A historia é a seguinte: os amigos van pescar a Santa Cristina un día destes, levan as súas cañas, as súas rapalas, a súa ilusión e asisten á subida e baixada das mareas mentres eu quedo na casa facendo sabe Deus que (perder o tempo, basicamente). Chega a hora na que despois de ter pescado unha lubina e dous xargos deciden retirarse e chaman ao móbil (non sempre operativo non se saber por que) para reclamar a miña presenza. Vou e recólloos. Decidimos ir a tomar algo, ponlle un prato combinado, unha hamburguesa ou algo semellante, alí onde van os rapaces guapos e pregúntome onde andarán aqueles que o primeiro día que cheguei a Coruña vin.
Conclúo moitas cousas, que Santa Cristina segue sendo o que era cando frecuentava Chevalier, que unha xa ten dez anos máis enriba, que moito che mudaron as cousas e que, efectivamente estamos en crise. Non porque o prezo das hamburguesas, pratos combinados, cañas e café sexa excesivo, se non porque, como teño oído veces abondo como para rematar convencéndome do feito, a creatividade aumenta en tempos aciagos (así como o gusto polo gran tamaño dos peitos). E, de non ser así, de que todo "artista" ou similar, tolea de cando en vez.
Pido un café con leite e respóstanme "con leite?" ao que digo "si". Xa non tomo tanto café coma antes, faime ter bruxismo, ponme demasiado nerviosa, pero de cando en vez agradécese o sabor. Despois de que mo traian bótolle o azucre. Polo xeral sempre lle boto unha ollada ao envoltorio do azucre e desta vez fixérono antes os acompañantes cun riso semi-obsceno na cara. Miro o envoltorio e de primeiras non vexo nada significativo, de segundas penso que, efectivamente, o meu é café con leite.

Creo que a obra é de Yolanda Dorda e, a verdade, creo que non hai imaxe mellor para falar da crise nin para os versos de Connie Francis cantando Siboney:
Siboney, yo te quiero
yo me muero por tu amor;
Siboney en tu boca
la miel puso su dulzor;
ven a mí que te quiero
y que te adoro
y qué eres para mi...
Connie Francis-Siboney
4 comentários:
eu tamén teño bruxismo ultimamente, pensaba que era unha resposta á miña "crise" creativa
A IMAXE DA CRISE BEN TEMPERADA
QUE O MEU É CAFÉ CON LEITE
POR HOJE NÃO QUERO MAIS NADA
TEU BEIJO COM QUE ME DEITE
Versos de Besbe/PI2 Cantando...
Pola miña banda non lle teño bruxismo, pero só é porque os meus nervos prefiren asañarse coa pel, non cos dentes, así que as somatizacóns dos meus "estados carenciais" sempre rematan asomando na forma de afección cutánea. Qué cousas, oigha.
O que me deixou desconcertado do seu post foi como é iso de pescar lubinas e xargos e acabar ceando unha hamburguesa... Como é iso?
Para min o bruxismo é stress...o da hamburguesa é que había fame urxente :)
Enviar um comentário