Isto pásame por ter coche. É que resulta que hoxe na cidade esta houbo algo de atasco, a verdade eu non o notei moito (algo si, pero para min non era para tanto) pero estaba todo o mundo falando do mesmo. Falaba a que ía con presa e non daba chegado(ela), falaba a que ía en transporte público e non daba chegado (o urbano), e falei eu despois cando quixen aparcar e non daba chegado a hora en que o conseguise (eso de dar voltas polas rúas con moitos coches nelas non é agradable, sobre todo cando tes que chegar e poñerte a pensar que é o que vas a mercar para comer...tamén sorte que só tes que pensar niso)
Son curiosas estas cousas cando ao final todo o mundo fala do mesmo e parece que se falas doutra cousa quere dicir que non estás moi posta ao día ou que eres un pouco rara.
Ben, pois hoxe ademais de atacos, descubrín que a gasolina é verde. E que eu pensaba que nas gasolineras cha daban en latas, pero dancha en bolsas de plástico. E que ao mellor coches que funcinaban coa super, o mellor escangállanse o botarlle a sen chumbo, pero isto só é unha suposición.
Sen máis, un saúdo, e aos cafres que non respetan os semafóros de la city, moito coidadiño, porque eu ás veces despístome e igual vou bater neles.
2 comentários:
Cando vou a Santiago, esquivo os atascos bastante ben, pero a conta de facer ás veces o doble de quilómetros ca polo camiño máis curto. E para aparcar, sempre me arranxo, porque atopei un barrio moi bonito, perto do centro, mezcla de Notting Hill e o campo de atrás, no que sempre hai un burato, aínda que xa non están libres da ora.
Como sexa o mesmo que penso eu...e non sei por que, pero dáme que si. Bo sitio si señor. Non me gusta conducir en Santiago, cando me dou conta, estou saíndo xa da Compostela...algo pequeno para o coche, enorme pra perderse andando :)
Enviar um comentário