4/29/2006

Su, temos que falar.



SMS recibido: "Boas, a que andas? Eu estou de finde en tal sitio e acabo de descubrir que temos outro amigo en común! Un tal fulanito co que coincidiches nun casamento. E non me contaches nada!"

SMS respostado: "E onde demos queda tal sitio? E j...er cos amigos en común hahaha dille se aínda ten o tacón do meu zapato....Dios, aínda estou flipando, un bico pa cada un !"

Nena, aínda que non nos vemos moi a miúdo, está visto que acabamos coñecendo ás mesmas persoas e o conto é que xa van varias veces que pasa o mesmo...coma nos chistes de Chiquito: uno que llega jaaarl!. E resulta que te/me coñece.



Pedazo bodorrio, por certo.

4 comentários:

estibaliz... disse...

Qué linda imaxe (e coincidencia). Parecen os zapatos da menor das doce princesas bailarinas despois dunha noite destas de nunca acabar.

Moi suxestivo. De verdade.

Tamén a historia.

besbe disse...

Ola estibaliz... si que foi unha noite de moito bailar :)
Señor niño de la guía hai historias que non valen para ser contadas por aquí, mellor quedar co que di estibaliz e que cada un faga as súas propias suposicións.
Bicos!
(Non había sitio no taxi que chamamos para volver para casa para todas, e as miñas amiguirmas ,que son tan boas, de seguido me empuxaron cara o rapaz en cuestión que xa se ofrecera a levarme a casa...to be continued)

besbe disse...

Seguinte capítulo esta fin de semana na festa da troita en Sigüeiro (concello de Oroso).

besbe disse...

Si, xoguetebasura, xusto neso andamos a facer pesquisas (www.seisgraosdeseparación.blogspot.com)
Espero que chegue a bo porto o experimento, porque na vida real si que se dan feitos que constatan o feito :)
Un gran saúdo e bicos, que hoxe ando agarimosa.