1/30/2006

Mil gracias ao señor Pawley

Ben, para que os que pensen que están escribindo para as topias e lles pareza que esto non vale de nada: gracias a andar por aquí, collín o outro día dúas películas que posiblemente non collería nunca. Ás críticas me remito, véxase o señor Pawley. Como non me chegaba a recomendada, collín a primeira parte tamén. Gústaronme enormemente as dúas, e din tantas verdades...non sei, afástanse dabondo do típico tópico e para min reflicten bastante ben o que queremos todos en xeral: alguén con quen se poida falar.

Esa noite de sábado de inverno tamén collín outra peliculiña máis, moi recomendable ao meu ver: Carandiru. Hai cousas que merecen ser vistas perdidas por aí.

1/28/2006

Non sei nada de política

Díxome un coñecido que milita dentro do PSOE que era curioso que eu votase a un partido de esquerdas nas eleccións en España e para un partido de dereitas nas eleccións en Galicia. Écheme o mesmo, estaba tentando dilucidar esa interrogante na miña cabeza e mirando por un lado e polo outro deime conta de que non entendía nada de política. Non entendo tanto termo que se socialistas (e as súas variantes), nacionalistas etc etc... segundo el tódolos partidos nacionalistas son de dereitas...

Ufff, sen saber nada ata teño cargo de conciencia e todo. O que saiba algo que me ilustre (¡chas! despotismo ilustrado, hai tantas maneiras de gobernar...)

Non sei se me entendestes algo.

Sway

When marimba rhythms start to play
Dance with me, make me sway
Like a lazy ocean hugs the shore
Hold me close, sway me more

Like a flower bending in the breeze
Bend with me, sway with ease
When we dance you have a way with me
Stay with me, sway with me

Other dancers may be on the floor
Dear, but my eyes will see only you
Only you have that magic technique
When we sway I go weak

I can hear the sounds of violins
Long before it begins
Make me thrill as only you know how
Sway me smooth, sway me now

Other dancers may be on the floor
Dear, but my eyes will see only you
Only you have that magic technique
When we sway I go weak

I can hear the sounds of violins
Long before it begins
Make me thrill as only you know how
Sway me smooth, sway me now
You know how
Sway me smooth, sway me now



Cantada por Dean Martin,Rosemary Clooney(tía do Clooney famoso), Michael Buble, The Pussycat Dolls e escoitada por primeira vez en Dark City.

A min sóbranme palabras, non sei a vós.

Kirsten Dunst


É que vin que hoxe botaban unha película na que sae ela ("Pequeños guerreros").
Gústanme varias películas nas que interviu: "Entrevista con el Vampiro", "Las Vírgenes Suicidas" (creo que sería ben darlle a palabra ao Sr Nohara), "A por todas" e a máis recente (xa non tanto ao paso que van as cousas) "¡Olvídate de mí!".

"A por todas" foi unha película que vin un día as tantas da noite en non sei que cadea de televisión. O que comezou sendo un pouco de cachondeo para min, rematou enganchándome tontamente e facéndome rir un anaco grande. Recordo esa madrugada coma unha das máis alegres ante a caixiña esa. Recomendable...¿por que non? Pero non esperedes nada doutro mundo.

"¡Olvídate de mi!" tamén foi outra película que me gustou, cando menos a intención. Ás veces eu desexaría que as emocións se mantivesen igual que estaban nun determinado momento, sería todo ideal, pero iso cortaríanos a capacidade de aprender e de ter obxectividade ("relativa" porque a visión das cousas depende sempre dos criterios que primen en cada momento, e eses criterios van cambiando en cada un de nós, vamos, que penso que sempre somos subxectivos).

Invádeme a melancolía.

Hai cousas que me disgustan

Coñezo a un rapaz de 14 anos. Agora mesmo anda aprendendo a afeitarse o bigote e baixando tías que che ensinan as tetas para o móbil. A min paréceme moi ben que trapicheen con cintas e revistas pornográficas, ao fin e ao cabo, todos andivemos curioseando no tema a esas idades, e creo que ninguén saiu malparado de todo.

O que a min xa non me parece tan ben é que a esas idades xa haxa rapaces aos que todos coñecen como "camellos". Está claro que os tempos cambian, e que cada un viviu o que lle tocou, e que ao mellor xa nos merecemos o calificativo de "carcas" ou "puretas". Pero nada diso xustifica que a unhas idades no que o único que tes que facer é preocuparte de que teus pais che deixen quedar ata un pouco máis tarde na rúa, de se lle gustas a fulanito ou a menganita, das excursións de fin de curso, da roupa que che quere mercar a mamá, do acné que che sae e de a ver cantas asignaturas vas a aprobar, estean roubando cartos da propia casa para mercar hachís.

Este rapaz xa fumou tabaco, este rapaz xa mercou hachís, a este rapaz ofrecéronlle xa éxtasis ao módico precio de 25 euros a pilula. E o peor de todo é que non é el só, que son máis, e para min que todos xuntos acaban formando unha maldita secta na que o pensamento individual non se manifesta.

Este rapaz xa anda cunha mariposa no peto, sabe quen lle podería conseguir un revólver, fanlle gracia os golpes que lles dan os seus amigos a rapaces que non son do grupo e ten un odio criminal aos rapaces que viñeron de Rumanía e Latinoamérica, so porque non coñece a ningún e pensa que todos son ladróns ou Latin Kings.

Na escola estanlle pasando uns vídeos sobre os efectos nocivos das drogas, ten toda a información que quere e aínda así quere probar.

A min todo iso dame noxo (e non tiro pedra ningunha porque ninguén está libre de pecado, eu polo menos non) e mírase de lado e deíxanse pasar as cousas porque "malo será". O peor é cando é malo, porque é moi malo.

Cando é así, non recoñeces a persoa que tes diante de ti, ben porque é agresiva, ben porque parece un neno de tres anos que non se vale por si mesmo. E cando te mira veslle nos ollos toda a soidade e a tristeza que gardou, todo o arrepentimento que non lle colle dentro porque se dá conta do mal que lle fixo aos que o queren. É neses momentos tan denigrantes cando te decatas de que xa sabe que os "colegas" non merecen unha fala, porque ninguén que te queira te deixa tirado na rúa cando peor estás, nin che siguen ofrecendo merda unha e outra vez sabendo que non che convén, nin se esquecen de ti cando estás no hospital, nin cando te internan no psiquiátrico, nin se toman a coña que un amigo se suicidara por culpa da intoxicación que tiña no corpo, nin se atreven a ir a túa casa e facer coma se nada pasase despois de todo.


E xa non sigo porque non poido. Estame doendo moito. Non quero que esto sexa o normal.

1/27/2006

Chuck Palahniuk

¡Sorpresa, sorpresa! Que vou a ler "Lullaby" (véxase "Nana") e digo eu, ¿e este fulano quen será? Madre mía, cando me enterei jejejeje. Pois o libro escribiuno este home (non sei como poñerá a película o resto da crítica, pero é que me da igual, a min gustoume)

Como na crítica en cuestión fala de Jared Leto (máis coñecido polas mozas que se bota que por outra cousa, creo eu), pois dicir que cando emitían a serie"My so-called life" en Canal+ alá no ano 97 creo, unha menda lerenda andaba flipadiña co rapaz. Aparte das flipadas que eu me traía (despois tocoulle o turno a Keanu Reeves), a serie encantábame...moito.

Pero perdemos o fío rapidamente. Eu ía falar do Chuck Palahniuk. Non teño moito que dicir a verdade, que o libro aínda o acabo de comezar, e aquí voume ir de sobrada e media. O libro estame inquietando, e recordoume moito a algúns contos de Cortázar, e iso que se pode dicir que non lin case nada deste home, e que se o penso ben, é outro tipo de inquietude...non sei, esto xa é falar por falar, porque nin acabei o libro que comecei, nin lin nada enteiro do que o outro escribiu...Quedan tantas cousas por facer...

1/23/2006

A lúa de Valencia

O que non queira ler barbaridades que non lea.

Isto é o que lle escoitei a unha rapaza de 13 anos, ou así, hoxe na rúa: "¡CagonlaputaDeLosCojonesBenditos ya!. No me rasques los huevos que me pican ¿eh?." Que fluidiño lle saiu todo, para que despois digan que non hai facilidade de palabra.

Miña nai é máis fina, o máis gordo que lle sae é "cojones de estopa" e o máis habitual (que non son moitas veces) "me cagho na luna de Valencia".

Miña nai so colleu unha cogorcia na vida, cando tiña os anos da rapaza "de los huevos" colleu unha botella de viño doce que tiñan na casa e en vez de ir á herba, púxose a beber dela. Cando chegou meu avó, ela estaba tumbada no banco da lareira subindo cos pés polas paredes e cantando toda contenta e colorada.

(Adoro á miña nai, tiña que dicilo)

¡¡¡Mamá, cómprame uns patíns!!!


Veño contentísima.

É que onte foi a II Gala Nacional de Patinaxe Artístico organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple, e quedei atontada. Que bonito, que bonito. Case cheo o Palacio dos Deportes de Riazor (e eso que comezaba ao mesmo tempo que o SuperDepor) e con Sir Francis, o señor Touriño e a sempre marabillosa Ánxela Bugallo.

Unha marabilla os italianos (Sara Venerucci e Matteo Guarise, campeóns do mundo junior 2004 e 2005, non me extraña...) e como non, os nosos galegos, Mario Paz e Antía Molanes (medalla de bronce de Europa xuvenil, os da foto 35 da ligazón) do clube Ánfora de Cangas. Dicir que o Matteo tivo un éxito tremendo entre as rapazas, así a modo de anécdota, firmando autógrafos el e sacándolle fotos elas (bueno eu tamén, que me mandou a miña amiga da ghomitada).

Pricioso.

1/21/2006

Nada agradable


A estas horas da mañá, ¿que vos parecería que vos viñesen recoller para ir a algún lado, e a rapaza que conduce de repente botase man dunha bolsa de plástico do imperio Inditex e se puxese a ghomitar nela mentres sigue conducindo?


A min doume a risa.

Escenario móvil

É o título dun documental que vin onte na 2 (insisto, sobra unha cadea pública) Polo que sexa interésame Extremadura e decidín velo. É do Montxo Armendáriz.

Ben, pois falaba do tema dos incendios que arrasaron unha zona concreta de Extremadura no 2003, cousa tamén coñecida por aquí. E lembreime do que me dixera unha compañeira de Valencia de Alcántara (agora coñecida en toda a xeografía española, pq a Soraya dos triunfitos é de alí), que a sensación que tiñan daquela, a impotencia e a rabia que había, tiña que era moi comparable ao que sentiramos aquí cando pasou o que pasou.

Non é vergonza ningunha chorar...pero tampouco hai que dicir que chove.