Non merco moita roupa eu. De feito dende o verán pasado, véxase mes de agosto, non merco nada. A adquisición foron uns pantalóns na feira esta dos Mallos (la city de Sir Francis) e eso que non son das que normalmente merco en feiras...creo que é a primeira vez, antes mercábame miña nai en Padrón, cando íamos a comer os churros e a empanada de millo de zamburiñas.
Ben, pois hoxe dispóñome a ir de mercas, outro pantalón creo. E así por mirar, descubrín isto. E sorprendinme. Pero é lóxico.
Sem comentários:
Enviar um comentário