
Cheguei e metéuseme a tristura no corpo, dei en pensar que era unha cidade vella, case decadente e algo anacrónica.
Despois funlle descobrindo as cousas que a fan tan bonita, tan maxestuosa e tan apetecible.
Que tamén é unha cidade coa súa historia e cos seus lugares.
E que merecería a pena voltar, sentar a tomar outro café, facerse larpeira cos seus doces e disfrutala aínda máis. Voltar anque fose distinta.
8 comentários:
A fermosura de Lisboa baséase en parte no seu espírito decadente. Grazas por levarnos de viaxe e por amosarnos as fotos dos teus "peninsuleos".
grazas pola ollada!
parte do encanto de lisboa, e que ogallá non o perda, é ese espírito decadente, coma de bella gloria vida a menos. Sempre lle dixen que lle faltaba unha mao de pintura a unha boa parte dos predios. Que siga sendo así.
Apertas
Concordo con Veloso, decadente, sempre ten unha romántica decadencia. Que bos recordos desa cidade. As fotiños sonche ben lindas. Apretas
O da man de pintura é unha moi boa observación, sí ;).
Apertas.
Dis:
"Cheguei e metéuseme a tristura no corpo, dei en pensar que era unha cidade vella, case decadente e algo anacrónica".
¿Como, se non fose así, sería unha cidade tan fermosa, tan de camiñar, tan de recunchos "surpreendentes" e, ó mesmo tempo, a cuna do fado e a inspiradora do grande (grandísimo) Eça de Queirós? Só así, como ti a definiches: triste, vella, decadente e anacrónica.
Eu tamén teño que volver,porque estiven un agosto en que pasei tanto e tanto calor que non puiden disfrutala como se merece.
Bicos.
"O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente."
Fernando Pessoa = Álvaro de Campos
A minha conclusão: Vive a Vida.
Pito
Pito :)
Enviar um comentário