6/01/2006

O meu boicot particular

Porque yo lo valgo que dirían por aí, vamos a facer trasnadas. Estades todos nominados.

E ben, falando de boicots e demais cousas, a natureza, o azar ou a man de Deus, ás veces boicotéannos a nós mesmos. Falo desas mutacións xénicas que aparecen de vez en cando e que nos recordan ao que nos ensinaron dos chícharos de Mendel.

Un de tantos boicots que pasan no mundo chámase ELA, investigacións que se fixeron e se seguen a facer andan mirando o defecto xenético que leva á mutación da enzima superóxido dismutasa 1 (SOD1) que anda algo implicada no tema pero non en tódolos casos. Outra liña de investigación anda centrada no glutamato, un neurotransmisor que está presente en altos niveis no suero e no líquido cefaloraquídeo desta xente boicoteada, non se sabe porqué, o único que se sabe é que cando as neuronas están expostas durante moito tempo ao glutamato en cantidades excesivas, morren. E neste caso as que morren son as neuronas motoras superiores (as do cerebro) e inferiores (as da medula espiñal) co cal os músculos non reciben impulso nervioso e todo dexenera nunha atrofia muscular con perda de forza, espasticidade, calambres, fasciculacións e todo músculo voluntario (que podemos controlar) xa non é tal.

E hoxe tiña pensado encargar comida pra non facer de comer, e estimular o meu gusto co umami (ademais do doce, salgado, agre e amargo) pero mudei de idea, a pesar de que din que o E621 non ten efectos nocivos pra saúde.

Dá igual, eu hoxe ando de boicot. Por eso andades todos nominados pero non vos poñades malos.

7 comentários:

besbe disse...

Por iso vos adico esto :)
d
ádelle a play, anda
.

inseminario disse...

coidado! non se pase Vd que non temos piedade ningunha.

acedre disse...

Vasme facer chorar. Non me blogboicotexes.

Asimè Triko disse...

Parece que é contra as blogstars. Ah, entón estou tranquilo.

Anónimo disse...

Para quê fazer boicote?
Se o mundo pula e avança.
Bem melhor é o chote,
Baila comigo essa dança.

Pitiño

besbe disse...

Imos bailar unha mazurca
ao ritmo dun acordeón.
Disfrutemos da música,
que non estamos no panteón.

Besbellinha camiño da foliada.
O que se queira unir, que se una, que así potenciamos o sabor da vida (querobailar,querobailar,tacónpuntatacón)

Anónimo disse...

a min xa me está facendo blogcot o ordenador, que non sei que carallo pasa pero hoxe vai fatal... eu creo sería un bonito blogcot entrar nunha páxina e enchela de comentarios offtopic, pero de bo rollo, eh?