Levo media hora no coche. Máis do que tardo andando para chegar ao mesmo sitio. Hai un atasco descomunal na Coruña, 45 minutos máis e será o máis grande que recordo nesta cidade.
Nos atascos comprobas a paciencia e a educación da xente. A Coruña creo que se comporta ben en situacións límite (coma hoxe, sempre que non excedan certo tempo) e reacciona moi mal ante pequenos imprevistos onde se escoitan enseguida os claxons e os berridos.
Aquí os embotellamentos comezan a ser habituais. Case tan normais como a dobre fila. Haille que poñer remedio porque non me parece normal, como non me parece normal que máis da metade dos coches que vexo vaian só co conductor dentro e ninguén máis e que, posiblemente, o traxecto que realicen en coche se poida realizar en transporte público (acaba de para un urbano ao meu carón) ou a andar.
Miro para min...son o típico caso que acabo de describir e, a verdade, non teño moita excusa. Para disimular ben podía subírseme ao coche ese mozo guapo que acaba de pasar ou esa rapaza qeu vai tan lixeira pola beirarrúa, pero a xente non ten iniciativa e non se che sube ao coche nun atasco para darche conversa. Son as 21:11 e parece que isto comeza a moverse...
Pois isto é o que se pode facer nun atasco: escribir. Mañá imos de viaxe e penso que colleremos máis retencións, menos mal que levo boa compaña e me darán conversa.
7 comentários:
tamen os atascos valen para namorar, ben o contou Cortazar! Eu non sei moito diso porque son de viaxar no bus para poder ler algo cada día (cousas da maternidade ;-)) ). Apertas!
Coñezo ben o tráfico de Coruña
Deberían poñer un funcionario no punto final onde chega o atasco para que expedira o Certificado de Retención por Atasco para poder presentar no traballo.
Un saúdo.
A ver, a ver, a ver. Poñer un funcionario ao final dun atasco para expedir un certificado?
É que estamos todos tolos?
Xa coñeceredes o dito:
queres un atasco? pon un ghuardia.
Nesto teño que dicir que os dos pobos pequenos temos moita sorte, nunca temos atascos.
sorte na túa viaxe.
A solución tamén podía ser a bici, iso de repartir por varios puntos da cidade un sistema de alugueiro de bicis de maneira que as poidas coller e deixar cando o precises. Pero a ver se o poñen en máis sitios ca en Barcelona e despois nós vencemos a preguiza :)
A Coruña está sendo unha trapallada en canto a tráfico, os buses case tardan o mesmo ca ti a andar en traxectos medio curtos e o da bici...peor ca en Vigo non había de ser na Coruña.
O do Certificado hai que reivindicalo, eh?
Enviar um comentário