5/09/2007

Ladytroneando na Coruña

Despois das troitas lisérxicas, con ausencia de representantes da Madriña, de visitar amigas en Compostela e de coñecer a esas grandes persoas e mellores seres humanos que son Elianinha, o home de Hellboy e Chexire, onte tocou concerto again, ao remate do cal pillei o playlist en News Time Romans hételo aquí:



Foi unha noite ogrovita total sendo o nexo de unión SugarKane (ás veces non sei que faría sen ti, rapaz). E está claro que O Grove , que nunca saberei como se escribe correctamente, é un sitio distinto con grupos coma The Phantom Keys ou locais onde so hai que poñer a ourella para darse conta do bo gusto ogrovita, destacando Vado Permanente ou Vinilo: grandes, que son grandes. Outra ourella tiñámola posta no 14 (a partir de agora catorsse) coa honrosa presencia dos mariñeiros do navío. O concerto estivo xenial e o Playa petado e desta vez non houbo queixa de son, moi ben todo. A golpe de martes fomos de visita pola Coruña adiante con parada no Patachim e a botarlle un baile despois no Rock´n´Roll en pleno Orzán, así ata as catro da mañá que eran horas e ao día seguinte había que traballar (anque se por min fose aí quedaba toda a noite).

E está claro que Vigo queda cada día máis preto da Coruña porque alí atopamos a Ra (ese marabilloso nevero) e compañía onde se incluían aos rapaces de proxecto-ds. Encontros breves pero non por iso menos gratos.

Decirlle á xente de la baca pop, a ese dr. infarto, que foi unha pena que non poidesen vir que aquí tiñamos os brazos abertos e a Ladytron en concerto, para outra vez será, verdade?

Pouco máis que contar, agás que como ben dixen ante a pregunta das lentillas: quero crer que eses ollos son seus. Fermosas mulleres.

Ladytron-Evil


Crónica escuetísima que xa nos imos preparando para o venres na Capitol a ver a Niño y Pistola e a 6pm. Ifrit, estate alí e sorte este xoves con Cinema Friki nos premios de 20 minutos (Ballan the same wishes to you)!

De regalo para SugarKane por levarme de paseo:



Ai que noite tan bonita.

12 comentários:

Anónimo disse...

me voy celar

Anónimo disse...

Ladytron creo que tocan gratis en Xuño na Praza Maior en Salamanca, quen queira vir ten aloxamento :D

Anónimo disse...

joder, que enveja...

besbe disse...

a ver el que se cela,que de la cara.

Mmm Andrés, todo é ver a que data cae.

W. Sobchak :)

Anónimo disse...

molou mil!!!!!!!
eu tamén encantado de verte en directo.
se o sei, vou rockanrolear tamén ao orzán, que entre que uns marchaban a ferror e outra estaban mortas quedei a medias.
XDDDD

Anónimo disse...

hey,acho que nos conhecimos no taxi que nos levou a Patachim! ;)

besbe disse...

ei, creo que si ahahahahaha manterémonos en contacto digo eu :D Un pracer verte por aquí e que sorpresa!!!

Anónimo disse...

Eu penso que também estava no mesmo taxi ;)

besbe disse...

so falta que o taxista veña a dar fe diso :D

Anónimo disse...

Verdad, verdad ;)

Anónimo disse...

hola, pues yo soy el taxista y acabo de encontrar esta página. Sé que no creereis que me acuerde a estas alturas, pero es que es raro llevar gente tan guapa en el taxi, y eso es difícil de olvidar.

saludiños

besbe disse...

ahahaha en serio?? eu son unha inocente e vouno crer :D encantada de velo por aquí!!