1/28/2006

Kirsten Dunst


É que vin que hoxe botaban unha película na que sae ela ("Pequeños guerreros").
Gústanme varias películas nas que interviu: "Entrevista con el Vampiro", "Las Vírgenes Suicidas" (creo que sería ben darlle a palabra ao Sr Nohara), "A por todas" e a máis recente (xa non tanto ao paso que van as cousas) "¡Olvídate de mí!".

"A por todas" foi unha película que vin un día as tantas da noite en non sei que cadea de televisión. O que comezou sendo un pouco de cachondeo para min, rematou enganchándome tontamente e facéndome rir un anaco grande. Recordo esa madrugada coma unha das máis alegres ante a caixiña esa. Recomendable...¿por que non? Pero non esperedes nada doutro mundo.

"¡Olvídate de mi!" tamén foi outra película que me gustou, cando menos a intención. Ás veces eu desexaría que as emocións se mantivesen igual que estaban nun determinado momento, sería todo ideal, pero iso cortaríanos a capacidade de aprender e de ter obxectividade ("relativa" porque a visión das cousas depende sempre dos criterios que primen en cada momento, e eses criterios van cambiando en cada un de nós, vamos, que penso que sempre somos subxectivos).

Invádeme a melancolía.

2 comentários:

Asimè Triko disse...

En "Entrevista co vampiro" gustoume moito Kirsten Dunst. ¿Que idade tiña daquela? Que madurez e que boa actriz era xa daquela para facer o personaxe que fixo.

besbe disse...

12 anos creo, pero vamos, bestial.