1/14/2007

Ño! Cabaret!


Pois fomos ao final ao The Dog´s Bollocks ou os "Collóns do can", como dixo Pepa, a ver o grandioso espectáculo de Davide Salvado (canta razón oko), Pepa Yañez e Nacho Muñoz. Non tiña nin idea do que me ía atopar no Cabaret d´aquí e resultou ser toda unha experiencia.

Chegamos aos Collóns do can e fastidiounos algo que as poucas mesas que había estivesen reservadas, co cal dispuxémonos a pedir algo na barra e estando alí tiven un anaco longo para escoitar a X.S. , a unha rapaza que ten un aire a Paula Carballeira e a outro mozo que non sei quen era (téñome que poñer ao día co famoseo galego) falar de A Roda, ese sitio mítico en Malpica, de Bravú e máis cousas das que xa non me enterei.

E despois dese momento "anda, dame unhas pintas" e de cutre-lercheo apareceron Nacho no piano e Pepa e Davide que comezaron cuns leves problemas cos micrófonos que continuarían toda a noite pero que, gracias á súa espontaneidade e bo humor, aínda nos fixeron rir máis.

Fixeron unha perfecta deconstrucción do folclore galego, salamantino, andaluz e mesmo o occitano. Neste último, sacáronme(nos) ao escenario (todo por dicir que na Coruña non había Alameda se non Xardíns) a bailar con Pepa, cun alumno de Davide e cunha rapaza que se chamaba Mónica un baile occitano: que ben o pasamos e ata nos chamaron riquiños ^^!

O sitio estaba cheo e, como dixeron eles, ben daba para encher o Fórum Metropolitano aquí na Coruña, non deixaron de facer referencias aos pijos coruñeses, a descubrirnos o rueiro coruñés da man de Marcial de Adalid...xeniais, tan xeniais que nos fixeron cantar con eles, quecer as mans de tantos aplausos que lles demos, admirar o corpo de Davide en todo o seu esplendor e mesmo o de Pepa, que tamén tivo momentos "cárnicos", e sen que lle pareza mal a ninguén, teño que dicir que o de Sue Ellen igual vai ser cousa de familia (anque os demais tampouco nos quedamos atrás).

En definitiva, un espectáculo a recomendar e non sabedes canto me rin.

6 comentários:

Anónimo disse...

Vexo que o pasou ben e que atopou compaña :-)
Mágoa non poder ir tamén, mais xa haberá ocasión de ver o espectaculo.

Anónimo disse...

És um pendón Sue Besbe, já estas besbeda outra vez!

Anónimo disse...

Danme unha ganas de poñer un ligueiro...

besbe disse...

Superekis a ti perdóocho que xa me viches nos meus mellores momentos :P e ghanito, un día destes vémonos por Vigo.
O do ligueiro quero velo XD

paideleo disse...

Dogs bollocks quere dicir cousa boa ( bollocks como expresion e cousa mala ). Parece ser que ese local e dogs bollocks de verdade. Aledome por ti e companha.

oko disse...

xa sabía eu que che iba gustar!!! son enormísimos!!! xa teño ganas de velo de novo!!!