5/24/2007

Outro casamento

E non é que non me gusten as vodas, so que non creo no amor eterno (a pesares do que poida parecer) ou algo así.



Pero casa outra boa amiga, que agardo que sexa a última, e ata nos dou o arrós para tirarlle, porque como ben dicía na invitación, ese día tírase calquera cousa, mesmo os tacóns dos zapatos.



O 30 de xuño a ver como rematamos e agardo librarme da despedida con boy que ao meu ver é un espectáculo algo denigrante.

18 comentários:

Anónimo disse...

Eu non fun nin á miña propia voda... é que así, solteiro, é doutro xeito. Eso sí, tiven que ir ó Xulgado a comparecer para anular o asunto. Non casedes, be free my friends.

O Breogán de Gáidil disse...

Pois eu penso que o amor eterno si existe, por "flágüer-págüer" que pareza. O temos dentro, só temos que atopar ás persoas axeitadas para descubrilo (xa sexan a parella, os amigos, a familia). Hai amigos que duran toda a vida, e iso é outra forma de amor eterno; hai parellas que desfrutan do sexo xuntos toda a vida, amais de seren amigos. Eu alomenos o sinto así... e non me deixo convencer por enganos hormonais pasaxeiros de uns poucos meses. Eu o vexo así.

besbe disse...

anxo d esa é unha historia digna de ser contada que me entrou unha curiosidade tremenda. Be free, totalmente dacordo, libres para facer o que nos pete.

o breogán, ao meu ver todo se gasta anque concordo contigo nos amigos que duran toda a vida (se de verdade o son) e no de disfrutar do sexo toda a vida (sexa cal sexa a relación que haxa por medio). Sobre o outro "amor", tal e como sempre foi visto, teño as miñas dúbidas e lamentablemente (ou afortunadamente) os enganos hormonais sempre son recibidos cos brazos abertos pola miña parte, que sempre queda algo deles.

A pirámide disse...

Sería lamentable que nos sentísemos atados por un certificado de matrimonio. Ter ou non un papel non creo que te faga máis libre. Desenganádevos.O que verdadeiramente te ata non é o matrimonio. É o santo sacramento da hipoteca (duns 15 a 50 anos).

Prosciutto Mourente disse...

Eu sempre encaro as vodas como um sofrimento pero depois sempre o acabo passando bárbaro... especialmente se hai vieiras e/ou cigalas no menu ;)

besbe disse...

a pirámide: toda a razón do mundo, que eu xa ando casada por ese santo sacramento que nomeas e cara finais de ano facemos un lustro de sagrada unión.

prosciutto a min pásame o mesmiño :D

Nuca disse...

Gostaría de centrar a atención no último parágrafo. Concordo no denigrante, patético, lamentable, abyecto, noxento costume das despedidas. Ainda que sempre foron así, dende que existe todo un sector comercial adicado a este tipo de festas a cousa está a chegar a cumios inimaxinables.
Non vaias a despedida. É o meu consello

besbe disse...

occam alédome que centraras a túa atención niso posto que é algo que me traía e trae de cabeza. Concordo contigo na visión sobre o tema porque anque nunca fun a ningunha, polo que me contaron despedidoras oficiais e xente que traballou en sitios onde se facían...tes razón, chégase a situacións insospeitadas.

Non irei, vaime costar un rapapolvos de coidado pero é que é superior a min.

David disse...

Pois eu fun fai pouco a unha voda dun primo meu, e espero non pillar outra en bastante tempo... As cancións que bailei alí deberían quedar desterradas da memoria de todos para sempre :D Con dicirche que bailei (con meu primo Aitor, por certo :D) a coreografía "oficial" de Y.M.C.A. xa cho digo todo... :P
PS: Quedas invitada no meu blogue a facer, se queres, un interesante meme :D

Torreira disse...

Bodas,bodas...menudo pesadelo!.Bico besbe

R.R. disse...

Apoio o das despedidas: para evitar a última á que me inventaron fíxenme unha ferida e deixei que se me infectara e se me puxese o pé coma un balón de fútbol. Todo por safar (Esaxero un algo).

Tocante ó das vodas, o home (ou muller, coma no meu caso) propón e Facenda dispón. A declaración conxunta ten un punto moi atractivo. Sempre nos quedará o sagrado sacramento do Santo Divorcio e algo máis de pelas nos petos (ou para a hipoteca). E, por suposto, a discreción na cerimonia. Non ten por qué sabelo ninguén.

Saúde.

Veloso disse...

Pois eu debo dicir que o pasei moi ben en case todas as vodas ás que fun. Onde haxa baile que conten comigo. E canto máis hortera mellor. A dos ríos de Babilonia de Boney M no casamento dos meus amigos Patricia e Alberto foi simplemente gloriosa.
Por certo, estaba pensando en meterme a boy para sacar unhas pelas, pero creo que o vou pensar mellor.

besbe disse...

david eu tamén agardo non pillar outra en ben tempo, sobre o das cancións...xa che dixen :D

torreira, toda a razón do mundo, penso que máis pesadelo é para os noivos á hora de organizalo todo porque é un comedeiro de cabeza que dura moito tempo. Bico de volta.

r.r. vou utilizar a mesma técnica (exaxearando menos)A min nin o de facenda me convence de todo, despois todo son líos, cantos menos papeis, mellor.

veloso, nada de boy, aínda facemos unha colecta en caso de ser necesario pero nos calzóns non che metemos os billetes :D Eu nas vodas pásoo ben, pero non é que me emocionen moito e aos bailes xa chega unha media daquela maneira e tenta manter o tipo e ser a última que quite os zapatos de tacón. Para esta a ver se atopo un calzado alternativo para a noite porque promete moita festa.

Saúdos!

R.R. disse...

Unha vez metidos no sarillo conxugal, outro bo sistema é, igual que os católicos que oran, repetirte unha pregaria:

¡Como quero eu a esta muller (ou home, según o caso) que está roncando aquí ao lado! (e engadir algúns motivos). xD

De momento, a min me funciona. Tan malo non é, ho...

besbe disse...

Quen estea comigo ha de ter que repetilo, porque din as malas linguas que ronco (non sempre) :D, é unha boa opción r.r.

Nuca disse...

Aconsello a R.R. argallar excusas menos dolorosas. Sempre se pode dicir que un é alérxico a jilipollez e non está vacinado, así que de asistiren á festa de despedida sairiallen máis graos que nunha paella.

Besbeliña, teñente que clarexar si son verdadeiramente ronquidos ou é só un respirar forte. A min acusábanme do primeiro, pero logo demostrouse que era o segundo

An disse...

non che sei se chegarei casar algunha vez, o que sei e que o ser humano non naceu pra ser monogamo, e eso co tempo notase :) un saudo

besbe disse...

occam poñerei unha grabadora para comprobalo por min mesma :D

an, toda la razón del mundo, que máis vou dicir. O conto é que sigue a ser un problema porque non sempre deixas/deixan/aceptan esa non monogamia.