
Que no, que a nena non vai vir ao mundo desta vez, que vai quedar para outra, e agora, resacosa e sen durmir, síntome mala persoa como ben di Fer. Síntollo moito, que máis quixera eu que aumentase a natalidade na Galiza, pero vai ser que non (solidarízome cos inocentes porque eu normalmente creo todo o que me contan e síntoo moito).
Que o partido psé, pero paseino moi ben anque chegaramos algo tarde. O resto da noite doume para ver as novas bandeiras do paseo marítimo da Coruña, para perder a cámara de fotos na noite coruñesa sen menoscabo do bo humor, para falar largo e tendido de endogamias e lercheos varios e, creo, para facer moi boas amistades e para dar un lote de apertas ao longo de toda a noite... Ah, e eso de ter 23 anos mola moito :)
En definitiva, unha noite para a lembranza, a todos os que a compartistes, un bico, sodes os mellores!
E súmome ao chamamento de Arduina se me dou erguido se ao final hai cea. Sei dun que podía pasarse por alí, que xa sabe que me ía facer moita ilusión, que o outro día me quitou o sono e, como dixo el, "será que non tes outras preocupacións" para rematar pensando nel esa noite. Vente!. Apertas, apertas, apertas e de balde, que máis se pode pedir!!!
4 comentários:
A lo menos non fun a única en pica na tua inocentada..son ven parviña por non pensar no dia dos santos inocentes..jjajaja
Unha aperta
Logo afinal não apareceu a câmara? :(
Outra aperta natyara, e Sugar, non...menuda noite, aínda houbo sorte que non me perdera eu. Un bico!
Esas cousas non se fan, pero que gusto dá que a xente pique :D
Enviar um comentário