5/30/2006

O tempo pasa e non se detén

Frases escoitadas no día de hoxe:

1. "Ti busca un perdidiño coma min!"
2. "A ti o que che convén é un coma Barrié, cun ollo pra riba e outro pra baixo e un dente de medio lado"
3. "A ver, non berres e confesa, canto pasamos dos 30?"

E ben, todo isto ía con idea de falar do Isaac, pero pouco poido dicir, so que ten a miña simpatía.




"QUERIDO CASTELAO:

Hola: Gostaríame que me fixeras un cadro e un conto.
Nas cidades xa non se rin de nós se falamos o galego. Eu falo galego e a miña familia tamén. Nas escolas de Trasmonte falase o galego." Inés,6 anos.

5/24/2006

Intercalando pensamentos


" -Collemos aire e ao soltar levamos unha rodilla ao peito colléndoa cos
brazos. Estiramos e repetimos coa outra. Imos alternando as pernas.
- Intercalando non?
-Non rapaz, alternándoas.-pensamento interno."


Acabo de cruzarme cun militar. Un rapaz, bótolle 20 anos ou un máis ou un menos. Ía cargadiño cunha mochila enorme, coa bandeiriña de España na manga esquerda que a dereita non lla vin.
(Esto non é vida, esto é un vidón.) Non é que coñecese eu moitos militares pero ata o de agora todos me caeron moi ben, todos xente nova e que cando o contaban miraban con recelo a ver que expresión surxía da cara do intelocutor. Este rapaz, camiñando sosiño pola city adiante tamén me caeu ben, levaba os auriculares postos. Os uniformes sempre quedan ben e a min o militar gústame.

Lembro dun rapaz ao que destinaran daquela a Irak, 2003, verán nada tórrido en comparanza co deserto.(Nun velatorio, un mirando para o morto: Ai, e non somos nada. Outro: Nós tampouco, pero dixeron que daban pastas e café...!) Tamén me gustara a equipación que lle deran, sobre todo as gafas. E de deserto a proximidades de deserto quédome coas bonecas lexionarias que meu padriño me mandara cando estivo en Melilla, bonecas que non sei onde están pero que penso buscar no faiado da casa.( Un negro atopa unha lámpada marabillosa e pide un desexo: quero ser branco e que as mulleres se senten riba de min. E convertiuse nun bidé.)

Despois ben pensado o exército non está tan ben, non ten nada que ver con esas batallas medievais, nin esas cargas míticas que rematan en victorias lendarias e os soldados so se convirten en números. (Hai poucos Hanorinos e Edonis eh?). O único que estaría ben sería facer a mili sabendo que nunca vas ter que utilizar eses coñecementos, ir de maniobras, manexar tanques e compartir cuartel por saber o que é eso.

Cousas que acuden á cabeza: Tigerland, La delgada línea roja, Apocalipsis now, El húsar, Al fondo Eger, El señor de los Anillos.
Hai outras que tamén acoden...

5/21/2006

Vai de volta

Porque onte fixen que uns amigos arxentinos aturaran Eurovisión (satisfeitos todos co resultado e bocas abertas deles por non entender como ABBA, Céline Dion, Julio Iglesias, Nana Mouskouri, Olivia Newton-John ou a canción "A-ba-ni-bi" e outras tantas son parte do festival), hoxe imos disfrutar coa súa publicidade. Tremendos.

5/19/2006

Non premas esa tecla



















Se me chega a pasar o de hoxe nunha noite desas nas que un ve doble, estou segura de que a cousa remataría fatal.

Imos para o caixeiro, metemos a tarxeta, lembramos o número secreto e quitamos cartos. Pois Caixa Galicia tenche a alegría do día reservada:
"Caixa Galicia pone a su disposición hasta 3000 euros que le pueden ser abonados a su cuenta ahora mismo".

Xúrovos que o tiven que ler varias veces antes de non darlle a aceptar, era unha trampa.

E ben, todo isto viña a conto de que eu non son moito de utilizar tarxetas, quedoume ese costume ancestral de gardar os cartos na casa, miña avoa gardáraos nun bote de Cola-Cao dunha vez e cando fixeron a casa nova xa non sabía onde os metera, aínda creo que é hoxe o día no que os herdeiros estamos pensando no bote.

Sacaríalle unha foto ao meu "bote de Cola-Cao" pero confiscáronme a cámara, así que vamos a xogar ás agachadas.

5/17/2006

O día

E este é o abrente dun novo día.

5/16/2006

Anotacións previas ao día D


A risco de quedar como unha pailana e demais calificativos, vou dicir que na miña memoria so quedou o nome dun escritor ao que lle adicaron o Día das Letras Galegas. Ese home foi Luís Pimentel, ano 1990. Lémbrome del porque lle fixen un retrato precioso naquela época por recomendación do mestre (escolas unitarias) que tiña daquela.

Non hai conclusión posible, se acaso a que se poida sacar da que fan aquí e dado que a lingua é miña e é túa, fagamos o propio: falemos galego e comámonos a beixos.

Hoxe escoitei a unha nena polos altofalantes dun colexio contando que mañá lle adicaban o Día a Manuel Lugrís, foi bonito ir camiñando pola rúa e escoitar esas verbas.

5/15/2006

Fly me to the moon...

Hello, my friends! Na búsqueda está a felicidade e no achádego tamén. Recibín hoxe un correo de alguén que non coñezo e que veu de visita esta fin de semana á cidade onde moro lembrándose de min (hai unha ponte entre Vigo e A Coruña, está claro). Deixaba claras instruccións do que tiña que recoller e das coordenadas do sitio a onde tiña que ir. Pasei todo o día expectante e agardando saír pronto do traballo, e veño de recoller o presente. Música!!

Servando e contradança que escoitarei máis adiante e unha escolla propia de moitas cancións das que ando a escoitar "As sete mulheres do Minho" cantada por Dulce Pontes (e que xa escoitara nas mozas de Faltriqueira, regalo doutro tempo)

O mellor de todo é que tiña moitas ganas de contárvolo.
Ains, fly me to the moon, and let me play among the stars...andívome esta canción todo o día na cabeza.

5/13/2006

Imos facer algo



Onte chegoume ao correo da casa unha carta de Médicos Sen Fronteiras cun Muac destes (Mid Upper Arm Circunference) que mide o grao de desnutrición dos nenos. O que teño eu ten catro cores: vermella, laranxa, marela e verde. Na zona que abarca a circunferencia vermella so me entran dous dedos...pois un braciño que abultase coma os meus dedos índice e corazón sería o de un neno moi desnutrido e con moito risco de morrer.
Non sei como chegou esta carta a min, pero pensando no post anterior, misioneira non serei pero tampouco mala persoa.

Despois sobre o que moitos pensamos, se a axuda chega ou non chega...ten que chegar!

5/09/2006

Pecadores


Creo que temos moitas facetas no nóso interior e a min estanme vendo trazas de sectaria. Non por nada, pero é que tódolos testigos de Xehová me paran sempre na rúa, e a pesar do que poida parecer vou sempre andando con cara de malas pulgas e dunha vez case me espeto contra as portas automáticas da estación de RENFE da Coruña porque tiña máis présa eu ca elas, factores que supoño tiran para atrás cando queres parar a alguén. Pois non, sempre me paran e sempre lles paro.

Polo xeral e por recomendación temperá dalguén, ao chegar á casa deixo os folletiños tirados por aí e cando toca recoller a casa, van dereitos ao lixo sen prestarlles máis atención. Hoxe foi distinto non sei por que. E ben, corto e pego o que máis me chamou a atencion:

"Localizar amigos por Internet provoca escalada de divorcios

Los sitios de Internet que permiten el reencuentro de antiguos compañeros de estudios están "provocando una oleada de separaciones matrimoniales a medida que los cónyuges, aburridos el uno del otro, encuentran a sus antiguos enamorados", señala el semanario Guardian Weekly, de Gran Bretaña. Sobre el efecto que este fenómeno tiene en el índice de divorcios del país (que para 2004 alcanzó su punto más alto en los últimos siete años), la portavoz de la organización de asesoría matrimonial Relate, Christine Northam, comentó: "Una gran cantidad de personas guardan un grato recuerdo de su primer amor de la escuela o la universidad, y si non están contentos con su pareja actual, comienzan a preguntarse qué habría pasado si se hubieran quedado con aquel primer amor". El periódico indica que jamás había sido tan fácil que un cónyuge descontento "se conectara a Internet en busca de un ididlio, en lugar de resolver los problemas emocionales del matrimonio"."

Acabo de darme conta de que a revistiña é de outubro de 2005, novas resesas pero á vez supoño que actuais. Dá igual, eu sigo citando cousas da revistiña esta (¡Despertad! 22 outubro 2005) porque ten uns puntos curiosos.

"Si tu pierdes tu valioso tiempo conversando en Internet, es posible que tú también te estés aislando de las personas que más te importan. La Biblia nos da esta oportuna advertencia: "El que se aísla buscará su propio anhelo egoísta; contra toda sabiduría práctica estallará"(Proverbios 18:1). Los extraños que encuentres en las salas de charla difícilmente te alentarán a vivir en armonía con la sabiduría práctica que se halla en la Biblia. Más bien, te animarán a que satisfagas deseos egoístas y a que rompas con las normas morales cristianas."

"Sin embargo, pregúntate: "¿Me conocen de verdad la gente con la que converso en los chats? ¿Se interesan en mi bienestar a largo plazo?" "

"A pesar de que fueron escritas hace miles de años, las palabras del sabio rey Salomón encajan muy bien con los peligros que encierran las salas de charla: "Sagaz es el que ha visto la calamidad y procede a ocultarse, pero los inexpertos han pasado adelante y tienen que sufrir la pena"(Proverbios 22:3)"

E para acabar de convencerme de que a apostasía non foi boa opción, sempre quedarei con isto.

Estoume metendo medo.