1/26/2008

Tamén teño agasallos

Que contenta viña hai uns intres despois de ir a Correos a buscar o paquetiño que Joao mandou! Tan contenta coma cando no buzón atopei o que enviaran os rapaces da Madriña.



Da man de Joao e dos organizadores do sorteo CM da amizade galego-portuguesa teño agora para as lecturas nocturnas A campanha do Argus de Allan Villiers, oficial da Armada australiana e asiduo do National Geographic Magazine que se embarcou no Argus, veleiro portugués adicado á pesca do bacallau.

Por parte de A Madriña Asociados Ltd. un par de Cd´s coas películas de Aki Kaurismäkis, director digno de ser proxectado no CGAI sen dúbida algunha e que serán visionadas nesta tarde sabática.

E lembrade, vos tamén podedes ter agasallos, así que a seguir participando que aínda queda unha semana por diante!


7 comentários:

paideleo disse...

Que guai, non ?.
Unha cousa: eu non son capaz de ver o blogo de Ghanito. Sabes que pasa ?.

besbe disse...

Non teño nin idea, a verdade, pensei que era cousa de blogaliza pero outros blogues aloxados alí si se ven.

moucho branco disse...

Pois parabéns e a desfrutar dos paquetes que conteñen cultura, que sempre son os mellores envíos.

Anónimo disse...

Noraboa polo libro Besbe , que o disfrutes.

É parabens pola tua iniciativa . Igual eu teño sorte de esta

paideleo disse...

Xa teño acceso a Ghanito...Debeu de ser unha bruxa cibernética desas...

Prosciutto Mourente disse...

Si, si, por quê nom se vê o blog do Ghanito? A ver, a ver... hehehe Muitos agasalhos recebes e dás, e onde vai que passárom os Reis (Magos). Da gripe já vou muito melhor. Obrigado :)

An disse...

Fermosos agasallos, un bicazo :)