Hoxe, tamén, experimentei algo que agardo comprender dentro duns días.
Con música, con outras preocupacións, todo cambia un mundo.
3/03/2011
A escena favorita de Collateral.
Horas despois da multa (da que case se desculpou o axente da Garda Civil) e cumprindo os límites de velocidade, un pastor alemán canela crúzase na estrada. Desorientado. E se o levo á casa. E se realmente non está abandoado. E que fago con el no piso no que sobro porque me botan as cousas. Desexo que viva e vivirá posto que non o vexo coas tripas ciscadas. Pero esa mirada.
Vincent algo pensaría. O taxista tamén. E aínda así seguimos adiante. Coma se non poidesemos facer outra cousa.
Unha das cousas que máis me chamou a atención do Nocilla Lab de Agustín Fernández Mallo foi un párrafo que, creo, rondará moito tempo na miña cachola (páxina 92, señoras e señores):
" Lo que une a las parejas no es el afecto mutuo que se den, ni los planes construidos a medias llevados a buen término, ni compartir una misma vivienda elegida y decorada a medias, ni parir hijos, ni nada de eso que sale en las novelas y películas. Lo que une a las parejas es el sentido del humor. Dos personas, por diferentes que sean, si tienen el mismo sentido del humor sobreviven como pareja."
Non me gusta xa nada este blogue, pero é meu. Algún día pechará e comezará outra cousa. Mentres tanto seguimos e seguimos ata que remate por fartar.
"Hay que estar preparado, se aconsejó.
Había ocurrido otras veces; cierto que siempre lo fastidiaba, pero era uno de esos trucos típicos de la mente femenina: llegado un momento, siempre tenían que eludir la realidad y ponerse a arrojar culpa hacia todos lados, hacia cualquiera que estuviese a su alcance.
No le importaba mucho; nada iba a quitarle el recuerdo del momento feliz en que se había embarcado."
A herba. O verde da herba. O cheiro da herba. Pisar a herba. Sentarse nela. Deitarse no verde. O que imaxinas cando a ves. Se nos poñermos, a herba seca tamén. A herba. Hai algo especial nela.
1. Decir "Si, quero" a un 17 de abril en Vigo 2. Poñerlle nome a uns números descoñecidos a través dunha mensaxe de texto coma esta: "Pista de identidade 1: Deixamos sen rematar o que sería a maior obra da literatura galega" 3. Lembrar
De todos é xa sabido que o 25 de novembro denúnciase toda clase de violencia contra as mulleres. A miña aportación desta vez é un microrrelato titulado O coitelo do Matachín que vén de gañar o VII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, que me parece que andan a estrear nova páxina.
Foi unha gran sorpresa e alegría saber a nova e dende aquí quería agradecer o apoio dos amigos á hora de animarme a facer aquelo que quero, á Lonxa Literaria polo traballo que fan, ao xurado do certame e tamén compartir a miña ilusión con todos vos.
An manda un meme, o do libro galego e portugués, comezado por Manuel. Sortearase un libro entre todos os que comenten nesta entrada o día 30 de novembro. Manuel apuntaba que sería ben que o libro escollido para sortear fose dalgún autor ou autora da zona.
Vivo na Coruña e foi aquí, da man de María, onde coñecín a Diego Ameixeiras. Así que, como o rapaz me caeu ben, decidín que o libro que vou sortear será Dime algo sucio.
Suponse que debería pasar o meme a outras persoas, pero como a blogomorgue anda moi morrida, os zombis que anden por aí e lean isto, se lles apetece unirse a este meme, que se unan, e se non a comentar neste post, mortos vivintes, que se sortea un libro!!
Michel L´amour e outras mozas espidas, libros coma O retrato de Dorian Gray, Lolita, poemas de Neruda e Sylvia Plath, cancións de Leonard Cohen ou o último de Nick Cave: A morte de Bunny Munro, aforo de 50 persoas e ás veces música en directo. Todo iso é o show Naked Girls Reading.
Se iso non é unha campaña de animación á lectura, a min que me maten.
Quero mozas espidas lendo. Ou mozos espidos lendo.
Por moito que Jaureguízar insista na súa última actuación, Todo o que sempre quixo saber sobre a literatura e ninguén lle contou, que discrepa da prosa "sonora" de Caneiro, non me disgustaría escoitar a un mozo limpo de roupa, sentado e lendo ao Xosé Carlos "Quita a roupa aos poucos, anda, deixa, vou quitarche eu a blusa, o pantalón, déixame a min, cariño, non vou tratarte coma un oso de peluche, non, esta vez non, permite que os meus dentes rompan a seda negra que cobre a túa pube..." ou, eu que sei, mozas a recitar a María do Cebreiro ou Berta Dávila mentres tomas un café.
Non sería ningunha tolería posto que xa nos teatros temos visto a máis dun e dunha espidos ou case (e lémbrome de Davide Salvado) e non sei como resultou Palabras Contadas Long Play con Camilo Franco e Magín Blanco nas Crechas, pero xa é outra maneira de achegar a literatura á xente.
E ti que lerías espido? E que che gustaría que che lesen?
Eu vou agardar por Ameixeiras e o seu Dime algo sucio que é un bo título para quedar sen roupa.
Nocilla Dream realmente é iso, un bote de Nocilla con leite, cacao, avelás e azucre. É unha mestura de posts con ligazóns, con citas, con contos e cun fío conductor: un álamo que me enfeitizou.
En efecto, técnicamente su nombre es US50. Está en el Estado de Nevada, y es la carretera más solitaria de Norteamérica. Une las localidades de Carson City y Ely atravesando un desierto semimontañoso. Una carretera en la que, hay que insistir, no hay nada. Exactamente nada. 418 km con 2 burdeles en cada extremo. Conceptualmente hablando, en todo el trayecto sólo una cosa recuerda vagamente a la presencia humana: los cientos de pares de zapatos que cuelgan de las ramas del único álamo que allí crece, el único que encontró agua.
Enfeitizoume ese álamo, a historia que Agustín Fernández Mallo lle regala e o feito de que me faga lembrar Espectro e Big Fish.
Dixo hai uns días unha amiga que Inditex decidiu esta tempada que as adolescentes serían rockeiras/punkis. Tati Mancebo está propoñéndonos que esta tempada sexamos Culturpunkis.
A min paréceme unha moi boa idea, eu tamén quero Culturgal 2009.
Este para min é un mes de remexer: remexer nas fotos, remexer nos recordos, remexer nos días de vacacións, remexer nos festivos que quedan por diante, remexer entre os números do almanaque, remexer ideas na cabeza.
Hoxe tocou remexer agosto e despois de moito buscar botei de menos o Artenativa. Tiven que recurrir ao consabido baúl dos recordos e atopei a Projecto Mourente e a The Homens (sen raias, por espontáneos) tamén remexidos.
Festivalga (porque Valga era unha festa)
Xa sei, hai festivais a fartar, pero neste pasábase tan ben...
Desacóugame. A el inquietouno o Ensaio sobre a Cegueira de Saramago. Entón póñome a pensar en libros que me desacougasen, que me revolvesen as tripas anque so fose un pouquichiño e fago unha lista pequena na que se admiten suxerencias:
1.Ensaio sobre a cegueira-José Saramago 2.El señor de las moscas-William Golding 3.Pedro Páramo-Juan Rulfo 4.Crimen y castigo-Fiódor Dostoievski 5.A sangre fría-Truman Capote 6.El tambor de hojalata-Günter Grass 7.La identidad-Milan Kundera 8.Diario:una novela-Chuck Palahniuk 9.Cuentos Completos-Julio Cortázar 10.Putas asesinas-Roberto Bolaño 11.La larga marcha-Stephen King (cando escribía baixo o pseudónimo de Richard Bachman) 12.La carretera- Cormac McCarthy
Despois doume conta de que as seis primeiras novelas xa teñen as súas correspondentes películas adaptadas. Ensaio sobre a cegueira
El señor de las moscas
Pedro Páramo
Crimen y castigo
A sangre fría
El tambor de hojalata
Kundera e Palahniuk teñen outras novelas que tamén foron convertidas en filmes.
La insoportable levedad del ser
El club de la lucha
Tamén hai un montón películas baseadas en contos de Cortázar, que semella ir competindo con Stephen King en canto a fonte de inspiración á hora de adaptar guións, de feito vin que hai unha curta que se basea en La noche boca arriba(Final del juego) de Julio Cortázar e no segundo volume da saga La torre oscura de Stephen King.
Blow Up (baseado no relato de Cortázar Las babas del diablo)
Perseguido (baseado en El fugitivo, tamén escrita baixo o pseudónimo de Richard Bachman e con Schwarzenegger de protagonista)
Seica Frank Darabont para o 2010 terá lista a versión para cine de La larga marcha e a Bolaño adaptaranlle Los detectives salvajes, seica.
E agora, de tanto rebuscar, remato atopando a Viggo Mortensen en La carretera
Iso son os touros de preto e a foto xa cumpriu o seu obxectivo, ser vista. Con todo, continúa a ser "a festa" e, para a próxima tempada de touros, estou por chamar a un Superseñor deses:
El incidente había sido en verdad extraordinario, el primer indicio del odio que los superseñores sentían por la crueldad. Ese odio, y su pasión por la justicia y el orden, parecían ser las emociones que dominaban sus vidas...si uno podía juzgarlos por sus actos. Y sólo aquella vez se mostró Karellen enojado o al menos con la apariencia del enojo. "Pueden matarse entre ustedes si les gusta -había dicho el mensaje-, ese es un asunto que queda entre ustedes y sus leyes. Pero si matan, salvo que sea para comer o en defensa propia, a los animales con quienes ustedes comparten el mundo...entonces tendrán que responder ante mí." (...) Los matadores habían ocupado ya sus lugares y el toro había entrado bufando en la arena. Los flacos caballos, con los ollares dilatados por el terror, daban vueltas a la luz del sol mientras sus jinetes trataban de que enfrentasen al enemigo. Se dio el primer lanzazo -se produjo el contacto- y en ese momento se oyó un ruido que jamás hasta entonces había sonado en la Tierra. Era la voz de diez mil personas que gritaban de dolor ante una misma herida;diez mil personas que, al recobrarse de su sorpresa, descubrieron que estaban ilesos. Pero aquel fue el fin de la corrida y en verdad de todas las corridas, pues la novedad se extendió rápidamente. Es bueno recordar que los aficionados estaban tan confundidos que sólo uno de cada diez se acordó de pedir que le devolvieran el dinero, y que el di ario londinense Daily Mirror empeoró aún más las cosas sugiriendo que los españoles adoptaran el cricket como nuevo deporte nacional.
Teño tempo. Gusto de ter tempo porque cando non o teño vivo demasiado de présa e iso dame problemas. Onte tamén tiven un montón de tempo e atopeime sacándolle fotos ao ceo. Despois lembreime de Pawley e de James Benning.
Unha vez rematado O museo da inocencia decátome de que eu tamén teño coleccións, nunca chegarán a ser tan grandes coma a que Pamuk relata, pero están formadas por obxectos que gardo coma se fosen auténticos tesouros (son auténticos tesouros) e que etiqueto na miña memoria cos recordos que emanan: a historia dunha bufanda, a dun post-it, a dun libro, a dunha cinta, a dun CD, a dunha caixa de bombóns, a historia desas postais, a de todas esas fotos, a dunha chapa...
Penso no Museo da inocencia e en Istambul. Os gatos de Istambul, sen telos visto, lémbranme aos gatos que viven entre a Dársena da Marina e o Dique de abrigo na Coruña. A xente déixalle potas con macarróns e cousas así. Outros danlle de comer ás pombas.
O caso é que Pamuk non fala dos gatos en todo o libro, así que eu non falarei das ratas que vimos preto das Esclavas.