6/28/2006

Cinco

Dous anos antes

"- Mira temos un traballo para ti.
- Menos mal, pensei que non ías chamar máis nin contar comigo despois de...
- Nena, non mestures as cousas, non me veñas con esas conclusións tan típicas de mulleres.
- Ben, non comeces ti cos típicos dos homes que non tiñas nin idea do que che ía dicir. Supós de máis a maior parte das veces, non sei se cho dixeran algunha vez.
- Ti mesma, ale, a ver, interésache o traballo ou non?
- Si, claro, non? De que se trata? De que vai a cousa desta vez? De investigar o roteiro dos vikingos por Galiza adiante ou a rota da migración das píntegas en épocas de seca?
- Que estúpida es cando queres. A ver, mellor quedamos que este é un tema serio, invítote a cear, eh, guapa? Aínda mo vas ter que agradecer e todo.
- ...(eu non tiven nunca que agradecerlle nada a ninguén e menos a ti, que nin sabía quen eras, que aínda pensas que as casualidades non existen e che parece que son unha buscona, e se me deitei contigo foi por un gran erro de apreciación etílico) Imbécil.(e pensaba na súa cara de cocho comendo, falando e rindo ao mesmo tempo) Mellor quedamos a tomar algo, despois das dez, paréceche?
- No de Pepe, vale?
- (suspiro longo) Está ben, non discuto contigo. Veña, vémosnos. Ata logo.
- Ata logo parviña."

Fai uns meses.

"- E a ti que che parece o que andan dicindo o Marcos e o Daniel? Non pensas que é moito esbardallar sobre o colonialismo, activismo, nacionalismo e demais ismos e lerias?
- Home, que queres que che diga, mentres sexa todo por pasr un bo anaco sen facer mal a ninguén cada un que diga o que lle pete, non?
- E ti cres que so o fan por pasalo ben? Algo teñen que crer, non? Non digo todo, pero algo...
- Que queres dicir?
- Nada, que ultimamente véxote moito con eles. Sobre todo co Daniel. Que igual non está de máis que penses no que din e no que fan.
- E vasmo dicir ti? Non cres que te deberías aplicar o conto se tan en desacordo estás?
- Non, estou en desacordo so ao verte a ti nisto.
- E se eu non estivese? Se eu non soubese deste tipo de xuntanzas, se eu non soubese o que se pode facer fermentar aquí? Se eu me mantivese á marxe...ti que farías?
- Entón eu tampouco querería saber e pensaría que estas asambleas son para pasalo ben e facer un pouco de festa reivindicativa e nada máis.
- E por que non é así?
- Porque estás ti. E a ti interésache isto. E ti a min int...
- A min non me interesa isto! (corteino de présa anque devecía por escoitar o que el levaba xa preto dun ano queréndome dicir. Pero tiña que alonxalo daquelo e despois...despois si lle deixaría falar do intanxible, do desexo, dos corpos e da satisfacción)
- Entón por que andas tan metida no allo?
- E se ti non compartes ideas e procedementos por que non te botas fóra?
- (porque quero estar contigo, contigo, porque quero estar contigo) So quería saber que opinabas ti. Non dixen que non compartise esas ideas. Anque me preocupa o teu interese por elas-marmurou esta última frase sen que ela o escoitase xa.

Esa noite acompañáronse en silencio cara a casa, ela triste por arrastralo a sitios que non quería e el triste por sentirse rexeitado cando so quería compracela."


Música pra ambientar.
A escoller.

1 comentário:

O Breogán de Gáidil disse...

Qué complicado parece na distancia, pero qué doado é cruzar a liña da moral, se se pensa friamente.

Segue, segue...