Onte foi a festa e, a verdade, aínda me estou recuperando, que se van notando os anos. Deberíase facer unha crónica ou algo así, pero estou rebentada, así que agardo que ghanito a faga como é debido.
Así para informar un pouco, dicir que
Mourente e Dj Pezunhitas foron baixa, un por mor da febre que voltaba subir e outro por problemas de axenda que lle impediron estar con nós, moi ao noso pesar, porque estabamos moi ilusionados coa súa presenza. De todos os xeitos temos que darlle as gracias porque o traballo e a escolma musical xa a tiñan feito. Ao final picaron música
Dall´aí Common Boy, Dillei SK e Dillei Sak, xa que
Dj Helena tivo problemas técnicos tamén e non foi posible escoitar a súa selección (xa vedes, todo atado e requeteatado e sempre hai sorpresas de última hora) o cal tamén foi unha mágoa.
Sak ofreceunos unha sesión de música electrónica galega xenial e non se quedou atrás SK, que fixo as delicias de todos, así como Common Boy que trouxo música libre, co cal a SGAE...pensándoo mellor, para que imos falar da SGAE mal se foi ela quen, da man de
Zerovacas, nos proporcionou o
Libro de Visitas no que os asistentes firmaron.
E a cousa non quedou aí, posto que todo aquel que veu levou de agasallo
dúas crachás, unha de cada blogue, puido comer
empanada a fartar e bolachas cantas quixeran (por certo, non quedou nada de nada). Ao final da festa sorteamos uns agasallos que tiñamos preparados: 3 cd´s con música libre escollida por
Common Boy, 3 cd´s de
Alddao en primicia para a festa e 3 exemplares de
Proxecto Identidade, do que xa falaremos máis adiante, que lle temos que adicar unhas cantas liñas máis a este proxecto que, como esta esmorga, pretendeu ser algo para todos, contando con todos e entre todos.
Rematou a festa no
14! e seguímola no
Patachim para darlle o remate no
Velvet.
Foi unha boa noite, ao meu ver, e eu persoalmente quero darvos as gracias a todos os que viñestes, sobre todo a aqueles que máis vos costou porque sei que moitos fixestes un esforzo (máis grande ou máis pequeno) para estar alí, á xente de corublogs que tamén nos veu facer unha visita, gracias a aqueles que máis mareamos cos preparativos, aos dilleis todos polo ben que o fixeron e polo entusiasmo que puxeron (mesmo aqueles que ao final non puideron poñer a súa música), aos nosos "patrocinadores" c´ommons baby! e Alddao, a zerovacas por ese libro de visitas tan orixinal e que lle será devolto, a todos os que participan en Proxecto Identidade, aos rapaces do 14!...que vou dicir, que me encantou ver que somos un bo grupo e que para esta e outras cousas, ao final, precisamos os uns dos outros.
Moitas gracias!Fotos da festa Beliscos do porco-Apocalipse pequenaLibro de visitas(Isto vai sen ligazóns, xa as porei...) Ah, os que non poidestes asistir...estade atentos que hai máis!!