(EVIDENTEMENTE, cando chame á porta, fareino pasar e sentareino
na mesiña
ó fondo,
sen posibilidade de fuga ou contrapunto)
Vid. Fig.1 para os detalles da miña rumiada aproximación en pun-
tos discontinuos e demais estratexias circunvalatorias de imperio
romano.
O éxito radica en comeza-lo discurso cun suxeito gramaticalmente
pesado,
por ex.: os octanos da gasolina.
Sexa como for, volatilizar ipso facto en metereoloxía.
Os ollos en ventolina
crestas de escuma na voz
e de seguido, xa, embestida.
Meu querido Fernán Vello punto coma.
Claro que a velocidade do discurso pode ir aumentando en quilóme-
tros/hora,
así de frouxiño a temporal duro, moi duro
e polo tanto, nestre intre, as pálpebras centrifugarán caldeiros cheíños
de ondas de altura excepcional, vomitando salpicaduras.
Remanso e embestida
Meu querido Fernán Vello punto coma o premio de poesía espiral maior ten que ser para os efectos do vento en alta mar; escala Beaufort.
Despois disto, tan só ser cantil
deixarse bater,
porque un mar con rizos coma as escamas dun peixe pero sen escuma.
a devastación total da beleza.

5 comentários:
Valentina, alén de ter un talento descomunal e un nome precioso, é unha moi boa rapaza, seguro que che desculpa.
Cando sexa maior, quero ter unha capacidade de creación como esa, aínda que só sexa en soños :)
Saúdos!
Xa saiu o libro a venda? Tenho a sorte de conhecer a autora, e en persoa é mais xenial todabía... se cabe
Si, mariola, a min sorprendeume moi gratamente o libro enteiro e está visto que o talento remata xuntándose vistas as amizades da Valentina (Sobchak, elianinha, transmitídelle as desculpas)
O libro merqueino a semana pasada e como xa dixen, é do máis orixinal que vin ata o de agora en poesía galega.
e a posta em escena é brutal! ainda bom que o parallé é um premio serio. mirade o que lhe passou ao coordinador do parallé...
http://www.vieiros.com/nova/69153/retiranlle-o-gonzalez-garces-a-eduardo-estevez
Enviar um comentário