7/03/2007

De voda again

Hai vodas e vodas e esta foi das sonadas. Xa dixen que o feito de casarse non me é apetecible pero para outra xente non é así, de todos os xeitos é motivo de festa porque as dúas persoas (e familias) que organizan semellante evento están máis felices ca nunca.

E nunha voda:

Aos noivos hailles que tirar de todo, acéptase arroz, acéptanse macarróns...os garbanzos son algo máis perigosos e o alpiste...os paxarons agradecerano. Tamén se leva moito eso de tirar pétalos de rosa, pero non foi o caso.

Hai que aguantar o tipo subidas nos tacóns así a misa dure hora e media, así non teñas onde sentarte e non rirse cando o cura saca unha lupa para ler a letra pequena. Despois hai que andar coma se foses unha modelo de Cibeles anque por dentro estés maldecindo a quen inventou os zapatos imposibles que levas nos pés.

E toca emocionarse cando os noivos saen a bailar o vals e evitar en todo momento que o señoriño de turno te colla para bailar un pasodoble español.

Dios, que voda.

2 comentários:

Veloso disse...

Boa crónica. Moito me temo que eu xa pertenzo a ese grupo de homes patéticos que pretenden bailar un pasodobre. Para maior deshonra, coa gravata frouxa e a camisa con manchas de mariscos.

Noa disse...

que boa! eu espero que a que eu teño o sábado sexa igualiña, pero sen tacóns! (que non fan as pernas tan bonitas, pero non cansan ;b)