5/31/2007

E se pillo un avión...


O outro día no fedello, falando xa non sei ben de que, Roi Buligan puxo esta ligazón . Xa sei de que falabamos, das súas fotografías no flickr. O conto é que me dou a venada, que é como acostumo a facer as cousas que son así pouco transcendentais, e acabo de mercar uns billetes de avión para a próxima fin de semana, o destino: Madrid.

Vou sosiña e con toda a intención de perderme no Reina Sofía e ver as miradas de

Henri Cartier-Bresson
Dora Maar
Man Ray
Jean Moral
André Kertész...entre outros

ou como din, facer un percorrido polas instantáneas máis representativas do Fondo de Fotografía da Colección Permanente da pinacoteca madrileira.

Man Ray-Woman with long hair, 1929



Xa sei que aquí tamén hai boas exposicións, coma a de Tamara de Lempicka ou a de Keith Haring, e non fai falla ir tan lonxe, pero doume por aí. E iso é bo, volvo tolear.

A frase de hoxe, a que dixo Picasso de Dora Maar: "La dejé por miedo. Dora ya estaba loca mucho antes de que enloqueciera de verdad".

13 comentários:

Nuca disse...

Aconséllote unha visita relaxada e reflexiva a mais de 200 anos de historia. É o pouco coñecido Real jardín Botánico http://www.rjb.csic.es/
unha das marabillas que temos nesta península tanto a nivel científico coma de sosego

besbe disse...

Gracias Occam, doutra vez que fun pasei por alí...se cadra volvo a facerlle unha visita aos grelos galegos que están alí plantados :)
E xa teño libro para ir ler alí, Herba Moura, que ni pintado.

Anónimo disse...

Está ben que voltes o teu estado natural de semitolería permanente :-)

Torreira disse...

A tolear,a tolear (eso non che esta nada mal como opción terapeutica besbe).Bicos

Ra disse...

Ayyyy....suerte la tuya, Besbe...A pasarlo bien!

Anónimo disse...

Aledamonos do teu regreso triunfal o teu estado natural.

Anónimo disse...

Una historia verídica (creeemos)sobre el triangulo Man Ray, John Lennon y Paul Auster.
Auster trabajó en una pequeña editora situada en un piso en NY city, cuando un dia sin previo aviso llegó por la puerta Lennon. Al abrir la puerta, se presentó:
-Hello, I´m John ( a lo que Auster contestó)
-Hello, I´m Paul
Nota. Lennon iba a comprar originales de Man Ray.
Azar,humor y casualidades (el alma mater de A Madriña)

Anónimo disse...

QUe envexa me das: a mín Madrid gústame. E moito. Non entendo a xenreira que lle dá a algún con aquel "poblachón manchego". Non esquezas que o Prado está de estreno e, sobre todo, non deixes de probar os churros na chocolatería de san Ginés. Á nosa saúde.

Roi Buligan disse...

Mágoa de que tolearas sen comentalo, ao mellor necesitabas un guia que coñecera ben a cidade...

A pirámide disse...

Vale. Desta vas, pero si che aplican a Lei de Estranjería, di que eres inmigrante cultural con abono de museos (teñen aí un baleiro lexislativo que non saben como meterlle o dente).
Ou senón di que vas da nosa parte, que aínda coñecemos a alguén de cando estaba Tierno Galván.

besbe disse...

ghanito :P

torreira, para min é a mellor :)

ra, a verdade fíxeno sen pensalo dúas veces e agardo pasalo ben, moitas gracias.

ak moi agradecida.

a madriña, as vosas casualidades sempre me gustan moito e seguro que é verídica a historia, ás veces danse situacións extrañas.

arume, a min Madrid tamén me gusta e non me dera conta do do Prado e xa me podes ir dicindo onde queda a chocolatería esa que sempre está ben coñecer sitios.

roi, toleo no momento e aínda vou para a seguinte finde que nesta quedábame moi xusto :)

a pirámide, vos estades en todo eh? pero tranquilos que non tiña idea de quedar co cal penso que non me han extraditar :)

Anónimo disse...

Pasadizo San Ginés, entre Arenal e Mayor. Perto da Porta do Sol e detrás de Joy Eslava, para entendermos.

besbe disse...

xa sei onde ir almorzar o domingo pola mañá, gracias arume :)