1/21/2006

Jake Gyllenhaad

¡Oh, meu deus! A min xa mo parecía.

Comecemos, teño ganas de ver Brokeback Mountain, a peli esta de Ang Lee. Fíome de que estará ben, non polo tema dos Globos de ouro nin polo tema dos posibles Oscars, nin polo tema que trata, nin porque se estea falando tanto dela. Simplemente porque vén da man de Ang Lee. Cando as cousas levan a marca dunha persoa que che gusta, tes querencia por ver esas cousas que fixo. E agora acabo de atopar outra razón coma a anterior para vela, está Jake Gyllenhaad nela.

Jake Gyllenhaad fixo antes Donnie Darko, película que me encantou, e que un compañeiro meu clasificou como "pero tía, ¿tú que es lo que pillas?menuda rallada, pfff a mi no me gustó nada, menudo desbarre del copón etc etc etc" pero tendo en conta que á miña benquerida estrella é considerada por el como "estrella de la muerte"(non lle gusta, arrepíalle) e outros motivos, díxenme a min mesma que ía ser unha película que me ía gustar. E non me enganei. Ah, sen vir a conto, a este compañeiro vaille o reiki ("vamos a abrir los chakras")

Mirando que é o que levaba feito o rapaz en cuestión estes anos, conclúo que o criterio este de fiarse de que algo está ben so porque alguén está no proxecto, neste caso non anda tan errado. Non é que vise tódalas súas películas, pero das que vin, so "The day after tomorrow" é prescindible, supoño.

Comentar de paso, que unha película que nin de broma iría a ver ao cine (a ver si te enteras, que son...5 euros, o más) na que sae a Jennifer Aniston, pois ao mellor non está tan mal, so mirar de que vai e xa me entran ganas de vela.

Non sei como realizan a escolla dos libros que teñen que ler os rapaces obrigatoriamente nos institutos (ou como se chamen agora) pero para min nunca foi tan placenteira unha obriga.

5 comentários:

Martin Pawley disse...

Unha magnífica película, ben dirixida pero sobre todo moi moi moi ben escrita por Larry MacMurtry e Diana Ossana

Asimè Triko disse...

Non vin Donnie Darko, pero faláronme moi ben dela. Gústame moito unha canción que está na súa banda sonora, "Mad World", de Michael Andrews e Gary Jules.

Non te preocupes polo que che digan algúns sobre as películas que ves. A min chamáronme flipado e enfermo por dicir que vin 17 veces "Las Vírgenes Suicidas", e 8 ou 9 "Mulholland Drive", por certo esta última aínda non a entendín. E dixéronme cinéfilos que viron todas as de Steven Seagal e que xulgan a calidade das películas polas recadación en taquilla.
Por certo, nunca vin nigunha de Ang Lee.

besbe disse...

Pois non sei por que, pero prefiro ler o libro antes. Penso que se me distorsionará menos a historia no caso de que distorsione, claro. E bueno, non sabía que había libro e agrádame sabelo.

Respecto ao das películas, "Las Vírgenes Suicidas" estache moi ben e "Mulholand Drive" está pendente de ver.

De feito a min quédame moito que ler e mirar e escoitar e facer. Con dicir que non vin "Bambi" e xa van a sacar a segunda parte...

Asimè Triko disse...

Pois a min tamén me faltan por ver grandes "clásicos" do cine, coma Titanic, ET, as partes 2 e 3 de Matrix, o señor dos aneis... Se non as vin ata agora non foi por falta de oportunidades, foi porque non me saiu da gana.

Asimè Triko disse...

Por certo, estou lendo "O vixía no centeo" e está sendo un dos libros que máis me gusta de todos cantos lin.