7/17/2007

Letras por ler

Levo, xa non sei dende cando, tentando rematar O bosque dos raposos aforcados pero entre obrigacións laborais e vicisitudes varias non acabo de conseguilo. Vai ser unha das lecturas que hei ter neste verán que non quere ser tal, polo menos aquí na Coruña onde esperta o día con choiva matutina e sae o sol a mediodía. Á hora do solpor destes días que terían que ser azuis e interminables e que pola contra se atopan cheos de nubeiros e ausentes de claridade, voume sumerxir de cheo noutros mundos da man dos libros que escollín para este estío mentirán.

Lois Pereiro-Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995



Mario Regueira-L´affiche rouge



Terry Pratchett-¡Voto a Bríos!



Séchu Sende-Made in Galiza



Libros en galego facéndolle caso á campaña de Brétemas "apoiando os produtos da industria cultural galega" e, sobre todo, porque á hora de completar a lista dos romances en lingua galega de Parzival decateime de que era moi pouca a variedade de autores galegos a que se me viña á cabeza.

O namoramento queda para un pouquiño máis adiante, non vaia ser que caia eu tamén, e como a iso hai que adicarlle tempo e coidados, penso que non é o mellor momento.

17 comentários:

Lula Fortune disse...

Véxote moi melancólica...a verdade é que este tempo non é para menos. Aquí en Citroën sur Mer (como di un amigo meu)tampouco é para votar campás ao voo. Gracias polas suxerencias lectoras. Sumaréinas ás miñas. Un bico.

emereci disse...

Encantaríame compartir algún dos teus amores de verán (téñolles muitas ganas sobre todo a sende e a pereiro), pero... terei que esperar polo outono e os seus romances tranquilos...
bicos austrais, linda.

Zerovacas disse...

si, eu tamén teño marcado o de sechu sende. E por suposto o de mario ¡vergonza dáme cada vez que o vexo!

Anónimo disse...

un tipo xenial o Lois Pereiro...ainda recordo de cando a súa morte os xornais comentaban a causa :" unha longa enfermidade ", dando lugar ao clásico malentendido da época ....cando realmente morrera envenenado polo síndrome da colza , o do aceite adulterado...triste historia a do monfortino. A Madriña o teña no seu regazo.
A outro tema, o 28 xa sabes onde estaremos. non faltes BBQueen, te esperamos.

paideleo disse...

Eu tamén quería ler pero o Leo e a interrede réstanme tempo.

Mario disse...

Pois non está nada mal a selección (claro, que vou dicir eu) ;)

A pirámide disse...

Nós tamén temos lecturas de verán. O Estatuto do traballador da administración Pública, a reforma da Lei de Función Pública recén aprobada polo Parlamento e o proxecto da nova Lei de Función Pública que queren aprobar. Máis que nada por ver si lle podemos dar ao selo de compulsas tres veces seguidas sen que che piten fóra de xogo.
Do outro estou lendo Lady Susan de Jane Austen. Si, xa sei que dixen que me estaba quitando pero é unha cousa moi pequeniña e podo deixalo cando queira. Eu controlo.

Ana Bande disse...

Pois eu anímote a seguir coa lectura do libro de Paasilinna, é unha boa lectura, das mellores que teño feito, xunto con todo o que publican os rinocerontes.

Anónimo disse...

Que se lle dea ben a lectura, aínda que a min eso do "Bosque dos raposos aforcados" dame un arrepío ...

Anónimo disse...

Ay filliña, como si se poidese elexir cando namorarse e cando non...

A rapaza do arco disse...

Unha das cousas das que máis gosto no verán é liberarme das lecturas obrigatorias (que non digo que non sexan interesantes pero...) e ler o que me peta todo o tempo que lle adico a iso, saltando dunha cousa a outra como me dea a gana :D
A túa escolla parece mu intesante, e está xenial iso de facer campaña polos produtos do país ;)

O Breogán de Gáidil disse...

Nalgúns blogs leo que hai xente que se fai unha aposta persoal a primeiros de ano, en plan pillar 50 libros para ler, e os van descontando da lista e comentando no blog. Paréceme unha iniciativa xeitosa. A túa escolla para o verán paréceme estupenda, e a campaña polo producto galego/en galego aínda mellor.

Saúdos.

Anónimo disse...

¡Lea "O Bosque"! (Bueno, léao todo)

Anónimo disse...

Onte pola noite descubrín que a miña conta de gmail foi inhabilitada, sen previo aviso, pola empresa google. Non sei sequera a qué pode deberse, pero sospeito que a culpa é dun mp3 que enviei a dous compañeiros de traballo para que escoitasen unha canción sobre a que me interesaba escribir.
Tentei poñerme en contacto cos xestores de Gmail e Google pero 24 horas despois non recibín resposta e non podo acceder ó meu correo, ós meus contactos, ó meu blog nin a algúns textos que tiña almacenados tanto nas páxinas de google (googlepages) como no arquivo do propio bló. Sinto usar o voso blog como plataforma de protesta pero é que no meu non podo publicar nada, evidentemente.
Deixovos as ligazóns dalgunhas noticias e comentarios relacionados (algún un tanto esaxerado) e recoméndovos prudencia e que dupliquedes as contas e usuarios do blog se queredes manter o acceso ó mesmo. Ou que non gardedes nas súas páxinas cousas ás que lles teñades aprecio.

http://www.maxglaser.net/sobre-el-peligro-de-concentrar-todos-tus-servicios-en-una-cuenta-de-gmail/

http://www.ojobuscador.com/2007/07/18/lo-sentimos-pero-su-cuenta-ha-sido-inhabilitada/

http://www.informediario.com/node/463/print

http://alquimistas.evilnolo.com/2006/08/09/se-cae-mi-mundo-gmail-inhabilito-mi-cuenta/

Se se me dá por abrir outro bló, fóra de Blogger, claro, tereivos avisados. Para que vaiades por outros camiños.

¡¡Coidadiño co que facedes!! ¡¡¡O Gran Irmán Google está mirando!!!

Paz Zeltia disse...

Home, no me metas medo. Hoxe mesmo creei unha miga de blog, unha maneira de xuntar uns diarios do ano da polca que me gustaría conservar nun formato diferente a libreta que no me gustaría que me atoparan se me atropella un coche.

¿E logo cal me recomendas?, como empezei hoxe dame igual coller outro. Falaronme moi ben de www.zoomblog.com que non anda nesas trangalladas de rankings e votacións, cousiña humilde pero que as ferramentas son boas, claras, en castelán... (ou debería dicir non en inglish)???

Anónimo disse...

Eu recomendaríalle que crease outro usuario con conta gmail por se ós de Google lles dá por pechar a primeira...

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Non lea tanto, amiga Besbellinha: procure non ler. Ataraxia. Dolce far niente.