
O venres na Capitol foi a noite de dous grupos grandes e que van dar moito que falar por aí adiante 6pm e Niño y Pistola. Tíñaos visto antes na Mardi Gras pero hai que dicir que a Capitol é o escenario que merecían eles e o que merecía o seu público para darse esa homenaxe acústica nunha sala practicamente chea. Os homes orquesta de 6pm fixeron delicias electrónicas paseándose no escenario entre cables, guitarras, acordeóns e demais instrumentos e fíxose curto o concerto e creo que todos escoitariamos mil veces máis temas como Crossfading Natures ou Homemade Screener.
6pm-Homemade Screener
Despois tocaron Niño y Pistola e de novo non defraudaron, a xente bailou ao son das notas e ven se ve que teñen lexión de fans que algunhas ata teñen coreografías para algunha canción e todo. Desta vez a súa "Dancing Queen" non foi a canción que pechou o concerto.
Niño y Pistola-Dancing Queen
Despois dunha ovación pedindo outra máis saíron e cantaron unha que non tiñan moi ensaiada pero que o público soubo agradecer destilando dobarrismo polas orellas "O tren", que xa se pode escoitar no seu myspace, foi coreada polos alí presentes deixándonos un sorriso na cara e unhas ganas tremendas de facernos xa con ese disco homenaxe a Andrés do Barro.
Foi unha noite moi bonita por ver como a Capitol estaba chea para ver a dous grupos galegos que han encherse de éxitos (6pm van ir ao Primavera Sound e Niño y Pistola xa andan dando concertos por toda a Península) polo mundo adiante. Eu polo menos quedei moi contenta e seguro que non fun a única igual de satisfeita. E aproveito de paso para dar gracias a ifrit e compañía (e que boa compañía) por aturar a miña presencia e foi unha pena que non poidesen quedar ata o final do concerto onde coincidín con outro coñecido máis.
Sem comentários:
Enviar um comentário