
Creo que temos moitas facetas no nóso interior e a min estanme vendo trazas de sectaria. Non por nada, pero é que tódolos testigos de Xehová me paran sempre na rúa, e a pesar do que poida parecer vou sempre andando con cara de malas pulgas e dunha vez case me espeto contra as portas automáticas da estación de RENFE da Coruña porque tiña máis présa eu ca elas, factores que supoño tiran para atrás cando queres parar a alguén. Pois non, sempre me paran e sempre lles paro.
Polo xeral e por recomendación temperá dalguén, ao chegar á casa deixo os folletiños tirados por aí e cando toca recoller a casa, van dereitos ao lixo sen prestarlles máis atención. Hoxe foi distinto non sei por que. E ben, corto e pego o que máis me chamou a atencion:
"Localizar amigos por Internet provoca escalada de divorcios
Los sitios de Internet que permiten el reencuentro de antiguos compañeros de estudios están "provocando una oleada de separaciones matrimoniales a medida que los cónyuges, aburridos el uno del otro, encuentran a sus antiguos enamorados", señala el semanario Guardian Weekly, de Gran Bretaña. Sobre el efecto que este fenómeno tiene en el índice de divorcios del país (que para 2004 alcanzó su punto más alto en los últimos siete años), la portavoz de la organización de asesoría matrimonial Relate, Christine Northam, comentó: "Una gran cantidad de personas guardan un grato recuerdo de su primer amor de la escuela o la universidad, y si non están contentos con su pareja actual, comienzan a preguntarse qué habría pasado si se hubieran quedado con aquel primer amor". El periódico indica que jamás había sido tan fácil que un cónyuge descontento "se conectara a Internet en busca de un ididlio, en lugar de resolver los problemas emocionales del matrimonio"."
Acabo de darme conta de que a revistiña é de outubro de 2005, novas resesas pero á vez supoño que actuais. Dá igual, eu sigo citando cousas da revistiña esta (¡Despertad! 22 outubro 2005) porque ten uns puntos curiosos.
"Si tu pierdes tu valioso tiempo conversando en Internet, es posible que tú también te estés aislando de las personas que más te importan. La Biblia nos da esta oportuna advertencia: "El que se aísla buscará su propio anhelo egoísta; contra toda sabiduría práctica estallará"(Proverbios 18:1). Los extraños que encuentres en las salas de charla difícilmente te alentarán a vivir en armonía con la sabiduría práctica que se halla en la Biblia. Más bien, te animarán a que satisfagas deseos egoístas y a que rompas con las normas morales cristianas."
"Sin embargo, pregúntate: "¿Me conocen de verdad la gente con la que converso en los chats? ¿Se interesan en mi bienestar a largo plazo?" "
"A pesar de que fueron escritas hace miles de años, las palabras del sabio rey Salomón encajan muy bien con los peligros que encierran las salas de charla: "Sagaz es el que ha visto la calamidad y procede a ocultarse, pero los inexpertos han pasado adelante y tienen que sufrir la pena"(Proverbios 22:3)"
E para acabar de convencerme de que a apostasía non foi boa opción, sempre quedarei con isto.
Estoume metendo medo.
13 comentários:
A min sempre me paraban os mormóns, ata que as novas tecnoloxías, malignas elas, acudiron na miña axuda. Agora, cada vez que os vexo vir, collo o teléfono móbil e finxo manter unha conversa importantísima.
Cóidate, Besbellinha, presta atención ás temibles voces que xorden da Internet e non esquezas dar satisfacción aos teus desexos máis egoístas.
Eu vivía en Vigo preto do "Salón do Reino dos Testigos de Xehová" e moitas veces viñan petando na porta buscando almas para salvar.
Eu falaba con eles educadamente e mesmo collía exemplares de "Atalaya", pero un día chegaron xunto cando a película estaba no mais intrigante e perdín o final. Desde ese día pouco menos que batíalle ca porta nos fuciños.
Anos despois no tren de Ourense a Vigo coincidín cunha misioneira mormona destas americanas e mesmo me regalou o Libro de Mormón. A Igrexa dos mormóns ten unha estructura moi semellante á Católica, só cambia que levan traxe, coma se fora un consello dunha empresa.
(Libro do Apocalipse (do porco), 9:5)
Teño un eciño que estivo emigrado nos EEUU e aproveita para practicar inglés gratis cos mormóns.
Apostataches? tiña idea de que eran tal os atrancos que poñían e o tempo que demoraban en confirmar a cuestión, que era case imposíbel.
Cando vivía en Santiago petáronme unhas testigas de Xehová e deixáronme un exemplar da revistiña. E deume por lela. A verdade é que alí pintaban todo coma unha marabilla, ata falaban de Australia. Case me dá gana de meterme :D
Por certo, as mozas predicadoras, ¿escolleranas nun casting? Porque hai cada unha...
ehehehe... queres ser santa?
na casa na que vivo agora xa non veñen, pero na dos meus pais pasaban todas as semanas. Eu -educadamente- sempre respondía a mesma cousa: "Non gracias! nesta casa non somos supersticiosos".
Cada un e libre de crer ou non crer. Eu sempre digo educadamente que non creo en deus e xa esta.
Nas revistas e librinhos ponhen todo mui bonito pero e mercadotecnia.
Noraboa pola apostasía, que sei que non é un proceso sinxelo! A min sempre me paraban os mormóns ata que un día unha parella me parou e me comezou a falar do amor como motor do mundo. Corteilles o discurso e lles dixen. "Me acuesto con mi novia sin habernos casado y follamos con condón". Non sei se o que lles dixen é contrario ás bases da súa relixión, pero o caso é que nunca más (e xa van dous anos) me volveron parar, coma se se comunicasen entre eles por telepatía... en serio...
Con respecto a como afecta Internet a iso “dos matrimonios”, lin algo semellante nun libro de Sanchez-Dragó, aínda que el realizaba unha visión bastante distinta. Parece ser que en Xapón, onde máis frecuentes son as parellas unidas de xeito indirecto (axencias matrimoniais, webs de busca de parella, etc.) teñen comprobado que o índice de divorcios neste tipo de parellas é moito máis baixo que os que se coñecen de xeito directo. É dicir, que as novas tecnoloxías teñen as súas avantaxes, pois permiten que persoas cun perfil determinado teñan máis probabilidade de atoparse que se o deixasen todo en mans dos encontros ao azar, que son totalmente caprichosos.
Non teño, a verdade, moita experiencia ao respecto, pero véselle certa lóxica á cousa. Non é tan terríbel, pois, este monstruo chamado INTERNET.
Con respecto aos sermoneadores profesionais, na miña casa non apareceron nunca, pero eran asiduos na dos meus pais. Eu sempre lles dicía o mesmo, “son agnóstico”. Canto intentaban convencerme, pois dicíalles “¿acaso vou eu a súa casa a intentar convertilos ao agnosticismo?”.
A min tamén me paraban os mormóns. E eu sempre safaba.
O rollo foi que un día estaba aburrido e parei, e estiben case unha hora falando con eles (os incribles "Elder Brothers" acabei chamándolles).
A miña derradeira frase foi: "Entón pensas que vou crer que uns tipos colleron un bote para fuxir de Exipto e con el cruzaron todo o Mediterráneo, todo o Atlántico (sen escalas e nun bote de xuncos, ollo), chegaron a mesoamérica (antes que vikingos, colones e todo dios, polo visto), que escribiron en ierático unha mensaxe en follas de palmeira, para que miles de anos despois a atopara o voso señor Smith e a traduxera (do exipcio ó inglés sen pedra Rosetta nin caralladas), e que vos profetizara todo unha serie de contos? ... pero ti de qué póla caíches, meu rei?"
Xa é difícil crer no catolicismo puro e duro para que me veñan con variantes estranas. Teríalles máis respecto se me viñeran con que Xesús era de Ganímedes ou que os gnomos de xardín serán os responsables da Apocalipse...
Ben,ben, o que digo eu, sempre se aprende de todo. Eu quero saber máis dos mormóns que sempre estaba agardando que me pararan e un día aparecéronme no piso un domingo á tarde e por cagueta non lles abrín e quedei coas ganas e vexo que hai varios que saben do tema(o breogán e ghanito, conten canto queiran que estamos cos ollos abertos, eu polo menos)
Leco, o da apostasía ando neso, terei que falar con miña nai, porque como fun bautizada nunha aldea e os curas son como son, non quero que lle vaia dar o discurso á miña nai, que é moi capaz. Ademais a min ese cura cáeme moi mal, que antes de facer a confirmación (non se rían...) no sermón da igrexa botou pestes todo o tempo sobre xente que escollía ética nos institutos e miraba cara unha amiga e cara min en exclusiva.
E eso, eu nunca fun capaz de facerme o avión con eles nin decirlles ningunha gran verdade ao igual ca vos :)
E por último, post scriptum, santa, beata e de todo, de pequena devoraba a biblia, as historias dos santos, mesmo pensei en facerme monxa (van ter razón nas trazas de sectaria)unha cousa moi extraña...mais agora, mudei de opinión. So quedo con iso de ama ao próximo coma a ti mesmo e ala.
(Sr nohara, necesito a súa man coas plantas)
Bicos pra todos, moitos. Xa dixen por aí, hoxe estou agarimosa.
Esquecíaseme: sobre o que dicía larvós, dos perfís, de internet e das parellas...moi de acordo.
dte rienda solta )pero ven ajarrada) e desmelenate ante as novas tecnologías...!!!
Enviar um comentário