
Xogamos este domingo o
III All Stars e, ao igual que
o ano pasado, foi moi emocionante. Ver como este deporte xunta a tanta xente nun ambiente tan agradable é moi satisfactorio. O sorriso e os abrazos e bicos eran obrigados cando chegaron Xermán, Zidane, David, Toño, Carmiña, Calvete e toda a tribu do NorLeste.
A
Conferencia NorOeste non se amilanou ante a chegada da
Laranxa Mecánica e dou guerra ata o final. Todo o partido foi moi emocionante, posto que ata o último momento estando ao borde do infarto, a Conferencia NorLeste non logrou facerse coa victoria (Markitos, lembrarémoste toda a vida). Despois concurso de mates, de varados e a comer.
Teño moi bos momentos grabados do partido. A emoción de xogadores do NorLeste que confesaron que esta era a primeira vez que xogaban todos xuntos contra outro equipo sen ter que prestalles xogadores aos contrarios. O momento no que me confesaron que se me notaba a melloría dun ano para o outro, posto que no anterior All Stars
"parecía que estabas matando conexos" e neste polo menos fixen dous puntos de tres. Na comida volver a ser nena con Juan Pedro, o meu pícaro preferido, e rir un anaco con Carmiña cando acordamos entre as dúas que para o ano tiñamos nós que ir xogar ao Norleste.
Agora a prepararse para o Play Off 2008 na Alameda de Compostela o 25 de maio.E sen máis unha aperta para Zidane, máis ca nada porque o pasou algo mal na comida (que non fose nada).
Outro deporte é posivel (gracias á ilusión de todos, a
Vieiros e a
Novas da Galiza)