Cando
lin un anaquiño de
Herba Moura na de
Xabre sentinme bastante identificada e decidín lelo.

O conto é que, gracias xa non á herba moura se non á ortiga morta, acabo de gañar un libro.

E como a cousa vai de plantas e de libros, recomendo a lectura de
Ortigas, de Xía Arias que é a onde pertencen as seguintes letras:
"Cando vou en coche miro para fóra e véxome correndo ao par,
á mesma velocidade, poñéndome carantoñas.
Teño por norma non pisar o chan.
Vou por riba dos quitamedos,
salto ao sinal,
cambio para o muro,
volta ao quitamedos e outro sinal.
Son eu e non son eu: ás veces, son un debuxo animado.
Cando na estrada teño medo agárrome a todo.
Laura non se move, mírame de esguello e como que ri.
Pensas que se perde algo?"
O seguinte vai adicado
"Ensínasme a deda grande do pé montada no índice. Teño que entender que non? Xoguemos un tute a tres. Iso é un cabrón.
Xoguemos un cabrón."
Rematarei escollendo
Herbario? Algunha recomenda? Ten que ser de
Rinoceronte.