5/05/2007

Troita, troita, troita!!!



Pois eso, XI Festa da Troita en Oroso . Esta noite andan as rapazas de Faltriqueira a tocar e tamén a Cristina Pato, non sei se poderei ir pero mañá seguro que ando a comer as ricas troitiñas. Invitados quedades que cunhas cerveciñas nos baretos do lugar (véxase Sigüeiro) hánvolas poñer de balde, 5.ooo kilos de troitas malo será que non cheguen.

E de paso, gracias a que mourullo mo lembrou, a Barciela é nosa!(bueno, un cacho)

5 comentários:

Anónimo disse...

Eu recomendo o concerto de Faltriqueira ;-)

besbe disse...

Ñe, pois podías vir que así facía un esforzo. E non digas que che queda lonxe, que o domingo quédache de camiño!

paideleo disse...

Pois desfruta da truita. Se se enteiran os americanos que hai festas onde dan cousas gratis e pode beberse alcol flipan.
Alédome de que acabases ben o Camiño sen bochas e con boas amistades.

A pirámide disse...

Pois o outro cacho da Barciela é dunha compa da Pirámide. Pero toda para vós que a nós non nos invitou.

besbe disse...

gracias acedre e non te chives aos americanos que se non xa temos invasión :D

a pirámide, moi mal moi mal ese compañeiro, ídelle pedindo xa a dimisión...a menos claro está, que vos tivese invitado á Santa Eufemia, que así si ten perdón. E que cousas, que que pretiño estamos todos.