3/22/2009

Microblogueando

Twouble with Twitters


Visto no twitter de Pablo.

Case que non utilizo o twitter para nada, infrautilízoo.

Ao mesmo tempo admírome das súas posibilidades. Hai quen nestes intres está lendo Rayuela de Cortázar a través de http://twitter.com/rayuela ou seguindo a Romeo e Xulieta. Mesmo xa hai quen escribiu novelas neste formato e no 2008 houbo un concurso de relatos de ciencia ficción: http://twitter.com/scifitwit.

Xa todo está inventado e reformulado, así que so queda probar.



Remorsos e inseguridades

Isto escribiuno Huxley como prólogo de Un mundo feliz, un mundo cheo de soma, de felicidade, de ausencia de pensamento, de dor...

"El remordimiento, y en ello coinciden todos los moralistas, es un sentimiento sumamente indeseable. Si has obrado mal, arrepiéntete, enmienda tus yerros en lo posible y esfuérzate por comportarte mejor la próxima vez. Pero en ningún caso debes llevar a cabo una morosa meditación sobre tus faltas. Revolcarte en el fango no es la mejor manera de limpiarse.

Tambien el arte tiene su moral, y muchas de las reglas de esta moral son las mismas de la ética corriente, o al menos análogas a ellas. El remordimiento, por ejemplo, es tan indeseable en relación con nuestra creación artística como en relación con las malas acciones. En el futuro, la maldad debe ser perseguida, reconocida, y, en lo posible, evitada. Arrepentirse de los errores literarios cometidos hace veinte años, intentar enmendar una obra fallida para darle la perfección que no logró en su primera ejecución, perder los años de la madurez en el intento de corregir los pecados artísticos cometidos y legados por esta persona ajena que fue uno mismo en la juventud, todo ello, sin duda, es vano y fútil. De aquí que este nuevo Un mundo feliz sea exactamente igual al viejo. Sus defectos como obra de arte son considerables; mas para corregirlos debería haber vuelto a escribir el libro, y al hacerlo, como un hombre mayor, como otra persona que soy, probablemente hubiese soslayado no sólo algunha sde las faltas de la obra, sino también algunos de los méritos que poseyera originalmente. Así, resistiendo la tentación de revolcarme en los remordimientos artísticos, prefiero dejar tal como está lo bueno y lo malo del libro y pensar en otra cosa."


Salvando enormes distancias, tamén vou deixar as cousas como máis ou menos estaban e pensar noutra cousa...iso si, decidín amosar a inseguridade e os remorsos que pesan sobre a "obra fallida". Teñan clemencia.


3/21/2009

Freud e o galego

Leo en Vieiros a nova: Entre 1992 e 2004 duplicouse o número de monolingües en castelán.

Bótolle unha ollada ao ultimísimo Mapa Sociolingüístico de Galicia da RAG, o de hai 5 anos.

Veña, admitámolo, nunca Freud foi tan atractivo.




Relax & unwind with the father of psychoanalysis himself!
Wind it up in the back and an old-fashioned music box plays the song 'Memories' (The Way We Were)!
100% Cotton.


Atopado en The Unemployed Philosophers Guild.


3/19/2009

Pabillón psiquiátrico



Esta foto de Cortázar é obra de Sara Facio. Colaboraron xuntos polo menos en dúas obras e é así como comeza Pabillón psiquiátrico.

Remata con Agustín Fernández Paz, como non.




2/15/2009

Lalín Pork Art

A Lalín Pork Art(pdf), ao igual que a Cow Parade, parécenme moi boas ideas, danlle un "algo" distinto ás cidades e, nestas datas, o porco é indispensable para un bo cocido e Lalín o mellor sitio para ir comelo.

Dorvisou xa fotografara algúns destes exemplares cando estiveran expostos o ano pasado en Compostela, o de Paco Lareo, o de Armindo Salgueiro e o de José A. Fondevila García que foi o que máis lle debeu gustar ao alcalde José Crespo, xa que mesmo aparece ao seu carón no folleto de presentación.



Ao meu ver non é a mellor fotografía para un alcalde, pero é entroido e todo vale.


2/07/2009

Unha de arte urbana

Bansky, Dolk...quedo con nin9, un rapaz da Coruña que fai marabillas co estarcido. Participou no 2007 no proxecto Galeria Oberta en Barcelona, na oitava edición do Marisquiño, no Artec 8/800 Ltd Edition na Coruña, a rúa comezou a facérselle pequena e os seus traballos puidéronse ver en varias exposicións, agora mesmo na tenda Westpeak en Vigo. Para quen queira máis, eBay é unha opción e outra pasarse por aquí:

http://www.flickr.com/photos/nin9/

http://www.fotolog.com/nin9

e ver a paciencia que hai que ter para facer estas marabillas:

nin9 stencil cutting













2/03/2009

Recuncando no "Eu sei" e meme (se queredes)

Eu sei que no ano 2000 os adxudicatarios das obras do tramo da alta velocidade que queda a carón da miña casa foron OHL e a súa filial Guinovart & Obras y Servicios Hispania, pertencentes ao GRUPO VILLAR MIR. Villar Mir, famoso de xeito vergoñento e con atisbos de corrupción polo caso da mina de Serrabal. Dubido que este home sufrise as consecuencias do seu comportamento. As obras finalizaron no 2005. Tiveron que facer un túnel e durante días, ás 3 da mañá, os cristais das ventás tremeron por mor dos estoupidos. Cando menos non houbo fendas nas casas cercanas, pero o descanso dos veciños rompeuse esas noites. Tiveron que facer pontes para o paso das carreteras por riba das novas vías. Unha delas tirárona 2 veces porque o terreo non aguantaba, anque os estudos xeolóxicos tiñan moi claro que si. Á terceira foi a vencida, pero estiñaron as fontes todas que alí había canalizando as augas subterráneas cara o río. Manaron anos e o tren xa non para na miña casa.

O río que pasa a carón da miña casa é o Lengüelle. Ven de Cerceda, onde está Sogama, onde está Areosa, onde está Danigal. Sempre considerei á auga do río, a das fontes, unha das cousas máis sagradas do mundo: sei a forza que ten cando hai enchentes, da beleza en primavera mentres andamos a pescar e sei dos veráns con risos nas súas augas frías. Sei que o que se facía en Sogama (a da Xunta, a de Fenosa), río arriba, era contaminar as augas que pasan a carón da casa. Sei que os responsables botan terra por riba da porcallada pensando que se continúan agachando os feitos, non imos pedir explicacións. O que non saben é que a auga na que lavan despois as mans está tan contaminada coma o Lengüelle o estivo en cada verquido e os responsables deberían, metaforicamente, estar coma as troitas eses días: mortos.

Dóeme a cabeza e penso nas pílulas enterradas en Cerceda, penso nos hospitais. A semana pasada foi de infarto: de urxencias no aínda chamado Juan Canalejo a urxencias no CHUS en Santiago, foi neste último onde vin unha situación deprimente: cortinas suxas manchadas de sangue, o barullo da feira e móbiles soando diante de cartaces que pregaban silencio e teléfonos apagados. Os familiares campando a pracer por urxencias, facendo de enfermeiros dos pacientes diante de cartaces nas paredes denunciando a diminución do persoal de urxencias. Sei que é deprimente, sei que é de vergoña, sei que me estou enfadando.

Sei tamén que me enfadei hai uns días. Cando acudín a unha ortopedia solicitando unha serie de aparellos precisos para o meu traballo. Cando me dixeron que non oíran falar diso na súa vida e que o que pedía non existía. Cando insistín, cando lle repito o nome dos aparellos e cando San Google lles amosa que si existe o que quero. E enfadeime cando tentaron camuflar a súa ignorancia, a súa pouca profesionalidade, a súa falta de humildade contestándome: "Claro, es que como lo dijiste en gallego...". Realmente estáballe pedindo as cousas polo seu nome comercial, o seu nome en inglés. Sei que hai quen non soporta que faga a miña vida en galego con normalidade e sei que son intransixentes, totalitarios e irrespetuosos para comigo.

Isto é o único que eu sei de primeira man, pouco, pero seino. Quen goberne ten que saber para quen e onde vai gobernar e ter claro que é unha responsabilidade.

E ti que sabes? Máis ca min, supoño.