1/18/2006

Loba

  1. A tapa do delco.
  2. O carburador.
  3. A correa do ventilador.
  4. A batería.
  5. Non hai gasolina.

Destas posibles causas que se me ocurren para o fallo do coche dunha compañeira, a correcta foi a primeira, a pesar de andar sospeitando da quinta. Todo quedou en nada.

Hoxe foi un día destes que te deixan contenta, non por nada especial, pero por todo un cúmulo de cousiñas. Descubrín á fin a quen pertencía ese móbil sen identificar que me felicitou as festas do nadal e a entrada do ano e levei unha grata sorpresa, pedíronme o número do meu móbil coa idea de perpetuar unha boa relación, escoitei a letra do Caneco que xa lle tiña ganas, rematei o primeiro libro do ano e nótome de mellor humor que fai uns...9 meses. Buff.

E que eu estiven de moi mala leche o ano pasado. De feito é a primeira vez que me contracturo toda por culpa dese malestar emocional, e non me gusta.

Pero ao que ía. Falando cun señor que coñezo, dime que o outro día foi a moza do seu fillo ata a casa e que estaban na cociña os dous tomando a merenda. O fillo presentoulle a moza.

-¿Así que ti es a miña futura nora?

-Pois si. Encantada.

-¿E a ti paréceche ben vir así aquí á casa? Eres algo loba ¿non?

En fin, que o señor a menos que os mozos casasen, parecíalle unha falta de educación que a rapaza fose á súa casa. Que se o día de mañá o fillo non estaba con ela, que ao seu parecer ningún outro rapaz estaría con unha rapaza tan pouco formal.

Por moito que lle dixeses ao señor, que a rapaza estaba alí porque o fillo a invitara, e que se lle parecía mal que o tiña que falar co fillo sen meter a rapaza en fregados, e que por esa regla de tres tampouco seu fillo atoparía moza porque tampouco era el formal traendo a rapaza ningunha a casa...non entraba en razón. Ao máis que chegamos foi ao seguinte:

-¿Entón ti ves ben que veña a casa sen estar casados?

-Si. De feito eu non teño idea de casar, e se alguén me invita á súa casa e me insultan desa maneira ten por seguro que non volvo.

-Pois para min é unha loba.

Un detalle, se unha rapaza é guapa e ten un corpo bonito...fai coma este homiño echámalle cachorra (prefiro mil veces que me chamen loba)

Sem comentários: