6/22/2006

Tres

Helena máis eu coñecerámosnos un xoves de noite a través dun amigo que coñecía a unha amiga que coñecía a outra que viñera con ela. Atopámosnos todos dentro dun local no qu enos moviamos igual que os balóns dun parque infantil: tan pronto tiñas ao teu carón a alguén coñecido cmo ao segundo seguinte todo rotaba arredor dun eixo non definido que, polo xeral, tentaba ser un mesmo loitando contra os empurróns que te desprazaban a posturas de equilibrio imposible.

Nun deses desprazamentos aleatorios coincidimos apretuxados ela máis eu, anque quixese falarlle non podería. Estaba sorríndome e todo indicaba que xa non sabía onde meterse, quizais so coñecese a aquela amiga que se perdera nun recanto con outro amigo nóso. Nunha desas ideas que se teñen leume nos beizos que seica os demais querían saír para fóra. Asentiu coa cabeza e bisbeoulle o mesmo a alguén que estaba ao lado...creo que aquela persoa non viñera con nós e nos meus adentros rin a escachar, quedaba claro que non coñecía a ninguén máis.

Collina do pulso con decisión e comecei a fuxida do local a trompicóns con ela detrás. Cando saímos resoplei aledándome de respirar o aire nocturno e sorrín respostando ao riso que tiña ela alumeando nos ollos. Foi algo coma o que pasa nos filmes, que pensas que sería marabilloso que che acontecese a ti. Non sei de que falamos, nin como decidimos ir a un bar a 200 metros dalí a sentar e tomar algo pero ese desprazamento no tempo e no espacio foi o que propiciou que despois fosemos propensos a voltar a vernos. Xa non era a que veu coa amiga da amiga de unha amiga, era Helena.

Coincidimos moitas veces en reunións da facultade, en festas cheas de anécdotas, en xuntanzas de amigos comúns...era unha relación non premeditada pero buscada por ambas partes. Era unha rapaza que me daba paz, que enchía o meu campo visual en canto aparecía e que me interesaba a pesar de que non era a que máis sabía de nada, nin moito menos. Unha máis de outras pero con algo especial que ás veces me facía lembrala cando estaba so. A cousa máis bonita do mundo, pensaba. E aínda penso.

O remordemento de non terllo dito carcomíame e a anguria de non tela visto por lado ningún facíame estar máis perdido mentres o médico aquel exploraba os meus oídos. Doíanme moito, tiña un ruído dentro que non cesaba e esforzaba os ollos e achegaba a cabeza ao rapaz aquel que me preguntaba o nome e os datos persoais para encher o papel que tiña diante. Non sei se o que sentía era vertixe ou non. Dano por explosión, que repousara coa cabeza en alto...que pasase polo médico de cabeceira despois, que en 24 horas tiña que recuperar a audición, que o levaba todo apuntado naquel papeliño...E eu miraba perdido as camillas que rolaban diante de todo aquel persoal sanitario despregado alí, algunha persoa xa levaba unha saba por riba do corpo.

Marchei do lugar despois de pasar polo cordón policial e de dar os meus datos, cando saín da praza fun cara alameda. Antes de chegar a ela tiven que parar nunha rúa a chorar, ninguén me facía caso, todos corrían cara as pedras derruídas. Quixen chamar a Xelís e decateime de que non tiña o teléfono comigo. Esto non podía ser real, seguro que se vou para a casa e durmo non pasa nada. Prefería non pensar en nada para non sentirme moito peor, pero a imaxe daquela moza baixando polas escaleiras, agora ruínas, víñame unha e outra vez á retina.


Música pra ambientar.

Family. Nadadora.

suele aparecer cuando ella está nadando
es tan clara su inteción
como el agua
hoy también llegará recién peinado
pasará por delante sin poder disimular su amor

ella suele descansar con los pies en el agua
tiene azul el corazón
de nadadora
volverá con su piel color membrillo
bordeando en equilibrio toda la piscina por amor

hoy también llegará recién peinado
pasará por delante sin poder disimular
sin poder disimular su amor

3 comentários:

Desorde disse...

estou enganchado! cómo sigue?
a min gústame nadadora, os de aquí:
http://desorde.blogspot.com/2005/09/050915-chismes.html , etc

Anónimo disse...

Nadadora - Nadadora?
Será Family - Nadadora.

besbe disse...

estooo, ás veces trábome...era Family, si. Gracias polas correccións :) e por ler, claro.