6/15/2006

Cando hai violencia


Hai dúas señoras falando no medio da rúa tranquilamente. Nesto que se achegan dous macarrillas de medio pelo e un deles pétalle no ombreiro a unha delas:

- "Señora me gustan mucho sus varices. Sígalas cuidadando así que están muy hermosas."

Hai quen nace parvo e despois, aínda quere perfeccionarse.



E si, amoso partes do meu corpo (e siiii aproveito pra convocarvos o 18 ás 16 horas no parque de Santa Margarida no dichoso anfiteatro...anda ho)

7 comentários:

acedre disse...

Gustoume iso de que perfecione a parvoeira, ha, ha.

Desorde disse...

estamos invitados ?
menuds músculos luce vd!

Basho disse...

Convidados a que? Café, copo e cigarro? Ou só álcool? Ou ao que saia? Mmmm. Mágoa de "oposiciones", senão...

Veloso disse...

Fico abraiado da poderosa exhibición muscular e lamento que as obrigas contraídas na miña querida cidade olívica me impidan asistir á túa convocatoria. Outra vez será, espero. Un saúdo.

Anónimo disse...

Nunca deixo se sentir arrepios con esas historias. O que máis me fode é saber que funcionan coa lóxica do covarde: os que fan iso sempre son tipos ridículamente submisos ante calquera que lles poida facer fronte. Menos mal que co de perfeccionarse me devolveches o sorriso. : DDD
PD: para cando unha foto en biquini??? Tesnos en ascuas desde o sabemos que te ghastas un peassso cuerpasoooooo
; P

Asimè Triko disse...

Que vaia por diante que eso non llo diría a ninguén, hai que recoñecer que o rapaz dentro da súa parvura aínda cavilou un chisquiño.

besbe disse...

Convidados todos, que hai bochinche tamén!! Larvós, moito calor vai ter que facer pra que se me vexa máis cacha.