5/18/2007

Projecto Mourente na NASA

Xa está máis que contado e recontado, pero é que o evento mereceuno.
Arume dos piñeiros anunciando
Apocalipse do porco 1
Apocalipse do porco 2
Modesto
A regueifa
O demo me leve
AK77
Moderno de merda
Retropower
Luis en tránsito

Re-editando, e vai el, e agradécenolo!! As gracias a ti!

Dende a Coruña fomos Sak, J. máis eu pensando que chegariamos tarde, pero gracias a que os artistas tiñan que cear chegamos máis que a tempo para o evento á sala NASA onde nos atopamos na entrada con Marinha mailo Artipractor (mil gracias e non sei cando nos perdimos a pista), Gustavo Harvey e sergio74. Entramos na NASA, onde nunca estivera antes e que me gustou moito e xa saudamos como poidemos á gran concentración de blogueiros que alí había: ghanito, fer, ifrit, Calidonia, ascárida, Modesto e zerovacas. Surtímonos das cervexas máis baratas que nunca vira e fomos meténdonos entre a xente (copio e pego palabras de AK77: nom entendo como a xente prefire estar apelotonada na metade da sala co bem que se estaba en primeira fila, ou na barra) para escoitar a Los Ruínes que, a min non me defraudaron e como dixo Marinha "que marcha teñen en Cerdido". Nun momento, non sei dicir cando tamén vimos a DJ Helena, a sabelaogrobe e a moita máis xente de Ferrol, misscorpse incluída.



Xa avanzaramos posicións daquela pero cando lles tocou o turno aos The Homens xa non estabamos en primeira fila se non en cuarta ou quinta pola cantidade de xente que se estaba achegando ao escenario. Alí foi cando vimos a xornalistinha por un lado e a Kate por outro. Antes de subir ao escenario Martiño xa dixera que "hoxe a estrela é Mourente" pero confirmamos que The Homens tamén levantaban expectación e as novas cancións que tocaron do seu próximo disco fixéronnos bailar a todos, rainha vermella e rapaza do arco incluídas. Nese intre acordámonos dos emigrados e mandamos cara as españas unha mensaxe tipo "Non sei se escoitaches pero era Sandra Dee dos Homens, que me acordei de ti, bicazos e non é por dar envexa é saudade de ti! bico!" ante o cal respostáronme como merecía.



E despois o noso benquerido Projecto Mourente, primeiro acompañado polos The Homens por iso de verse arroupado (digo eu) e despois el con Noelia que non deixou de bailar nin un so momento. Aquí xa non hai palabras e apareceron novos fans do Carlos, Brunhaven e Luís que transitaba adecuadamente na que polo visto era a súa primeira noite como dios manda despois de moito sufremento. Non hai palabras pero hai vídeos, coma os de Vincent Jalo, que tropecei con el e ben o vin. Despois de moitos temas, entre eles o mítico dos caranguejos, e de moito dar palmas e saltar saiu coma un campión a cantarnos o "Corpiño xeitoso". Xeitoso es ti, rapaz, que menudo concertazo que deches. Abofé que vai ser coma o dos Pistols en Manchester como ben dicían os rapaces da Asociación Xurásica.

Projecto Mourente-Como os caranguejos

Sei que había máis xente alí, como imos descubrindo co paso do tempo, entre eles AK77 presente nesta foto anque non sei cal será. W.Sobchak que sigue sendo un pendejo e non saúda, trivia, nimoi e xxxlurpia, non sei se foron, pero por Compostela adiante andaban.



Cando rematou todo nós fomos cara o Malas Pécoras onde atopamos con moita alegría ao Pastor eléctrico, a Mario e a case toda a xente que o sábado pasado estaba en Fene e non sei porque se lles dou a moitos por liscar pero eu fun detrás, cara a constante do Maycar mentres outro grupo se dirixía ao Tarasca. No Maycar atopamos a Mourente, xa máis relaxado e estivemos baila que te bailotea ata as tantas. Cando saímos eu tiven que marchar, non sen grande pesar, pero dame que xa quedaba moita xente a romper co que quedaba de noite no Ruta 66.

En definitiva, unha noitaza e noraboa a Mourente que observadores alleos a todo este tinglado que é o blogomillo confirmaron que os The Homens son bos e que a ver que era o que nos deran para estar tan eufóricos durante a actuación de Projecto Mourente. LK foi o que nos deron e moitas ganas de bailar.

Fotos de ghanito, todas toditas.

21 comentários:

Anónimo disse...

Para essa pséudo-borrachera que diziam que tinhas lembras bem a noite,eh? ;)
Acabamos bailando Dracula Ye-Ye e cousas polo estilo.

Vemo-nos em Vila Garcia!

besbe disse...

lembro máis e calo moito helena :P a ver se nos vemos o sábado ho!

Marinha de Allegue disse...

Foi unha noite fantástica de moito baile. O concerto foi xenial!!!.

Beijos linda.
:)

A rapaza do arco disse...

Unha auténtica pasada!! por moito que intentara imaxinar como sería antes de velo non podería pensar algo mellor do que foi :D
Estou desexando repetir

Anónimo disse...

Isso de pôr umha ligaçom para o meu myspace é "trampa" :P

An disse...

Vaxo que o paxachedes ben, saudos pois ;)

A Raíña Vermella disse...

Bailamos ata desfalecer no concerto, todas as expectativas foron sobrepasadas! Para a próxima a ver se me presentas a Sobchak e mais a AK77, que non tiña idea de que andiveran por alí. Foi unha mágoa perdernos de vista despois, nós descubrimos o Krooner, unha moi interesante alternativa á constante Maycar. Biquiños.

besbe disse...

marinha, xa quedaremos para devolverche o favor :) Vai facendo o clube de fans de Mourente xa!

arqueira, temos que presionalo porque foi espectacular que eu tampouco me imaxinaba que estaría todo tan ben por moito que supuxera. E pena de perdervos de vista despois do Malas...a noite confúndenos.

sabela, dillo a ghanito que foi el o que dou contigo :P

an eu máis que o podía pasar pero dende logo a noite non defraudou para nada, tenderetes da Alameda por festas da Ascensión incluídas :)

rainha, que son uns impresentables estes dous homes (Sobchak, AK77 daivos por aludidos)...que non dan a cara nin para atrás. O Krooner, a saber onde queda iso, xa nos levaredes de excursión un día, bicos bicos!

Anónimo disse...

Mágoa non saber que estaban dentro do Maycar, podería ter prolongado a noite un chisco ainda. E para a próxima procurarei non andar moi lonxe, que coñece a TODO o Blogomillo e eu non coñezo mais que a metade e hai moita xente á que quererería coñecer.
Mágoa non coincidir en Vilagarcía, pero así repartimos as crónicas XD

besbe disse...

E se merco cámara por fin, repartimos as fotos, que xa está ben de andar roubándoas por aí. E mágoa tamén esa división de grupos, anque supoño que ao ser tantos é lóxico :)

Bicos!

Prosciutto Mourente disse...

Que bem o passo bailando contigo! A passá-lo bem em Vilagarcia!

besbe disse...

E eu contigo neno, que das xenio e de novo parabéns que xa ves que arrasaches, J. flipou contigo e coa lexión de fans que arrastrabas, de feito hoxe andaba canturreando "coma os caraguejos vou pra´trás" e iso é todo un logro.

Vémonos e mil bicos prosciutto!!

Anónimo disse...

Xuventude...diviño tesouro.
Un saúdo.

Anónimo disse...

gracias mil polos teus consellos ..... a verdade e que paseino tan ben que case que nin me acordei do que ti sabes ( opps )

Unha aperta grande e un pracer ter falado contigo

Bicos

besbe disse...

anxo d e tan divino que o hai que aproveitar :)

luis, o pracer foi meu e alédome de que o opps estivese nun segundo ou terceiro ou cuarto plano. Para o que queiras xa sabes, apertas enormes :) (a túa nevera non me deixaba deixarche comentarios)

paideleo disse...

Non me canso de repetilo: o blogomillo non está morto...está de parranda.
Alédome.

Ra disse...

Jo...que bien lo pasais, Besbe! (Envidia sana sureña)
Bicazo

Roi Buligan disse...

Así que gran parte da tribu blogueira fica en Compostela...non coñecía a este Mourente e non está mal sóame algo Fangoria

sergio74 disse...

e verdade perdimonos pero bo xa atoparemos, jjejej. paseino xenial creo q temos un antes e un despois de esta tocada...... autentico..beijos e a ta pronto

Anónimo disse...

si oh andar andabamos, pero agas os primeiros temas dos ruines o impresentable1 + eu nom estivemos xuntos, encomendaranos misios etilicas de acoso e derribo.
pa proxima intentaremos facer o posible por darnos a conhecer,
e xa poderedes falar mal con conhecemento de causa....
pd- o krooner tache moi bem e mais tranki demomento co maykar e ruta.

besbe disse...

acedre tes toda a razón do mundo, enganouse o que quería finiquitar o blogomillo...de parranda andamos!

ra, a ver ti cando te pasas por aquí que xa sodes moitos os que andades polas aforas e tamén queremos que vos unades ás festas. bico.

ola roi buligan, nice to meet you. Creo que a tribu blogueira fica onde a queira que despois, anque compostela sexa o epicentro, andamos por aí ciscados. Si que recorda por momentos a Fangoria e nada, pasando para o clube de fans xa, saúdos e lémonos.

sabe dios onde andivestes sergio, o conto é que chegamos todos sans e salvos a onde tiñamos que chegar, vémonos!

:D Ak77 agardo que non mo tomasedes a mal pero é que sodes do que non hai,que seguro que estivemos ao ladiño (que a rainha vermella e a rapaza do arco tamén estaban alí en primeira fila) e nin nos enteramos. O do Walter xa non ten nome, pero bueno. Pois eso, agardaremos ao próximo encontro e bicos (e desculpas en caso de ser precisas)