2/26/2008

As realidades do país

Tomando unhas cañas nun bar dos Mallos , con camareiras brasileiras sen contrato, asistimos á seguinte conversa coa barra de por medio:

- Sabes que voy hacer ahora?...Dar clases de español a brasileiros!

- E ló?

- No, no se dice E ló? se dice Y luego?

Pouco despois, unha das camareiras saca o tema do debate de onte e móntase un pifostio entre a das clases de español e outro amigo que a acompaña. Sácanse as cores de debaixo da mesa, nótanse os vermellos, nótanse os azuis, sorpréndense as camareiras pola exhaltación do debate popular e eu penso no bilingüismo disharmónico, en ser isolina, en simpatizar por veces co reintegracionismo e nunha frase que di y luego?: Qué mueve el país? La pasta. Quién tiene la pasta? Las empresas. Quién tiene las empresas? La derecha

E danme náuseas. Non sei se é de tanta cervexa.


6 comentários:

Ghanito disse...

¿Y luego que aguardabas?

Por certo, Brasileiras sen contrato de traballo ou sen contrato de integración?

Anónimo disse...

non creo que sexa da cervexa.
neno

Anónimo disse...

se perdemos as cantinas perderemos o último gran de conciencia política.

Anónimo disse...

Eu non sei se é para esghomitar, ou que, pero a política dá cada vez máis náuseas...cada vez se parecen máis os uns aos outros...

Anónimo disse...

O importante é o concepto!!ésa é a cuestión!! Sabes ou non sabes de política?? Se non sabes nin falar cómo vas a entender a linguaxe de través que gastan eses políticos??
Segue a beber, besbellinha, é o mellor que podes facer.
Saúdos. Anxo D.

A Raíña Vermella disse...

Eses argumentos son os dos de abaixo que quererían ser os de arriba e pensan que votando coma eles están mais preto. E vai ser que non. Vai ser que están mais lonxe. Ás veces é mellor non entrar en discusións con eses argumentos.