6/30/2006

Ei vai




Porque sempre hai alguén que che recorda cousas que tes por aí aparcadas ás que non lle fas moito caso...

6/28/2006

Cinco

Dous anos antes

"- Mira temos un traballo para ti.
- Menos mal, pensei que non ías chamar máis nin contar comigo despois de...
- Nena, non mestures as cousas, non me veñas con esas conclusións tan típicas de mulleres.
- Ben, non comeces ti cos típicos dos homes que non tiñas nin idea do que che ía dicir. Supós de máis a maior parte das veces, non sei se cho dixeran algunha vez.
- Ti mesma, ale, a ver, interésache o traballo ou non?
- Si, claro, non? De que se trata? De que vai a cousa desta vez? De investigar o roteiro dos vikingos por Galiza adiante ou a rota da migración das píntegas en épocas de seca?
- Que estúpida es cando queres. A ver, mellor quedamos que este é un tema serio, invítote a cear, eh, guapa? Aínda mo vas ter que agradecer e todo.
- ...(eu non tiven nunca que agradecerlle nada a ninguén e menos a ti, que nin sabía quen eras, que aínda pensas que as casualidades non existen e che parece que son unha buscona, e se me deitei contigo foi por un gran erro de apreciación etílico) Imbécil.(e pensaba na súa cara de cocho comendo, falando e rindo ao mesmo tempo) Mellor quedamos a tomar algo, despois das dez, paréceche?
- No de Pepe, vale?
- (suspiro longo) Está ben, non discuto contigo. Veña, vémosnos. Ata logo.
- Ata logo parviña."

Fai uns meses.

"- E a ti que che parece o que andan dicindo o Marcos e o Daniel? Non pensas que é moito esbardallar sobre o colonialismo, activismo, nacionalismo e demais ismos e lerias?
- Home, que queres que che diga, mentres sexa todo por pasr un bo anaco sen facer mal a ninguén cada un que diga o que lle pete, non?
- E ti cres que so o fan por pasalo ben? Algo teñen que crer, non? Non digo todo, pero algo...
- Que queres dicir?
- Nada, que ultimamente véxote moito con eles. Sobre todo co Daniel. Que igual non está de máis que penses no que din e no que fan.
- E vasmo dicir ti? Non cres que te deberías aplicar o conto se tan en desacordo estás?
- Non, estou en desacordo so ao verte a ti nisto.
- E se eu non estivese? Se eu non soubese deste tipo de xuntanzas, se eu non soubese o que se pode facer fermentar aquí? Se eu me mantivese á marxe...ti que farías?
- Entón eu tampouco querería saber e pensaría que estas asambleas son para pasalo ben e facer un pouco de festa reivindicativa e nada máis.
- E por que non é así?
- Porque estás ti. E a ti interésache isto. E ti a min int...
- A min non me interesa isto! (corteino de présa anque devecía por escoitar o que el levaba xa preto dun ano queréndome dicir. Pero tiña que alonxalo daquelo e despois...despois si lle deixaría falar do intanxible, do desexo, dos corpos e da satisfacción)
- Entón por que andas tan metida no allo?
- E se ti non compartes ideas e procedementos por que non te botas fóra?
- (porque quero estar contigo, contigo, porque quero estar contigo) So quería saber que opinabas ti. Non dixen que non compartise esas ideas. Anque me preocupa o teu interese por elas-marmurou esta última frase sen que ela o escoitase xa.

Esa noite acompañáronse en silencio cara a casa, ela triste por arrastralo a sitios que non quería e el triste por sentirse rexeitado cando so quería compracela."


Música pra ambientar.
A escoller.

6/23/2006

Catro

O fume do cigarro que saíra da súa boca, inspirábao de novo o seu nariz por un erro de cálculo. Botárao fóra tan forte que rebotara no cristal da ventá e volvera contra el.
Levaba alí dúas horas seguidas dende que seu irmán chegara e non deixaba de fumar e pensar na súa cara desencaixada abrindo a porta, indo a toda présa cara o seu cuarto e pechar dun golpe a porta.

- Roi, que che pasa? Enterácheste do da catedral?-fitoume cos ollos conxelando desesperadamente as bágoas. Quixen preguntarlle se estivera alí, pero as palabras non saíron porque un nó na gorxa mo estaba impendindo. Estábanseme vindo de súpeto moitas imaxes, moitas conversas e moitas cousas á cabeza que me dicían que si e que ademais non me gustaría saber toda a verdade. El seguía sentado na cama coa cabeza entre as mans, creo que xa chorando e paseille unha man por riba das costas.

Era meu irmán...suponse que o tiña que coñecer ben pero nunca me preocupara abondo por el, non polo menos no que máis me tiña que preocupar. Un pensa que todas esas conversas onde se misturaban palabras coma independencia, reintegracionismo, imperialismo, españois, nación, lingua, colectivo, plataforma, comunicado, cultura, asoballamento, opresión, reivindicación... non pasarían máis alá de conversas, ideas e ideais. Pode que estivese errado. Deille un abrazo e díxenlle que descansase, que xa falariamos e que non se preocupase. Saín do seu cuarto e creo que o oín saloucar.

Lembraba unha vez que viñera esa rapaza, Helena, á casa. Falaban de loita armada, medio en broma, medio en serio. Cando cheguei ela tentábao convencer de que esa non era boa idea anque sempre se comentase entre os outros.

- A ti que che parece, Helena? Faremos del un terrorista sanguinario ou so rematará facéndolle boicot aos garitos de comida rápida e consumindo "Galicia calidade"?
- Hahahahaha, se ti es o cociñeiro faremos boicot e tan contentos.- respostou ela collendo un pemento, dos que me tiña pinta que ían picar, do prato. Roi non facía máis que mirala coma un embobado que quere demostrar algo.- Ademais, míralle para os ollos. Esa mirada non é sanguinaria.

Outro cigarro. Tiña razón ela, non é sanguinaria, pero non podía deixar de pensar no que podía descubrir nas próximas horas.




Música para ambientar.
Kylie Minogue. In your eyes.
ou
Kylie Minogue. Can´t get you out of my head.

6/22/2006

Tres

Helena máis eu coñecerámosnos un xoves de noite a través dun amigo que coñecía a unha amiga que coñecía a outra que viñera con ela. Atopámosnos todos dentro dun local no qu enos moviamos igual que os balóns dun parque infantil: tan pronto tiñas ao teu carón a alguén coñecido cmo ao segundo seguinte todo rotaba arredor dun eixo non definido que, polo xeral, tentaba ser un mesmo loitando contra os empurróns que te desprazaban a posturas de equilibrio imposible.

Nun deses desprazamentos aleatorios coincidimos apretuxados ela máis eu, anque quixese falarlle non podería. Estaba sorríndome e todo indicaba que xa non sabía onde meterse, quizais so coñecese a aquela amiga que se perdera nun recanto con outro amigo nóso. Nunha desas ideas que se teñen leume nos beizos que seica os demais querían saír para fóra. Asentiu coa cabeza e bisbeoulle o mesmo a alguén que estaba ao lado...creo que aquela persoa non viñera con nós e nos meus adentros rin a escachar, quedaba claro que non coñecía a ninguén máis.

Collina do pulso con decisión e comecei a fuxida do local a trompicóns con ela detrás. Cando saímos resoplei aledándome de respirar o aire nocturno e sorrín respostando ao riso que tiña ela alumeando nos ollos. Foi algo coma o que pasa nos filmes, que pensas que sería marabilloso que che acontecese a ti. Non sei de que falamos, nin como decidimos ir a un bar a 200 metros dalí a sentar e tomar algo pero ese desprazamento no tempo e no espacio foi o que propiciou que despois fosemos propensos a voltar a vernos. Xa non era a que veu coa amiga da amiga de unha amiga, era Helena.

Coincidimos moitas veces en reunións da facultade, en festas cheas de anécdotas, en xuntanzas de amigos comúns...era unha relación non premeditada pero buscada por ambas partes. Era unha rapaza que me daba paz, que enchía o meu campo visual en canto aparecía e que me interesaba a pesar de que non era a que máis sabía de nada, nin moito menos. Unha máis de outras pero con algo especial que ás veces me facía lembrala cando estaba so. A cousa máis bonita do mundo, pensaba. E aínda penso.

O remordemento de non terllo dito carcomíame e a anguria de non tela visto por lado ningún facíame estar máis perdido mentres o médico aquel exploraba os meus oídos. Doíanme moito, tiña un ruído dentro que non cesaba e esforzaba os ollos e achegaba a cabeza ao rapaz aquel que me preguntaba o nome e os datos persoais para encher o papel que tiña diante. Non sei se o que sentía era vertixe ou non. Dano por explosión, que repousara coa cabeza en alto...que pasase polo médico de cabeceira despois, que en 24 horas tiña que recuperar a audición, que o levaba todo apuntado naquel papeliño...E eu miraba perdido as camillas que rolaban diante de todo aquel persoal sanitario despregado alí, algunha persoa xa levaba unha saba por riba do corpo.

Marchei do lugar despois de pasar polo cordón policial e de dar os meus datos, cando saín da praza fun cara alameda. Antes de chegar a ela tiven que parar nunha rúa a chorar, ninguén me facía caso, todos corrían cara as pedras derruídas. Quixen chamar a Xelís e decateime de que non tiña o teléfono comigo. Esto non podía ser real, seguro que se vou para a casa e durmo non pasa nada. Prefería non pensar en nada para non sentirme moito peor, pero a imaxe daquela moza baixando polas escaleiras, agora ruínas, víñame unha e outra vez á retina.


Música pra ambientar.

Family. Nadadora.

suele aparecer cuando ella está nadando
es tan clara su inteción
como el agua
hoy también llegará recién peinado
pasará por delante sin poder disimular su amor

ella suele descansar con los pies en el agua
tiene azul el corazón
de nadadora
volverá con su piel color membrillo
bordeando en equilibrio toda la piscina por amor

hoy también llegará recién peinado
pasará por delante sin poder disimular
sin poder disimular su amor

6/21/2006

Dous

"Novas

Descoñécese ata o momento a autoría dos feitos.
Atentado terrorista en Compostela

(21/06/2006) Ás 11:oo horas do día de hoxe estouparon na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela 30 artefactos explosivos caseiros cuasando 46 víctimas mortais de diferentes nacionalidades e centos de feridos de diversa consideración, segundo fontes policiais.
Ás perdas persoais hai que sumar os danos materiais nos edificios que delimitan a Praza do Obradoiro, destacando a importante destrucción do interior da Catedral de Santiago, símbolo da cidade . Os outros edificios danados son o Pazo de Raxoi, sede do concello, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Xelmírez e o Colexio de San Xerónimo.

Descoñécese polo momento a autoría deste terrible e impactante atentado. A Policía e a Garda Civil puxeron onte, namais coñecerse os feitos, en marcha un dispositivo especial por mor dos acontecementos producidos. Aínda non se produciron detencións pero si se sabe que foron rexistrados varios locais e sedes de asociacións vencelladas co ámbito da esquerda independentista e interrogados algúns persoeiros do actual escenario político e cultural galego.

O goberno da Xunta de Galicia expresou nun comunicado a "repulsa e condena" destes feitos por parte das institucións e do pobo galego, á vez que daba o seu sincero pésame ás familias dos falecidos ás que acompañaba nestes "tristes e vergoñentos momentos" e expresaba a súa solidariedade cos feridos."

Xelís sentiu...non soubo o que sentiu. Algo deso xa se vía vir tal e como estaban indo as cousas ultimamente. Nos meses anteriores houbera bastantes desperfectos no "mobiliario urbano" e lembraba o 25 de xullo do ano pasado. Había cousas que non lograba entender e non deixaba de pensar na catedral feita anacos e todos aqueles mortos. Aínda non lle parecía real de todo e cando prendeu a televisión viu imaxes aéreas do lugar das explosións, a comentarista non facía máis que dicir que era incrible e horripilante a sensación de estar vendo aquel monumento desfeito, que os terroristas actuaran moi compenetrados, que despois do 11-S e do 11-M aquela sería unha vergoña máis que engadir á historia, que houbera moitas víctimas e que andaba a xente a chamar aos hospitais desesperada por saber dos seus.

Xelís pensou en seu irmán, estaría na facultade... chamouno cun certo malestar no corpo ao momento. Non dispoñible.

Quedou chantado diante do televisor, había algo que non o deixaba moverse de diante. Tiña a pel de galiña e estaba sentindo noxo pensando que aquí había quen facía xermolar o terror. Tivo medo.

Nalgún lugar habería alguén disfrutando de todo aquilo.

Música pra ambientar.
Rammstein. Mein Teil.

6/20/2006

Un

Algunha xente mirábame, algunha, non toda, que ante semellante monumento pouco miras para os que tes arredor. Estaba agora parado diante do Pórtico da Gloria, calquera que me vise durante a miña visita diría que sufría unha especie de síndrome de Stendhal. Case choraba e nun momento de contemplación a miña cabeza parecía querer aprender a rezar de novo. Pasei a man pola fronte e retirei a suor que xa me estaba resultando moi incómoda.

No pulso levaba o reloxio. Cinco minutos para as once. Dei unha voltiña máis e fun ata o Santo dos Croques. Había unha pequena que estaba batendo a cabeza contra el, sorrín cando súa nai me mirou. Non sei por que sorrín. Logo de mirar outra vez para o altar díxenme que tiña que marchar.

Estaba a saír cando vin interrumpido o paso por un grupo de mulleres que querían entrar en tropel e púxenme máis nervioso do que estaba. A respiración quería ir ao mesmo ritmo co corazón que bombeaba sangue a máis non poder. Baixei as escaleiras tan de présa e tan amodo como puiden, as pernas tremían e semellaba que eran de goma e que me ían facer tropezar dun momento a outro. Máis e máis escaleiras.

Cando xa ía pisar o chan da Praza do Obradoiro mirei cara atrás pensando na mochila que se me esquecera dentro e pareceume ver alá no alto a Ultreia, a Helena, que eu sempre a chamei Helena. O de Ultreia era como o das monxas, no convento so te coñecen por ese nome. Tamén vira dentro a máis do convento, dera por feito que a catedral sempre é un bonito sitio para ir pasear, pero vela a ela aí fixo que ese dar por feito comezase a caer polo seu propio peso.

Dubidei 10 segundos. Non me daba tempo a subir tan de présa as escaleiras, falar con ela e baixar máis apurados aínda sen que o reloxio marcase a hora. Tiña que estar noutro sitio ás once en punto e faltaba nada pra que os segundos chegasen e moveran as agullas. Botei unha forte espiración suspirada e seguín andando cara o Pazo de Raxoi contando xa cara atrás...15, 14, 13...non calculara ben o tempo e o corpo tensábase para non dar pasos máis rápidos. Ao lonxe vía as cámaras do Pazo, seguín fitándoas...5, 4, 3...o pescozo púxoseme ríxido como agardando un golpe que sabes que vai vir. Non veu. Sentín un leve desconcerto e un gran alivio ao tempo. Ao mellor era unha proba, ou algo así. Non me extrañaría nada, parecérame todo moi raro.

Parei case no medio da praza e mirei a catedral outra vez. Podían limpala. Vin unha moza baixando as escaleiras cunha mochila na man. Era Ultreia (7, 6, 5...) de certo, eran as súas maneiras de andar. Un pensamento coma un lóstrego atravesoume a cachola e no fondo do ventre comezou a formarse unha terrible anguria, a cara estabaseme a desencaixar e as bágoas xa me impediron ver as terribles explosións que seguiron. Agacheime e boteime a correr cara o Pazo de Raxoi desesperado e maldecíndoos a todos, cando de novo os tímpanos volveron a rebentar cos estouridos que viñan do Concello. Do Hostal dos Reis Católicos. Do Pazo de Xelmírez. Do Colexio de San Xerónimo.

Aquí e aló estourou todo. Anacos de pedra, grandes e pequenos, caían no chan da praza. Eu non oía nada, zumbábanme os oídos e unha enorme sensación de náusea percorría o meu interior. Andiven pola praza mirando os anacos de pedra caídos, os edificios derruídos. Sentíame perdido con tanta xente berrando, non sabía que facer e sentíame culpable e enganado ao mesmo tempo. Derrotado. Avergoñado. Sentíame coma un neno extraviado chorando.

Claro que sairía nas noticias, imbéciles. Claro que acababamos de destruír unha das marabillas da Galiza. Claro que habería xente morta, que eso non o contastes. Claro que...Helena, onde estás??? Maldita sexa!!!




Música pra ambientar.

Franz Ferdinand. Walk away. (download, download, again)

I swapped my innocence for pride
Crushed the end within my stride
Said I'm strong now I know that I'm a leaver
I love the sound of you walking away, you walking away
Mascara bleeds a blackened tear, oh
And I am cold, yes, I'm cold
But not as cold as you are
I love the sound of you walking away, you walking away
I love the sound of you walking away, walking away, hey hey

Why don't you walk away?
Why don't you walk away?

Why don't you walk away?
No buildings will fall down
Won't you walk away
No quake will split the ground
Won't you walk away
The sun won't swallow the sky
Won't you walk away?
Statues will not cry

Don't you walk away X
Why don't you walk away?
Why don't you walk away?
Why don't you walk away?
Hey

mmmmm
I cannot turn to see those eyes
As apologies may rise
I must be strong and stay an unbeliev her X
And love the sound of you walking away, you walking away
Mascara bleeds into my eye, oh
And I'm not cold, I am old
At least as old as you are
La la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la la
And as you walk away
Oh, as you walk away

Oh, as you walk away
My headstone crumbles down
As you walk away
The Hollywood winds will howl
As you walk away
The Kremlin's falling
As you walk away
Radio Four is static

As you walk away
Oh, as you walk away
Oh, as you walk away
Oh, as you walk away
Hey

The stab of stiletto
On a silent night
Stalin smiles and Hitler laughs
Churchill claps Mao Tse Tung on the back

6/18/2006

No te hai vergüenza ninguna



Este foi o momento da vergoña. O resto foi mellor.




6/17/2006

Amenceres en azul


Encántame que o meu corpo segregue endorfinas e que o hemisferio esquerdo controle a negatividade que ás veces ven do dereito.

En casos de dor física, ás veces é útil a electroterapia. O alivio da dor prodúcese pola estimulación das fibras aferentes de maior tamaño (máis rápidas) e o bloqueo das fibras nociceptivas de menor tamaño (máis lentas) na asta posterior da medula espiñal (teoría da porta de entrada de Melzack e Wall, 1965) ou eso foi o que me contaron cando estudiei. Tamén se pode aliviar a dor mediante a liberación de endorfinas no sistema nerviso central co TENS a determinadas frecuencias

De momento a min non me fixo falla, atopei a canción perfecta (download, download...a ver se vai, que o castpost estaba de capa caída "y me tuve que buscar la vida") pra amencer en azul cantas veces me pete e darme o meu chute particular.

6/15/2006

Cando hai violencia


Hai dúas señoras falando no medio da rúa tranquilamente. Nesto que se achegan dous macarrillas de medio pelo e un deles pétalle no ombreiro a unha delas:

- "Señora me gustan mucho sus varices. Sígalas cuidadando así que están muy hermosas."

Hai quen nace parvo e despois, aínda quere perfeccionarse.



E si, amoso partes do meu corpo (e siiii aproveito pra convocarvos o 18 ás 16 horas no parque de Santa Margarida no dichoso anfiteatro...anda ho)

6/12/2006

Peninsuleando III

O último que vin antes de ir cara alá, foi un documental do David Attenborough sobre os mamíferos. Entón:

1. Desta viaxe non hai fotografías, foi destas veces nas que unha está tan a gusto que sabe nunca se lle esquecerán as cousas que lle pasen e prefire gardalas na memoria.

2. Gustei de saber como é a vida doutros mamíferos noutros lugares.

3. E si, pensei que a cidade non me ía gustar, pero anque fose así...que gusto verte!

"Willkommen, bienvenue, welcome!
Fremde, etranger, stranger.
Gluklich zu sehen, je suis enchante,
Happy to see you, bleibe, reste, stay.

Willkommen, bienvenue, welcome
Im Cabaret, au Cabaret, to Cabaret."


Ah, esquecíaseme, fixen bookcrossing sen querer.

6/06/2006

O mundo non se acaba, so semella que...

Miña bisavoa ata fai uns anos facía os cestos pro pan, despois comezou a artrite e foi outra señora, allea á familia, a que os fixo.

A min sempre me gustaron máis os da miña bisavoa.

6/01/2006

O meu boicot particular

Porque yo lo valgo que dirían por aí, vamos a facer trasnadas. Estades todos nominados.

E ben, falando de boicots e demais cousas, a natureza, o azar ou a man de Deus, ás veces boicotéannos a nós mesmos. Falo desas mutacións xénicas que aparecen de vez en cando e que nos recordan ao que nos ensinaron dos chícharos de Mendel.

Un de tantos boicots que pasan no mundo chámase ELA, investigacións que se fixeron e se seguen a facer andan mirando o defecto xenético que leva á mutación da enzima superóxido dismutasa 1 (SOD1) que anda algo implicada no tema pero non en tódolos casos. Outra liña de investigación anda centrada no glutamato, un neurotransmisor que está presente en altos niveis no suero e no líquido cefaloraquídeo desta xente boicoteada, non se sabe porqué, o único que se sabe é que cando as neuronas están expostas durante moito tempo ao glutamato en cantidades excesivas, morren. E neste caso as que morren son as neuronas motoras superiores (as do cerebro) e inferiores (as da medula espiñal) co cal os músculos non reciben impulso nervioso e todo dexenera nunha atrofia muscular con perda de forza, espasticidade, calambres, fasciculacións e todo músculo voluntario (que podemos controlar) xa non é tal.

E hoxe tiña pensado encargar comida pra non facer de comer, e estimular o meu gusto co umami (ademais do doce, salgado, agre e amargo) pero mudei de idea, a pesar de que din que o E621 non ten efectos nocivos pra saúde.

Dá igual, eu hoxe ando de boicot. Por eso andades todos nominados pero non vos poñades malos.