11/04/2006

A Torre de Hércules


Na entrada do Concello de A Coruña teñen un libro de firmas para conseguir a declaración da Torre de Hércules, por parte da Unesco, como Patrimonio da Humanidade. Xa o tentaran hai 4 anos. En Galicia xa temos a Cidade Vella de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e as Muralla Romana de Lugo (2003) declarados como tal. As Médulas tamén teñen esa honra dende o ano 1997.

España é o país con máis lugares declarados como Bens do Patrimonio da Humanidade, cun total de 39, por iso ten que restrinxir as súas candidaturas a unha ao ano para equilibrar a representación dos estados na Lista de Patrimonio Mundial. Este ano, a sorte tívoa a Ponte de Bizkaia.
Das lendas que falan sobre este faro, hai unha que é a que adxudica a súa construcción a Heracles que, vencendo a Xerión nun dos seus 12 traballos encomendados, enterrou a súa cabeza debaixo da Torre. Arredor da Torre fíxose un parque escultórico que ten referencias a estes traballos de Hércules, e explícano moi ben aquí, os rapaces do I.E.S. de Adormideras.

Así é que o concello de A Coruña ten no seu escudo á Torre de Hércules dende 1448, e os osos e a calivera que hai debaixo dela representan ao xigante Xerión. Non é para menos, tiña a mesma importancia xeográfica que o desaparecido Faro de Alexandría, ou así o facía ver hai case mil anos no "Mapamundi" o Beato de Burgo de Osma.

Eu fun firmar hoxe no libro ese. Fun firmar por todas as veces que fun ver o Atlántico ao seu carón, por todas as veces que se ve emerxer maxestuosamente e silandeira entre a néboa , por todas as veces que estando de noite na praia seguía os seus pulsos de luz e por toda a xente que a leva visto neses 2000 e pico anos que leva en pé.

Digo eu que, se ides (a) A Coruña (a min tamén me gusta), non estaría de máis facer o mesmo.

2 comentários:

RAIKO disse...

Gran iniciativa, me gustaría poder firmar, porque tengo un par de gratos recuerdos de este monumento.
Aprovecho también para invitaros a pasear por el casco antiguo de Cáceres, también declarado patrimonio de la Humanidad, y apoyar la candidatura de la ciudad a la capitalidad europea de la cultura 2016.
Un saludo.

paideleo disse...

Graciñas pola lección sobre a torre de Hércules. Encantoume.

Os avós de Ana queren tirar o canastro de cemento e ladrillos que teñen para sustituilo por un de pedra e madeira que mercaron noutra aldea. Agora están a volta cos permisos de Patrimonio a ver se lle permiten o traslado.
Ogallá saia ben.
Saúdos.