Onte estivemos o
moucho branco máis servidora facendo o que se coñece como
lo puto peor ou metabloguear (ou algo así) entre outras cousas, e hoxe funlle botar unha visual ao
dichoso ránking do blogomillo e atopeime con moi gratas sorpresas. Entre os tropecentosmil blogues galegos que xa hai, estaban algúns que aínda non sei por que bo motivo decidiron anotarse nesa lista crecente e imparable de blós que recolle
blogaliza:
Citador, extractos de libros a mancheas de autores recoñecidos e citas e lecturas a fartar. Como ben se describe: Centenas de Reflexões e Pensamentos.
Legendas & Etcaetera, un blogue interesante, con moitas cousas que mirar, entre elas a seguinte:
fworld: Fátima Rolo Duarte por Bélxica, un dos que máis me gustou.
Dispatches from Zembla de alok, que nos leva polo cine e pola literatura escribindo en inglés.
E non sei por que aparecen na blogaliza, pero dácheme igual, a min paréceme unha apertura e unha ruptura da endogamia tan criticada. Por outra banda, o blogomillo xa era internacional e se non, non hai máis que mirar para
torre de babel,
acedre nos
seus días, a
cesare, a
Plattdorf, a
emereci, a
Mr. Tichborne, e non sei ben se a Illa de Gorée e Marrocos son os puntos de blogueo de
Mario e de
rifenha, pero tamén lle dan un toque exótico ao blogomillo. Seguro que me esquezo de moitos, pero é o que ten viaxar, que non chegas a tódolos sitios.
Re-editando:
A tódolos sitios non chegamos pero sempre temos quen nolos descubra ou recorde. Pois entre os internacionais tamén están o
galego no sol naciente, a
Kiko Novoa instaurando unha quinta provincia galega en Suecia e ao ladiño está
Brais, integrándose na Noruega. Gracias acedre por lembrarmos.
E coma exemplo de viaxes blogueiras, queda un
post da Fátima aquí.

Ah, esquecíaseme, para viaxes así preto, esta que nos propón sara jess:

Engadido:
Hai máis:
Frenesi-livros,
coisas que escrevo,
Deriva das Palabras,
fazendo caminho II,
Textos de Contracapa 2 e despois está a nova esta en chuza:
E tu, lês blogues en português?. Esto xa é PortuGaliza :)