4/29/2006

Su, temos que falar.



SMS recibido: "Boas, a que andas? Eu estou de finde en tal sitio e acabo de descubrir que temos outro amigo en común! Un tal fulanito co que coincidiches nun casamento. E non me contaches nada!"

SMS respostado: "E onde demos queda tal sitio? E j...er cos amigos en común hahaha dille se aínda ten o tacón do meu zapato....Dios, aínda estou flipando, un bico pa cada un !"

Nena, aínda que non nos vemos moi a miúdo, está visto que acabamos coñecendo ás mesmas persoas e o conto é que xa van varias veces que pasa o mesmo...coma nos chistes de Chiquito: uno que llega jaaarl!. E resulta que te/me coñece.



Pedazo bodorrio, por certo.

4/28/2006

Eu, que quero ser ghaiteira...

...e dame que nin para frautista.

pifiaflautista.WAV
Powered by Castpost

O Caneco

Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei feixen ben
tamén o botou Manolo.
Tamén o botou Manolo, tamén o botou Manolo.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo.

E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.

Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar.
Cantos polbos che hei botar, cantos polbos che hei botar.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar.

E súmballe o caneco...

Boteiche un polbo na saia
túa nai ben me mirou
agora vaite queixar
ó cono que te botou.
Ó cono que te botou, ó cono que te botou.
Boteiche un polbo na saia
túa nai ben me mirou.

E súmballe o caneco...

Pois iso, que a tocaron os de Muxicas (No colo do vento) e ben, iremos zumbarlle tamén ao caneco.Pi-pí!

4/26/2006

Extremadura

Porque eles tamén teñen historia e ás veces síntense esquecidos do mundo cando todos miran para os cataláns, os bascos e os galegos considerados nación. Dixéronme que Ibarra non é tonto e que se o queren crucificar que non sexa polo que acaba de dicir, se non polo que leva facendo todos estes anos cun territorio que goberna coma un cacique.

"Consejos del tío Perico" de "El Miajón de los Castúos" de Luis Chamizo (editorial Pueyo, 1921)

"......
Quiere un hombre, quiere un hombre d´estos hombres
ya curtíos por el frío del invierno,
y tostaos por el sol del meyodía,
y bañaos po las aguas de febrero,
y besaos po la luna cuando duermen
en las eras, junt´all trillo, cara´l cielo.
Qu´estos hombres son los machos d´una raza
de castúos labraores extremeños
que inorantes de las cencias de los sabios
las jonduras d´otras cencias descubrieron
cabilando tras las yuntas
en la pas de los barbechos.
.....
Qu´estos hombres qu´al amor de sus terruños
ayuntaron el sentir de sus adentros,
despreciando la pereza sin descanso
de los hijos poltronaos del dinero,
con la juerte calentura de su gloria
que manó del corazón a sus celebros,
conquistaron pa los reyes de su Patria
los Peruses y los Méjicos;
y llenaron de pinturas sus iglesias,
y parlaron su sentir en los Congresos,
y cantaron la belleza de sus campos,
y elevaron sus plegarias a los cielos,
y murieron orgullosos por la causa
de las santas libertades de su pueblo...

Son asina los cachorros de la raza
de castúos labraores extremeños,
que, inorantes de las cencias d´hoy en día,
cabilando tras las yuntas, descubrieron
que los campos de su Patria
y la madre de sus hijos, son lo mesmo."



"Prólogu" de "El Prencipinu" de Antoine de Saint-Exupéry traducido ao Castúo por Antoniu Garríu Correas.

".......
Comu homenaji a las variedadis lingüísticas estremeñas -nu reconocías ni potenciás- queu esti prólogu en : ALTU ESTREMEÑU (quiciás pol sentilu prósimu); en A FALA, usá en el Valli de Xálima (Noroesti de Cazri); en PORTUGUÉS de Olivenca/Olivencia y algotras zonas lindantis (con las súas variantis). Y tamién en castellanu. ¡Disfrutái al leélu!

¡Prencipinu...bienveníu, amiguinu!

..........

Comu homenaxi ás variedáis lingüísticas estremeñas -nun ricuñicías ni potenciás- deixu esti prólogu in ALTU ESTREMEÑU (quizás pul sintilu celca); in A FALA du Valli de Xálima (NOroesti de Cáciris); en PORTUGUÉS de Olivenca/Olivenza i de oitras zonas fruntiridas (cun máis u menos variantis). I tamén en castellanu. ¡Que disfrutéis ú lelu!

¡Prencipinu...benvidu, amiguiñu!

*Textu en lagarteiru pul cortesía de Sivirinu López (As Ellas).
......"

4/25/2006

Love me tender, love sweet, never let me go.


Xa todos teremos oído falar da fibromialxia, ese síndrome ou, como refiren por aí moi ben, entidade de etioloxía idiopática-descoñecida que afecta a un 2% da poboación, que se caracteriza por unha dor músculo-esquelética crónica. Sempre me chamou moito a atención porque ata o de agora non hai probas clínicas coas que confirmar o diagnóstico, co cal non é considerada enfermidade e si un síndrome (un conxunto de signos e síntomas).

E como non lle vou descubrir nada a ninguén pois comentar algo curioso: o transtorno de conversión, que é cando a nosa cabeciña expresa as súas cousas afectando ao noso corpo acabando nun estado nada saludable, similar á somatización, so que as conversións seméllanse máis aos procesos neurolóxicos. Hoxe falamos destes transtornos pero fai un tempo falaban de histeria cuns tratamentos que calquera rexeitaría e a conto de todo isto, cos avances da ciencia, resulta que os transtornos de conversión que antes se manifestaban en forma de cegueira, parálise dalgún membro etc comezaron a non ser tan frecuentes, posto que xa se podía saber se o problema era real ou non.

Hai por aí varios estudios sobre se a fibromialxia pode ser unha manifestación dalgún transtorno psicolóxico-psiquiátrico, o cal seguro que pode molestar a quen a sufre.

De momento quedamos co que di o American College of Rheumatology sobre os criterios diagnósticos.

4/21/2006

Proposta para o domingo


Ademais de ir de paseo polas librarías o que queira que se anime: de 11:00 a 13:00 na Praza de María Pita a inchar globos e a botalos logo ao aire (esperemos que o tempiño acompañe). Se precisas dun motivo máis para volver a ser un neniño, pois aledarás a moita xente.

Sooooooooooooooooooooooopla!!!!! E se non creo que tamén teñen bombonas de helio (e venme á cabeza O demo me leve) .

Ale, que nos vemos.

4/20/2006

Noxo de día

Se todo pode empeorar, empeora.

4/18/2006

A única conclusión é morrer. Álvaro de Campos.


Cheguei e metéuseme a tristura no corpo, dei en pensar que era unha cidade vella, case decadente e algo anacrónica.




Despois funlle descobrindo as cousas que a fan tan bonita, tan maxestuosa e tan apetecible.


Que tamén é unha cidade coa súa historia e cos seus lugares.


E que merecería a pena voltar, sentar a tomar outro café, facerse larpeira cos seus doces e disfrutala aínda máis. Voltar anque fose distinta.

4/11/2006

Peninsuleando II

Pasadomañá iremos cara aquí, faremos caso dos consellos dados no seu momento por hojasdehierba e tentaremos pasalo o mellor posible.

Hoxe foi un día raro, dixéronme no traballo que dentro do meu horario de traballo gardase tódolos días 20 minutos para o café. Non me disgustou a idea.

Bicos para todos e que pasedes moi bos días.

4/10/2006

Outro trío

Un.

Seguindo coas calesas sevillanas, historia real dun médico gordo abondo de Badajoz. O señor da calesa cando ve que se vai montar vai e dille:"Haga usted el favor de ir por detrás que no lo vea el caballo"

Dous.

Na City do Sir, un can ladrando a rabiar e o dono sentado nun banco mirando para os que pasan e dando explicacións: "É que acaba de pasar un neghro e non os aghuanta."

Tres.

(Chaman ao teléfono)- Torre a caballo y mate.(Colgan)
(Devolvendo chamada)-D4 tocado y hundido.(Colgamos)

4/06/2006

Interacción

Dixen que lle había de tirar unha foto ás cascudas e así foi...saiu mal, admito que me daba vergoña, pero cando digo algo procuro facelo. Á honra do Inseminario.