Mostrar mensagens com a etiqueta viaxes. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta viaxes. Mostrar todas as mensagens

9/03/2007

Ons



Nunca vira unha lúa tan bonita.
Só por iso, gracias.

8/26/2007

Rematando

Unha semana máis e rematan as vacacións. Íllome, literalmente.

5/22/2007

Momento introspección

Fomos ás troitas a Brandomil



Despois diso dixéronme algo que me lembrou a "coma os caranguejos vou para atrás..."



E sigo chantada no p... medio

9/27/2006

Landras en Madrid ou "E ti de onde es?"


De todo o que podía contar da estancia madrileira so vou dicir que se me esqueceron uns pantalóns no sitio no que me hospedei (trato impagable, por certo) e non foron os que tiña postos este día:


O Retiro está cheo de castañas de Indias, pero xa levaba unha no bolso da fin de semana pasada e, como sempre dixen, que viva o producto nacional. De feito, na horta que teñen no Real Xardín Botánico hai "coles gallegas" e "grelos de Santiago"(estes últimos mellor pillalos en Ordes)...eu collín unha landra do chan.

O conto é que iamos a un congreso e aí van unhas cantas ligazóns:

MS Madrid 06

AEDEM-COCENFE

FELEM

ms-network

Saúdos xa dende a casa y que bien nos lo pasamos.

9/18/2006

Un domingo calquera



Como o sábado nin fun ver a Fanfare Ciocarlia no Reperkusión, nin a The Homens en Desarmando Teo en vez de amargarme de mala maneira, o domingo arrancamos uns cantos cara Monforte de Lemos, máis que nada, para dicir que non somos dalí.






Despois de andar un pouco pola cidade, collemos cara o embalse de Belesar onde paramos na praia de Cobas. Despois veu o rallie do día, en Chantada vimos que por alí preto había unha fervenza (da que agora non me lembro o nome) pero non demos con ela, chegamos a Os Peares e fomos dar a volta a Coles, á beiriña de Ourense xa. Pasar, pasámolo ben, que é o que conta.



Así por contar algo máis, déixovos cun resumo de "La novia cadáver" escoitado na mesa do lado nunha cafetería onde estaban dous matrimonios con nenas de 3 a 5 anos. A máis pequena quería ver un pouco da película ao volver a casa e cando lle preguntan de que vai, non sabe ben que dicir, entón o pai explícallo á outra mamá que preguntou:

" Va de un hombre que se casa con la misma mujer que es cadáver, pero en el futuro, sólo que el no lo sabe."-ante isto, a muller acude na súa axuda- " Se casan porque no pronunció las palabras que tenía que decir en la boda."- e o pai volve á carga- " Como ves es algo complicada, no creo que Alicia la entienda bien."

E a foto dentro da foto de arriba é do Wildlife Photographer of the Year exposición que vai estar en Pontevedra e que xa estivo na Casa dos Peixes da Coruña que resulta que tamén ten flickr.

6/12/2006

Peninsuleando III

O último que vin antes de ir cara alá, foi un documental do David Attenborough sobre os mamíferos. Entón:

1. Desta viaxe non hai fotografías, foi destas veces nas que unha está tan a gusto que sabe nunca se lle esquecerán as cousas que lle pasen e prefire gardalas na memoria.

2. Gustei de saber como é a vida doutros mamíferos noutros lugares.

3. E si, pensei que a cidade non me ía gustar, pero anque fose así...que gusto verte!

"Willkommen, bienvenue, welcome!
Fremde, etranger, stranger.
Gluklich zu sehen, je suis enchante,
Happy to see you, bleibe, reste, stay.

Willkommen, bienvenue, welcome
Im Cabaret, au Cabaret, to Cabaret."


Ah, esquecíaseme, fixen bookcrossing sen querer.

4/18/2006

A única conclusión é morrer. Álvaro de Campos.


Cheguei e metéuseme a tristura no corpo, dei en pensar que era unha cidade vella, case decadente e algo anacrónica.




Despois funlle descobrindo as cousas que a fan tan bonita, tan maxestuosa e tan apetecible.


Que tamén é unha cidade coa súa historia e cos seus lugares.


E que merecería a pena voltar, sentar a tomar outro café, facerse larpeira cos seus doces e disfrutala aínda máis. Voltar anque fose distinta.

4/05/2006

Tres historias, tres.

Unha.

Dous norteamericanos chegan a Sevilla a visitala, a muller de 150 kilos e o home un pouco máis, e como facía unha calor que tumbaba, montáronse nunha calesa, o cabalo a pouco cae do susto. Dinlle ao señor:"Hello...tú enseñar...enseñar Sevilla nosotros", "Si, hombre, como no!". E alá van os dous norteamericanos, o sevillano e o cabalo de percorrido turístico, que se aquí esto que se aquí o outro e pasan por tódolos sitios habidos e por haber e cando rematan o itinerario o sevillano vai e dilles:" Son siencuatromil peseta". O norteamericano que tonto non era di: "Excuse me, tú enseñar...enseñar tarifa" ao cal o retranqueiro do sevillano vai e dille:"¿Tarifa?¡¡Tú lo que quieres es que se me muera el caballo!!".

Dúas.

Había un canciño palleirán pola rúa arriba de enfrente da Giralda ao que lle gustaban as cadelas grandes e el era pequeniño, pequeniño...e o único que lle gustaba eran as cadelazas así de bo ver. Como non lles daba feito sempre as camelaba, ladraba aquí, ladraba alá, trababa amodiño noutro lado e íaas levando para a porta dunha casa de alí. Nesa porta había un escalón (un chanzo grande, vamos) e cando tiña a cadela en posición subíase a el e alí a montaba, poñía as patas de diante cruzadiñas por riba das mesmas da cadela e apretábaa forte e daquela xa a tiña onde a quería ter. E canto máis pelexaba a cadela, máis lle gustaba ao canciño e anque a cadela correse cabreada o canciño sempre ía anoado a ela. E o canciño sempre pasaba tantos traballos ladrando e mordendo porque a el so lle gustaban as cadelas grandes.

Tres.

A versión oficial e a que me contaron: Susana era unha moza moi fermosa, das que nunca se viron, e de tan fermosa que era ao pé do seu balcón houbo pelexas e pelexas de pretendentes, vertiuse moito sangue no nome da beleza de Susona e a ela mesmo lle gustaban esas loitas polo seu amor, sabíase bonita. Pasou o tempo e Susona envelleceu e a súa cara encheuse de arrugas e a beleza esvaíase por momentos, daquela douse de conta de que a fermosura exterior era algo enganoso, que o único que importaba era a cara que non todos poden ver a cal perduraba para sempre. Arrepentida dos crimes amorosos e ciumentos cometidos no seu nome dixo que cando morrera quería que o seu cranio fose pinchado debaixo do seu balcón para que ninguén esquecese iso.

Anotacións a pé de páxina:
1. Esta cidade alcolízame.
2. O de que as casas non sobrepasen os 3 pisos (na zona máis antiga) para que poidas ver a Giralda é moi boa idea, a ver eses plans urbanísticos dalgún sitio.
3. Quedoume a curiosidade do "a pesares de..."

4/04/2006

¿Que se o pasei ben?

Ten unha cor especial.


Ten o seu duende.


Gostei da súa xente.



E todo a eito ule a azahar.

Si, paseino moi ben.

3/28/2006

Peninsuleando


Mañá irei cara .
A primeira foto para quen lle gusten as postais.

2/10/2006

Tempo de estorniños

Non é que vira ningún, pero decateime pola cantidade de cagadas que hai na rúa. Moitas. Creo que pombas e gaivotas xuntas non dan feito tanto desperdicio.

Pensando en paxaros, lémbrome dos meus primeiros avistamentos emocionantes: un martiño pescador e unha garza real pretiño de O Barqueiro.

Ás veces é que non nos damos conta nin do que temos diante.