Cada un conta a festa como lle vai e eu que era para non ir, ao remate fun. Digo que non ía ir porque pensei que o catarro estival que se me meteu no corpo empeoraría e anque a cousa non mellorou moito, a noite do 24 a horas tardías pero non indecentes
Marinha doume as coordenadas para un encontro que xa non había ter mar por medio.
O conto foi que por incidentes varios non se puido acudir a esa primeira cita e despois de recibir as correspondentes felicitacións no Día da Patria puxemos o coche rumbo a Compostela. Nos sinais luminosos da AP-9 anunciaban retencións ata as 24 h camiño á capital, pero a verdade é que a autoestrada era toda para min.

Unha vez situada no Campus Sur, cal non foi a miña sorpresa ao ser atopada por
Lourixe aos pes das escaleiras da Ferradura. Mentres agardabamos polo groso da expedición botamos a andar cara o Festigal encontrando polo camiño a
Arsenio Iglesias e máis adiante a
Daniel Salgado, que se non hai nada que o impida, o día
3 de agosto tamén estarán na
Reconquista da Coruña por parte da Irmandade dos Perdidos.
Continuamos o percorrido cara a carpa da SuperBock onde quedaramos en ver a
Moinante e cara alí iamos cando vimos a
Snob que nos axudou a situarnos entre tanto bochinche. Era obriga tomarlle algo para refrescarse porque o tempo acompañou e facía unha calor que daba gusto. E entre unha cousa e outra, varias historias que Lourixe contou e unha breve parada canda unha amiga súa que era parte da organización do
Festigal, rematamos atopando a
Marinha acompañada de
Torre de Babel, de
lúa neghra, de
Jan, de
O´Breogán e dunha moza moi riquiña chamada
Yolanda que máis tarde descubrimos que era
Moralla.

Foi un gusto coñecer a
Torre de Babel que non daba feito con tanta xente arredor, unha moza a mar de feita e simpática que te marca coa súa alegría e vitalidade. E tan ben estratexicamente situados estabamos diante da carpa da Fundación Galiza Sempre que por proximidade á de
GZnazón tiñamos que atopar a
Zerovacas, e como unha cousa leva á outra
Elianinha e consorte viñeron bater en nós tamén. E por moi de incógnito que quixese ir recoñecémola. A pobriña tamén andaba cunha catarreira criminal, a ver se te melloras.

Tamén vimos a
goretoxo e familia e o neno espelido que teñen xa se encargou de taparse, co cal aforramos facerlle unha chapuza na súa cara bonita.
Goretoxo convidounos a pasar pola carpa do Software Libre a onde fora
lúa neghra e comentounos que andaban os chuceiros en tropel percorrendo o Festigal e dalí a pouco atopámolos andando en fila india e Berto xa nos dixo cal sería o punto de encontro: Pulpería Porta, coma o ano pasado.

E dalí a un anaco alá nos fomos
lourixe máis eu mentres os demais agardaban polo
Artipractor. Alí estaban
ghanito,
mourullo,
orsinia,
ifrit (non era idea afumarte),
Modesto,
ascárida,
postscriptum,
aranha,
aluguer,
berto e cara o final da noite
artipractor,
marinha,
jan ,
o´breogan, moralla,
fer,
xorna,
zerovacas e
andaime (que por se non se lembra a causa de tanta discusión cervexeira...non era mala idea facer unha visita a Chantada). Nen a metade nos apuntaramos, nin nos borraramos da
Chuzarrascada, pero alí rematamos. Nun gran momento, Berto ao Braveheart comezou unha arenga con algo semellante a "a ver, desde el vasco de allí al asturiano de allá, pasando por todos los putos gallegos de mierda (que somos todos) del medio..." xa non sei como seguiu, pero o resultado foron unhas racións de churrasco e de polbo, que foi o que comín eu, unhas cañas e máis tarde litros de LK. Fomos ben servidos.
A destacar:
Torre de BabelYolanda López-Obertura sen heroe

Os mass media

O amor, non se ve pero flotaba no ambiente

Máis mass media

Chulhu e Gáidil...a ver esa presentación na Coruña das Crónicas de Gáidil!

Todos, toditos, tan feitos, tan majos, tan riquiños


O polbo

Faltaron as patacas, pero que se lle vai facer...non se pode ter todo. Pero paseino ben, que era do que se trataba.
Queda saber que pasa cos
vermellos de certo sitio e esas fotos de escotes que se sacaron por aí.
Eu estou agardando ao que conte ghanito que me da que ten sorpresas por aí que fan máis Nacional se cabe á
Chuzarrascada e, persoalmente, sinto
as malas novas que recibiu ese día.
Ai, precisabamos dun festivo despois do festivo.