O conto foi que por incidentes varios non se puido acudir a esa primeira cita e despois de recibir as correspondentes felicitacións no Día da Patria puxemos o coche rumbo a Compostela. Nos sinais luminosos da AP-9 anunciaban retencións ata as 24 h camiño á capital, pero a verdade é que a autoestrada era toda para min.
Unha vez situada no Campus Sur, cal non foi a miña sorpresa ao ser atopada por Lourixe aos pes das escaleiras da Ferradura. Mentres agardabamos polo groso da expedición botamos a andar cara o Festigal encontrando polo camiño a Arsenio Iglesias e máis adiante a Daniel Salgado, que se non hai nada que o impida, o día 3 de agosto tamén estarán na Reconquista da Coruña por parte da Irmandade dos Perdidos.
Continuamos o percorrido cara a carpa da SuperBock onde quedaramos en ver a Moinante e cara alí iamos cando vimos a Snob que nos axudou a situarnos entre tanto bochinche. Era obriga tomarlle algo para refrescarse porque o tempo acompañou e facía unha calor que daba gusto. E entre unha cousa e outra, varias historias que Lourixe contou e unha breve parada canda unha amiga súa que era parte da organización do Festigal, rematamos atopando a Marinha acompañada de Torre de Babel, de lúa neghra, de Jan, de O´Breogán e dunha moza moi riquiña chamada Yolanda que máis tarde descubrimos que era Moralla.
Foi un gusto coñecer a Torre de Babel que non daba feito con tanta xente arredor, unha moza a mar de feita e simpática que te marca coa súa alegría e vitalidade. E tan ben estratexicamente situados estabamos diante da carpa da Fundación Galiza Sempre que por proximidade á de GZnazón tiñamos que atopar a Zerovacas, e como unha cousa leva á outra Elianinha e consorte viñeron bater en nós tamén. E por moi de incógnito que quixese ir recoñecémola. A pobriña tamén andaba cunha catarreira criminal, a ver se te melloras.

Tamén vimos a goretoxo e familia e o neno espelido que teñen xa se encargou de taparse, co cal aforramos facerlle unha chapuza na súa cara bonita. Goretoxo convidounos a pasar pola carpa do Software Libre a onde fora lúa neghra e comentounos que andaban os chuceiros en tropel percorrendo o Festigal e dalí a pouco atopámolos andando en fila india e Berto xa nos dixo cal sería o punto de encontro: Pulpería Porta, coma o ano pasado.
E dalí a un anaco alá nos fomos lourixe máis eu mentres os demais agardaban polo Artipractor. Alí estaban ghanito, mourullo, orsinia, ifrit (non era idea afumarte), Modesto, ascárida, postscriptum, aranha, aluguer, berto e cara o final da noite artipractor, marinha, jan , o´breogan, moralla, fer, xorna, zerovacas e andaime (que por se non se lembra a causa de tanta discusión cervexeira...non era mala idea facer unha visita a Chantada). Nen a metade nos apuntaramos, nin nos borraramos da Chuzarrascada, pero alí rematamos. Nun gran momento, Berto ao Braveheart comezou unha arenga con algo semellante a "a ver, desde el vasco de allí al asturiano de allá, pasando por todos los putos gallegos de mierda (que somos todos) del medio..." xa non sei como seguiu, pero o resultado foron unhas racións de churrasco e de polbo, que foi o que comín eu, unhas cañas e máis tarde litros de LK. Fomos ben servidos.
A destacar:
Torre de Babel
Yolanda López-Obertura sen heroe
Os mass media
O amor, non se ve pero flotaba no ambiente
Máis mass media
Chulhu e Gáidil...a ver esa presentación na Coruña das Crónicas de Gáidil!
Todos, toditos, tan feitos, tan majos, tan riquiños
O polbo
Faltaron as patacas, pero que se lle vai facer...non se pode ter todo. Pero paseino ben, que era do que se trataba.
Queda saber que pasa cos vermellos de certo sitio e esas fotos de escotes que se sacaron por aí.
Eu estou agardando ao que conte ghanito que me da que ten sorpresas por aí que fan máis Nacional se cabe á Chuzarrascada e, persoalmente, sinto as malas novas que recibiu ese día.
Ai, precisabamos dun festivo despois do festivo.
10 comentários:
Xa miro que perdin unha boa festa.
Tinha compromisos familiares e non puiden acercarme a Santiago.
Bueno, bueno, vaia reportaxe que elaboraches aquí sobre un encontro tan especial nun día tan especial, o da nosa terra galega!! Mereces unha Matrícula de Honra. A miña noraboa e grazas por incluírnos a todos. Es unha persoa moi xenerosa e encantadora, como toda a xente que coñecín nese día de sol, música e conversa. Moitas grazas.
Yolanda :-)
Que envexa!!! E aquí nin sequera foi festivo. Que dura é a vida do funcionario na emigración.
Graciñas pola crónica e unha aperta a todos os participantes.
Mágoa que non nos vísemos, aínda que ao mellor nos vimos e non nos enteramos porque polo posto do software libre si que pasamos.
Sinto algo raro. Como se estivese a facer pareados de dubidoso gusto. Desculpas.
Día completo onde os haxa, e cheo de encontros!
Que tal ese home? Segue inmobilizado no sofá? Que se mellore!
Boa crónica Besbe, un pracer como sempre...A ver cando repetimos. Aínda que a próxima ao mellor é na Coru, cando as Viñetas...
Bicos
Besbellinha unha crónica xenial, documentada coma sempre, foi un día especial, un verdadeiro pracer.
*Como vai o J.?
Unha aperta reparadora despois de tanta festa e sanadora para J.
:)
Non me extraña nada nada o nivel desta crónica porque, sen dúbidas, temos en Besbellinha á mellor cronista de todo o blogomillo. Foi fabuloso coñecerte!! Imaxinaba que eras simpática e divertida, guapa xa che vira nas fotos, e lista nin falta facía dicilo. Pero foi ainda mellor!!!! En serio, moitísimas grazas e a ver se o sol do verán pode con ese catarro en stereo (o teu e o de Elianinha) ;-))
hahaha, menuda crónica, moza!
Pero esa foto miña é cruel, eh, de pena... eu que ía en plan pantoja para que non me recoñecesen.:P
Por certo, de onde sacaches ese macizorro que loce a camiseta do pulpo e as patacas? Mimadriña,como está el panorama, que elementos andaban ceibes. Se o localizas, fálalle de min, oh.
Bicos, Loise Lane ;)
PD: que tal de salú?
acedre, faltabas ti hombre, a ver se te vemos pronto que agora non tes excusa de mar por medio tampouco :)
Yolanda miles de bicos e agora xa teño outra lectura de verán a maiores(seguro que cando o lea che dou eu a matrícula de honra) un pracer terte coñecido e que nos sigamos vendo!
Veloso...os dous sabemos que a ti che vai tocar pronto :)
A pirámide, nos ao final non fomos ao posto de software libre...somos un pouco deixados da man de dios e mira que había entón concentración blogomilleira no lugar, a ver se noutra coincidimos e nos recoñecemos.
Breogán, Jan, Marinha, a día de hoxe sigue algo fastidiado, pero creo que desta non morre. E agardo ese encontro na Coruña :)
Torre de Babel, o mesmo che digo e encantada de terte coñecido. O catarro vai tirando, que o enganchei ben, agora temos que devolverche a visita...a ver se xuntamos para unha viaxe a Bos Aries :)
Elianinha que te voi contar, o macizorro, aparte de macizorro, é moi bo rapaz e creo que che ía ir ao pelo, botei as cartas e véxovos xuntos, tedes futuro, falareille de ti :P De salú vamos indo, e ti que?
Enviar um comentário