
Estes dous mozos, Natalia e Mariano, fugáronse o día de Reis. Seica á familia dela non lle gustaba que saíse con el e que comezara a descoidar os estudos, o resultado foi que decidiron escapar da casa "porque están enamorados hasta las tuercas". Din que os viron na estación de tren da Coruña, que poderían estar en Compostela e mesmo hai quen sostén que xa andan en Portugal.
Nova en El País, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Se os vedes, avisade as autoridades, non vaia ser que lles pase algo.
Seica cando te namoras a esas idades (16, 17 anos) segundo o psicólogo Julio Prol "so se ve á persoa á que se quere, non se atende a razóns, e pode chegar a mudar a maneira de ser completamente. O amor nesta idade é moi influínte."
Miña nai sempre me dicía que a vida non era coma nas películas cando me via así media ensoñada. Eu antes enfadábame e agora penso que a vida é sempre moito mellor que as películas e, anos despois desa frase, sigo facendo burradas por amor, por cariño, por gusto, por diversión...Nunca cheguei a fugarme de sitio ningún, como moito unha noite enteira ata o día seguinte, unha fin de semana, cinco días por aí...cousas así, onde ninguén sabía onde estaba máis que a persoa coa que compartía eses momentos.
O amor é bonito cando te empapas da outra persoa (e non me sexan revirados co de empaparse) porque deso vai, de aportar, de dar, de coller o mellor de cada un, de rir e de vivir con eses subidóns de emocións e de hormonas, de que cada día sexa unha festa, de vivir na eterna adolescencia onde non hai problemas ou polo menos non os andas buscando, pero non nesa adolescencia de traumas, críticas, complexos e tendencias suicidas...non, refírome a adolescencia de amigos, de lercheo, de festa continua, de irresponsabilidade, de alegría e de benestar, que mentres non morra ninguén, nada é un problema.
E cando remata todo iso, rematou, pero que ben o pasamos, non? Que bonito é estar namorado ata as porcas!
Gracias ao fedello as "tuercas" son a partir de agora "porcas":
porcas.f. Peza de metal en forma de prisma cunha cavidade en espiral no centro onde se enrosca o parafuso. Aperta ben a porca coa chave inglesa.
6 comentários:
¿Por qué o chaman amor cando queren dicir cousas porcas?
Juventú...
namorarse é bo, e as raçoms som meras convençoms ante isso, e que bonito cando nom existia nimguen máis que nolos dous....ai....
Si, bonito.
Aínda é bonito :), igual con algo máis de sentidiño (ou non) e máis cousas porcas...pero bonito igual.
http://chuza.org/historia/localizada-en-sada-a-adolescente-que-se-escapou-co-seu-mozo/ atopáronos
Enviar um comentário