5/16/2006

Anotacións previas ao día D


A risco de quedar como unha pailana e demais calificativos, vou dicir que na miña memoria so quedou o nome dun escritor ao que lle adicaron o Día das Letras Galegas. Ese home foi Luís Pimentel, ano 1990. Lémbrome del porque lle fixen un retrato precioso naquela época por recomendación do mestre (escolas unitarias) que tiña daquela.

Non hai conclusión posible, se acaso a que se poida sacar da que fan aquí e dado que a lingua é miña e é túa, fagamos o propio: falemos galego e comámonos a beixos.

Hoxe escoitei a unha nena polos altofalantes dun colexio contando que mañá lle adicaban o Día a Manuel Lugrís, foi bonito ir camiñando pola rúa e escoitar esas verbas.

3 comentários:

Nemeth disse...

igual que boira!

apertas e bo día feirado :D

acedre disse...

Que tenhas un bo dia e que te coman a bicos.
O da Bola Extra e de premio.

O Breogán de Gáidil disse...

A lástima é que sexa un día nada máis, e que nas escolas ainda haxa quen diga que se quere impoñer o idioma galego aos nenos...pero por favor. Canta xente fala galego e canta español? Quen é aquí o o forte? Non se trata de vitimismo, só dunha cuestión de números. :(