(supoño que a estas alturas o seu ollo xa estará ben, a ver? chisque un chisco)
Unha aperta.
Enviar um comentário