5/06/2007

Soñan os androides con ovellas eléctricas?

Si, agora si que o fan gracias ao Apophysis creado por Mark Townsend e que ten a súa orixe no ano 92 cando Scott Graves se puxo a facer chamas fractais (fractal flames). É un software libre e hai un plug-in no gimp (tamén para Mac) que permite facer o mesmo. Outra opción é ir á páxina das ovellas eléctricas, onde tamén se pode descargar un salvapantallas de código aberto tamén que vai creando o que eles chaman ovellas, imaxes coma esta. Cada un vota pola súa preferida e esa perdurará e seguirase reproducindo seguindo un código xenético con mutacións incluídas.



E diredes, código xenético a conto de que? A conto da mesma esencia fractais e copio da wikipedia: os fractais veñen sendo obxectos xeométricos nos que a súa estructura básica se repite a diferentes escalas. Os fractais polo visto poden ser xerados por un proceso recursivo e producir estructuras auto-similares a eles independentemente da escala e son estructuras xeométricas que combinan irregularidade e estructura.

Os fractais están relacionados coa Teoría do Caos e lendo esta explicación quedoume todo moito máis claro e tamén esbocei un tremendo sorriso porque collendo unha frase do artigo parece ser que o caos da tanta liberdade que nada se organiza nin perdura e a orde é tan ríxida que non permite que nada interesante aconteza. O meu caos determinista ten o seu fundamento, e por terceira vez consecutiva teño que voltar a nomear a mourullo (porque o día que foramos a ver a Ballan a Pontevedra xa me tiña clasificada como determinista) e chiscarlle un ollo a outra persoa que eu me sei.



Pois para animar a cousa resulta que agora non flipamos por colores, agora alucinamos en fractais. Lendo este artigo do 2004 Neuroloxía, Filoxenia e Teoría do Caos que sei que lle ha de interesar á rainha vermella vou dar ao tema das drogas e resulta que eso, que alucinamos fractalmente e viría sendo algo así:

Alucinacións e música fractal-Hongo Psilocybe


Alucinando fractalmente co LSD

Eu non sei se será así pero dame a impresión que pode chegar a ser moi agobiante.

Máis fractais.
Artigo moi interesante sobre a teoría do caos.

Por certo, que pobres androides.

15 comentários:

O Breogán de Gáidil disse...

Sen ter demasiado que ver... a min pasóume cando xogaba aos videoxogos DOOM e Quake I, que de noite acababa soñando con eles. O chiste é que soñaba e víao todo en "1st Person Shooter" (é dicir, ves o que tes diante e o canón da túa arma) cos gráficos dos xogos... familia, colegas, Compostela. Era rarísimo e non o recomendo.
Un saúdo.

Prosciutto Mourente disse...

Essas representações fractais sempre me parecérom orgánicas, como imagens de células ou insectos raros vistos cum filtro LSD...

Anónimo disse...

Non hai nada que supere á alucinación fractal (ou non fractal) que produce o amor en todas as súas facetas, demostrado.

A pirámide disse...

De cousas así venme a min o da epilepsia. Xa flipo cos pantallas do windows media player...

Anónimo disse...

debe ser pola hora pero so atopo tentaculos de polbo.

TXARI disse...

haberá que probar ló...

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Ostias, Besbelliha, que tomaches polo camiño?

A Raíña Vermella disse...

Moitas grazas por alimentarme as filias, Besbe! Síntome como cando alguén che fai un agasallo e... acerta! Pois si que me interesa a teoría do caos, os fractais e as alucinacións psicodélicas. Aínda non lin o artigo polo miúdo, pero xa che contarei, polo momento promete. Encántame que a divulgación se espalle imparable polo mundoblog. Seguro que ao Pastor tamén lle mola este post. Un bico;)

Anónimo disse...

arume, pa min que foron as troitas do fin de semán (o ano que ven pasamos das nais, porque isto promete)!!!
A Madriña brinda polas troitas lisérxicas de Oroso

O pastor eléctrico disse...

Ops, pensei que me estaban a facer publicidade de balde...
O caso é que eu tiven unha época de tuzar (coido que é a palabra que mellor o describe) co gimp e andei moi entretido creando "ovellas"
Un aviso para os usuarios güindous: Hai un Gimp para winXP que vai de luxo.
Unha aperta.

besbe disse...

breogán, postos a soñar eu soño con xente de aquí: blogueiros, xente dos chats...é moi preocupante, temos que ir mirarnos.

Prosciutto, totalmente de acordo, de feito eu non vexo no video este do youtube máis ca polbos.

doutora seymour estou desexando que me cheguen ese tipo de alucinacións, que se vostede di que son boas, será certo :)

a pirámide entón non se recomenda a visión de fractalidades varias e non sei eu se certos locais nocturnos conveñen á saúde con eses xogos de luces tan psicodélicos.

ak, con fame ou sen fame eu vexo polbos e métenme algo de mal rollo no corpo. No a las setas alucinógenas, anque coas setas esas un colega dicía que vía pitufos por tódolos lados.

txari, que no!

arume efectivamente foron as troitas e os encontros na terceira fase que tiveron devandito día en Compostela :)

rainha, pois a poñerse ao tema que agora agardamos revisión do tema ou doutro calquera coa túa visión sempre tan interesante e divulgativa :)

Madriña, para o ano que ven agárdovos na troita. Non me faltar que xa vedes que é cousa boa. E as mamás hai que coidalas, así que este ano perdoados pola ausencia.

Pastor, case case que facendo o post moito pensei en ti e polo visto non andaba moi enganada :) A coidar do gando e gracias pola recomendación.

Bicos a todos e ando a mil (liserxicamente falando)

Anónimo disse...

Algún vota moitas horas xogando, e outros toman polbo pola noite e sen viño. Algún político tamén sabe destas cousas en primeira persoa, con viño e sen él, con armas de destrucción masiva ou con elas, con ETA e sen ela.

Mario disse...

Outro día que nos vexamos cóntolle a experiencia que tivemos un camarada e máis eu cos fractais eses e un viño que fai o meu avó (precia mímica).

besbe disse...

Anxo d, o polvo sen viño non se toma, igual é esa combinación que fai que algúns digan moitas parvadas xuntas. Encantada de verte por aquí, por certo.

Mario encantadísima de que chegue ese outro día e de escoitar eses contos :)

Anónimo disse...

Obrigado, Besbellinha, sempre que queiras.
E, o polbo gústame de todolos xeitos (igualiño que o polvo que, se vai con viño, polo efeto das endorfinas fará dar voltas ás catro neuronas da miña cabeza, esas mesmas que ás veces din parvadas).
Saúdos