E que gusto da seguir vendo amigos e ver, como cada vez a vida é máis Matrix. Cando na obra socia de aduaneiros sem fronteiras vira esta foto, díxenme...esta rapaza é xxxxx.
E onte, na quinta cea de nadal da promoción, xxxxx confimou as sospeitas. Pasámolo todos moi ben e contabilizamos as baixas nas filas (cinco casamentos), as altas (dous churumbeles nados) e os seguintes reclutamentos (outros dous pequenos en camiño).
O paso do tempo deu para conversas entre os mozos sobre a inutilidade da propecia ante o problema da calvicie: anque che medren catro pelos máis na cachola e o tamaño do aparello en cuestión poida aumentar...a impotencia nunca será boa opción, que xa haberá tempo para ter que utilizar a viagra.
O conto é, que despois de dicirnos e escribirnos todos cousas bonitas, que canto nos queremos e que guapos estamos y "que esta la pago yo" e "deixa que te invito eu", rematamos no Lautrec pagando 3 euros por unha Heineken e, cando nos quixemos dar conta, estabamos os últimos de Filipinas tirados nun portal planexando unha rachí por Vigo para xaneiro.

Pero antes e para celebrar outro aniversario, tentaremos acudir ao Multiusos Fontes do Sar este martes. Vémosnos todos por aí!
4 comentários:
Naceste o mesmo dia que se publicou The Wall? Argh, vaia trauma X'DD
Nah, vejo que estás festeira :) que o desfrutes.
Que ben o pasas. Fas ben, que a vida é para vivila!!!
A envexa, se non é podre, non é envexa. :P
Vente a Compos hombre de dios e así podrecemos todos!!!
Enviar um comentário