6/21/2006

Dous

"Novas

Descoñécese ata o momento a autoría dos feitos.
Atentado terrorista en Compostela

(21/06/2006) Ás 11:oo horas do día de hoxe estouparon na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela 30 artefactos explosivos caseiros cuasando 46 víctimas mortais de diferentes nacionalidades e centos de feridos de diversa consideración, segundo fontes policiais.
Ás perdas persoais hai que sumar os danos materiais nos edificios que delimitan a Praza do Obradoiro, destacando a importante destrucción do interior da Catedral de Santiago, símbolo da cidade . Os outros edificios danados son o Pazo de Raxoi, sede do concello, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Xelmírez e o Colexio de San Xerónimo.

Descoñécese polo momento a autoría deste terrible e impactante atentado. A Policía e a Garda Civil puxeron onte, namais coñecerse os feitos, en marcha un dispositivo especial por mor dos acontecementos producidos. Aínda non se produciron detencións pero si se sabe que foron rexistrados varios locais e sedes de asociacións vencelladas co ámbito da esquerda independentista e interrogados algúns persoeiros do actual escenario político e cultural galego.

O goberno da Xunta de Galicia expresou nun comunicado a "repulsa e condena" destes feitos por parte das institucións e do pobo galego, á vez que daba o seu sincero pésame ás familias dos falecidos ás que acompañaba nestes "tristes e vergoñentos momentos" e expresaba a súa solidariedade cos feridos."

Xelís sentiu...non soubo o que sentiu. Algo deso xa se vía vir tal e como estaban indo as cousas ultimamente. Nos meses anteriores houbera bastantes desperfectos no "mobiliario urbano" e lembraba o 25 de xullo do ano pasado. Había cousas que non lograba entender e non deixaba de pensar na catedral feita anacos e todos aqueles mortos. Aínda non lle parecía real de todo e cando prendeu a televisión viu imaxes aéreas do lugar das explosións, a comentarista non facía máis que dicir que era incrible e horripilante a sensación de estar vendo aquel monumento desfeito, que os terroristas actuaran moi compenetrados, que despois do 11-S e do 11-M aquela sería unha vergoña máis que engadir á historia, que houbera moitas víctimas e que andaba a xente a chamar aos hospitais desesperada por saber dos seus.

Xelís pensou en seu irmán, estaría na facultade... chamouno cun certo malestar no corpo ao momento. Non dispoñible.

Quedou chantado diante do televisor, había algo que non o deixaba moverse de diante. Tiña a pel de galiña e estaba sentindo noxo pensando que aquí había quen facía xermolar o terror. Tivo medo.

Nalgún lugar habería alguén disfrutando de todo aquilo.

Música pra ambientar.
Rammstein. Mein Teil.

Sem comentários: